IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta
- Xornada 14ª:
Campo : “Pedra Queimada” (100
x 60, herba artificial - Malpica)
Equipos : SCD MALPICA – S.H.
PALMEIRA
Data e
hora : Domingo: 06-12-15, 16:00 horas.-
Árbitro : Sr. Zas Vázquez.-(1ª Aut.- A Coruña).
Asistentes : Sres. Seoane Sánchez e Regos Martínez.- (2ª Aut.-A Coruña).
Unha SCD
Malpica en cadro por unha enchente de futbolistas mancados, motivos de traballo
e sancionados, disponse a recibir na “Pedra Queimada” á S.H. Palmeira, conxunto
que, tras varios anos alongado desta categoría, volveu a ela tras disputar unha
promoción contra o Tordoia CF e Sp. Zas.
Espérase
moito dos malpicáns neste partido, tras a “debacle” de Tordoia e, a pesar de
que Chema Rivadulla non poderá contar coa totalidade dos efectivos, esta semana
houbo unha lixeira chamada de atención por parte da directiva á capitáns e
adestrador, para que non volva a suceder o da pasada xornada, pois pódese
perder pero non de forma tan escandalosa, tanto a directiva, como adestrador e futbolistas,
fixeron “piña” para sacar o equipo
adiante. Os socios, afeccionados e simpatizantes da SCD Malpica, danlles un voto de total confianza e esperan e desexan
que os punto se queden na casa, para afrontar os vindeiros compromisos con algo
mais de comodidade sen verse presionados pola táboa clasificatoria.
A S.H. Palmeira, clube da fermosa
localidade que leva o seu nome e que pertence ao concello de Ribeira, figura na
táboa no posto 14º, (un por debaixo da SCD Malpica) con 14 puntos, gañou 4
partidos, empatou 2 e perdeu 7. Materializou 21 goles, (1,62 goles de media) e encaixou
38, (2,92 de media), é dicir, golea con facilidade, pero a súa debilidade é a
parte defensiva. O seu máximo goleador é Vicente con 8 goles, ségueno con 4
Fernando Mato e Jorge Pérez e Tobio, con 3 goles.
A SCD Malpica e a S.H.
Palmeira xa se enfrontaron na Primeira Rexional na T. 1997/98:
28-12-97: SCD
MALPICA 6 – 2 S.H.
PALMEIRA (Goles: Mino, 3. Oscarín, 2. Esteban,1. (Fran I e Román,
(p) ).
10-05-98: S.H.
PALMEIRA 0 – 2 SCD MALPICA (Goles: Marco e Mino).
XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol
Veterano – 1ª Volta – Xornada 12ª:
Campo : “Pedra Queimada” (100
x 60, herba artificial - Malpica)
Equipos : MALPICA - CORCOESTO
Datas e
hora : Domingo: 06-12-15,
11:00 horas.-
Árbitro : Sr. Iván.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!