Décimo
terceira xornada disputada e vaise apertando mais a loita polo “Pichichi” das
categorías 1ª Autonómica G.2º (clubes da costa) e 2ª Autonómica Grupo 3º da (Liga
da Costa).
Tanto Basti (SD Soneira) coma David
Blanco (SP. Zas), continúan comandando as táboas de goleadores nas dúas
categorías enriba indicadas. A Basti, que non marcou na xornada 13ª (leva dúas sen facelo), perségueo
o seu compañeiro de equipo, Vía Rápida, pero xa se achega tamén o cormelán
Lucas, que, co seu compañeiro de equipo Alejo mancado, estase a facer agora o protagonista
goleador do seu conxunto. Quedan algo alongados polo momento, Juan Chans, Piki,
David Sampedro e Raúl.
Na 2ª Autonómica (Liga da Costa”),
acurta posicións Álex Flores (SD Castriz), que co seu gol da xornada 13ª, sobre
pasa a R. Pladur, e Yuyo. Tamén se van
aproximando con 10 goles, Alberto Recarey, Adrián Makaay, Yanki, Estefano e
Juni. Todos eles e, salvo sorpresas que pode avelas, os trece primeiros clasificados
poden optar ao “pichichi”
ASI QUEDA A TÁBOA CLASIFICACTORIA TRAS TRECE XORNADAS:
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!