“LIII” edición da “Copa da Costa”- Dezaseisavos de final
- Ida:
Resultado: VOLANTES
DE BAÑO FC 5-3 SCD
MALPICA
V. DE BAÑO CF: Javira; Sergio, Julio
Porrúa, (Andel, 19), Pablo, (Rubén Santos, 76), Juan do Sivil, Tico, Javi, Mou,
Yanki, Pardelo, Paqui.
SCD MALPICA: Ángel; Petís, Víctor, Casais, Carlos Mallo, Dímaga, Sergio, Adrián Rei, Asier,
Martín Mara, Vitalie.
Árbitro: Sr. Óscar Regos Martínez.- (2ª Aut.- A Coruña). Fixo unha labor bastante
aceptable a pesar de ser moi protestado polos dous equipos, por conceder dous
tantos locais e un visitante en claros foras de xogo. No seu descargo subliñar,
que é moi difícil arbitrar sen asistentes, e, si ademais, non hai unha boa
visibilidade debido a deficiencia do alumeado eléctrico aínda se fai mais difícil.
Asistentes: Sen asistentes.-
Goleadores: 1-0, m. 3: un centro de Javi, bombeado dende a banda dereita, moi pasado, intenta
rexeitalo Petís, ao borde da área grande moi
forzado o coiro sae despedido cara a súa propia portería e cólaselle a Ángel
polo ángulo esquerdo. 1-1, m. 5:
pase en longo sobre Asier, este centra raso sobre Vitalie,
que toca moi levemente o “coiro” e bate a Javira na súa saída. 2-1, m. 24: o perigoso e goleador local
Yanki, recibe de Andel en claro fora de xogo,
encara a Ángel e báteo de tiro raso. 3-1,
m. 48: de novo Yanki, en fora de xogo,
intérnase pola dereita, centra ao segundo pau e Javi, empurra a rede. 4-1, m. 54: Andel lanza unha falta a altura
do seu banquiño, Juan de Sivil, adiántaselle a
defensa e porteiro malpicán e remacha de testarazo. 5-1, m. 78: outra vez o goleador Yanki,
arrinca dende o círculo central dende detrás da defensa (fora de xogo) o
árbitro con pouca visión non sinala nada, e no man a man con Ángel, báteo de
tiro raso. 5-2, m. 89: xogada de
Carlos Mallo, cun pase entre liñas sobre Asier,
este controla e con moita serenidade bate a Javira. 5-3, m. 90+2: xogada similar á anterior, pero esta vez e M. Mara, o
que tras xogada individual, envía en profundidade sobre Asier, o cal de novo resolve coma un dianteiro goleador, nesta xogada
o malpicán, tamén estaba en fora de xogo que o árbitro non detecta.
Ambiente e incidencias: Tarde nubrada pero templada con 15º en Muros. 70 Seareiros. Tiveron que
marchar mancados os locais, Julio Porrúa e Pablo, (m. 19 e 76). Expulsado con
vermella directa o malpicán Casais, por protestar iradamente o 5º gol local (m.
78).
Xogadas perigosas do V. de Baño FC: Non crearon moitas ocasións de perigo os locais, salvo os goles que conseguiron
daquela maneira (?), a única de verdadeiro perigo ocorreu no m. 17, nun saque
de banda do lateral Sergio que toca coa testa para atrás Javi, o “coiro”
chégalle ao escurridizo Yanki, pero o seu remate á media volta, rexéitao nunha
gran intervención Ángel.
Xogadas perigosas SCD Malpica: M.14: “coiro” colgado sobre a media lúa, deixada coa testa de M. Mara sobre Asier
este cede raso a Adrián Rei, completamente só pero dórmese e deixa que a
defensa rexeite. M. 27: falta botada
por Dímaga ao pau longo sobre Vitalie, este en vez centrar, opta por tirar sen
ángulo o balón vai a lateral da rede. M.
28: saque longo de banda de Dímaga sobre o punto de penalti, peitea cara
atrás un defensor, o “coiro” cáelle aos pes de Vitalie só no segundo pau o cal
erra lamentablemente o remate. M. 62: executada
por Vitalie na lateral da área, Asier cede a tras sobre Carlos Mallo, na media
lúa, este coa su perna mala, tira a ras da escuadra da portería de Javira.
Comentario: Por motivos descoñecidos, á SCD Malpica,
presentouse no campo de “Miraflores” ante o V. de Baño, soamente con once
futbolistas xustos de vinte e tres fichas. ¡LAMENTABLE!, onde esta o compromiso da maioría dos rapaces que
asinaron ficha a principio da tempada?.
Volvendo ao partido, pouco que comentar, escaseo de fútbol, moito peloteo e
un Volantes buscando en longo ao seu goleador Yanki, que se bastou para por de
cara a eliminatoria ao seu favor, a pesar de xogar con dificultades físicas. Os
malpicáns, que quedaron con dez (m.78), remaron o que puideron cos porteiros
Víctor e Asier, disputando todo partido de titulares de central e dianteiro
centro.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!