IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 14ª Xornada:
Resultado: SCD
MALPICA 0 – 2 CLUBE PALMEIRA
SCD MALPICA: Víctor; Casais, (Sergio,
46), M. Uruguaio, Kike, Ó. Moscoso, Eme, (Carlos Mallo, 72) Dímaga, (Javi
Trigo, 66), Vitalie, (Petís, 46), M. Mara, Charro, Juny.
CLUBE PALMEIRA: Pirata; Eduardo, Gonzalo, Jorge, Bairón, Chema, © Álvaro, Moncho, Óscar, Andrés, (Brión,
68), Topo, (Pablo, 90).
Árbitro: Sr. Zas Vázquez.-(1ª Aut.- A Coruña). Estivo na súa liña habitual de autoritario.
Varias veces omitiu aos seus asistentes. Non aplicou a Lei da vantaxe no m. 81,
cando, tras un saque longo de portería, dous defensores en falta, arroiaron descaradamente
derrubándoo a M. Mara, o “coiro” chegoulle rexeitado a un desmarcado Charro,
que encaraba a o porteiro do Palmeira, inexplicablemente cortou a xogada
sinalando a falta, esfumándose deste xeito a posibilidade dun posible empate.
Asistentes: Sres. Seoane Sánchez e Regos Martínez.-(2ª Aut.- A Coruña). Perfectos.
Goleadores: 0-1, m. 45+2: saque de curruncho executado por Moncho, o central Jorge, remata coa testa, ante a pasividade
defensiva, lonxe do alcance de Víctor. 0-2:
m. 90+2: con todo o conxunto malpicán lanzado ao remate, prodúcese un saque
de curruncho ao seu favor que saca en curto Charro sobre O. Moscoso, este envía
tamén en curto sobre Martín Uru; un defensor intercepta o pase e lanza en
profundidade sobre o solitario Moncho dentro de campo propio , este en gran carreira
encara a Víctor, na súa saída á desesperada, o visitante envioulle o “coiro” en
preciosa vaselina, anotando o gol ante a desesperación dos afeccionados.
Ambiente e incidencias: 85 sufridos seareiros nas bancadas nunha tarde soleada e 16º de temperatura.
Non houbo mancados de consideración. Foron expulsados, por parte visitante Chema, m. 78 e o Delegado malpicán Andrés, (m.
81) por protestar iradamente a polémica xogada na que o Sr. colexiado non
aplicou a Lei da vantaxe.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: M. 21: xogada de Charro, por banda esquerda cun medido centro sobre Vitalie, que,
incomprensiblemente erra o remate ante Pirata. M. 40: libre indirecto na media lúa que, tras tocar en curto M.
Uru, empalma Eme con forza, o “coiro” da na barreira, fai un estraño e sae fora
por moi pouco. M. 46: internada de
Juny por banda dereita cun centro raso sobre o desmarque de Petís, que non
acerta na boca do gol. M. 81: a
polémica xogada xa comentada na que o colexiado non aplicou a vantaxe.
Xogadas de perigo do
Tordoia CF: M. 5: primeira aproximación con perigo visitante obra de Topo, o cal intérnase na
área, detendo Víctor, o tiro cruzado. M.
44: gran parada de Víctor a tiro de Álvaro en saque de falta frontal. M. 49: xogada individual do moi activo
Topo, cun tiro cruzado a ras do poste dereito de Víctor. M. 62: Martín Uru, entretense en regates na defensa e
perde o “coiro” ante Andrés, que, só
ante Víctor lanza fora lambendo o poste
esquerdo.
Comentario: A parte da
inocencia e inoperancia en ataque dos futbolistas da SCD Malpica, a sorte
tampouco acompañou, pois deuse a paradoxa de que, os goles do inofensivo pero
correoso Clube Palmeira, chegaron nos
dous tempos de prolongación.
Teñen que ter coidado, tanto o corpo técnico como os propios futbolistas da
SCD Malpica, con estes resultados, non caer nunha perigosa dinámica negativa,
pois pódese caer nunha desmoralización da que será moi difícil erguerse.
Nota: non se publican fotos do trio arbitral e do equipo malpicán, por negativa de autorización do árbitro.
XIII Edición
da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 12ª Xornada:
Resultado: MALPICA 1 – 6 CORCOESTO
Aliñación do Malpica: Juan; Luazas, A. Carballo, Alfredo, Chucho; J.L.
Arcay, Alb. Seaia, Marco, Luís Naya;
Leo, Ban Ban. Tamén xogaron: Chaves, Abel, Gregorio, Carlos.
Árbitro: Sr. Iván.- Ben en liñas xerais, salvo
no cuarto gol que houbo un claro fora de xogo.
Goleadores: 0-1, M. 32: Diego, 0-2, m. 45: David. 0-3,
m. 55: Diego. 1-3, m. 62: Leo, penalti. 1-4, m. 69: Diego, en posición de fora
de xogo que o árbitro non sinala. 1-5, m. 83: Diego. 1-6, m. 90: Pichu.
Incidencias: Mañá soleada con
campo en boas condicións, sen apenas público, 14º temperatura.
Comentario: Con notables
baixas nas súas ringleiras, (Marcelino, Mútiu, Alb.
Coruña, Alb. Barizo..) o conxunto malpicán non foi quen de facer fronte ao
segundo clasificado, con homes moito mais mozos na súa formación, aguantaron
ben a primeira media hora, pero logo o malpicán Diego, enrolado cos de
Corcoesto, con catro dianas, abortou todas as expectativas xeradas dos
malpicáns tras o gol que acurtaba distancias no marcador (1-3).
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!