“LIII” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, dezaseisavos de final-Ida:
Campo : “Miraflores” (94 x 53, herba artificial, Muros)
Equipos : VOLANTES DE BAÑO FC – SCD MALPICA
Data e
hora : Domingo: 27-12-15, 16:00 horas
Árbitro : : Sr. Óscar Regos Martínez.-(2ªAut.-A Coruña).
Asistentes : Sen asistentes.
Trala eliminatoria previa da “copa da costa” disputada a partido único o pasado día 08-12-15, da
que saíron vencedores a SD Soneira e o Outes CF, disponse a SCD Malpica a
comezar os dezaseisavos de final, tendo para elo que desprazarse a Muros, Vila
onde o clube Volantes de Baño FC,
celebra os seus partidos no terreo de xogo de “Miraflores”.
O clube, V. de Baño FC,
deuse de alta na F.G.F., na tempada 2011/12, competindo na 3ª Autonómica,
logrando o ascenso ao final desa mesma tempada, ao quedar 4º na táboa e
disputar a promoción de ascenso coa UD. Cerqueda, (5-2 e 1-3) foron os
resultados. Dende a tempada 2012/13, esta encadrado na 2ª Autonómica, (liga da
costa); é un equipo por tanto novel na “costa” xa que tan so leva coa actual 5
tempadas competindo.
Nesta tempada, cando se
levan disputado 16ª xornadas, figura clasificado no posto antepenúltimo, con 11
puntos, gañou 3 partidos, empatou 2 e perdeu 11. Marcou 20 goles e encaixou 66.
O se principal artilleiro é Yanki, con 12 tantos, veterano e experimentado
futbolista con moitas tempadas enrolado no Muros SD.
Para os futbolistas da SCD
Malpica, este debe ser un bálsamo para romper a mala racha que atravesa na liga
e poder iniciar unha recuperación tan necesaria para coller moral, pero ollo!!!
sen confianzas pois aínda que, existe diferenza de categoría, esta non é tanta
como para gañar sen baixarse do autobús. É necesario sacar esta eliminatoria
adiante, para poder os futbolistas malpicáns crer neles mesmos e pensar que o
da liga e froito das infinitas lesións que esta atravesando o equipo.
A SCD Malpica e o Volantes de Baño CF, nunca se enfrontaron entre si.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!