IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 16ª Xornada:
Resultado: SCD
MALPICA 0 – 3 SD SOFÁN
SCD MALPICA: ; Asier; Dímaga, Martín
Uru, Kike, Casais, Carlos Mallo, Eme, Petís, (Vitalie, 72), Adrián Rei, (Sergio,
46), M. Mara, Charro.
SD SOFÁN: David, (Brais, 75),
Adrián, Sito, (Raúl Insua 67), Seo, (Álex Pri, 46), Félix, Rubén, (Álex Varela,
72), Martín, Franchu, (Ceide, 60), Luisito, Iván Rei, Javi Doldán,
Árbitro: Sr. Vázquez Penas.-(1ª Aut.- A Coruña). Destacada actuación, quizais algo rigoroso coa
segunda amarela a Eme, que significou a expulsión.
Asistentes: Sres. García Vázquez e García Novo.-(2ª Aut.- A Coruña). Ben.
Goleadores: 0-1, m. 37: pase en profundidade de Franchu sobre o desmarque de Javi Doldán, desborda por velocidade a defensa local
encara a Asier na súa saída e báteo de tiro cruzado. 0-2, m. 51: xogada polo centro do SD Sofán, con pase entre liñas
sobre Álex Pri, que acababa de saír ao campo o
cal vaise por patas da defensa e no man a man bate a Asier cun tiro que se lle cola
entre as pernas ao pesar de que o porteiro local consegue frealo pero non
impide que penetre na portería. 0-3, m.
56: outra xogada calcada a anterior, desta vez é Javi
Rei, o que se desmarca da defensa, e bate a Asier a pracer..
Ambiente e incidencias: Poucos seareiros nas bancadas, tan só 80, no que se esta a demostrar o
pouco interés que esperta o equipo da SCD Malpica aos seus afeccionados. 13º de
temperatura. Non houbo mancados de consideración. Expulsado no m. 69, Eme, por
dobre amarela.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: M. 36: a mellor xogada de ataque de todo partido por parte do equipo malpicán, a
xogada comeza Marín Uru, dentro de propio campo pegado a banda esquerda,
prolonga a internada cara o centro da liña media sofanista dende alí fai un
cambio de orientación a banda esquerda don penetra na área Carlos Mallo, este
centra sobre Charro, que controla e cede a Eme na media lúa o cal empalma un
tiro raso a ras do poste esquerdo de David, cando se cantaba o gol, o porteiro
visitante en áxil e felina estirada, atalla o “coiro”. M. 77: xa co partido practicamente decidido, o central malpicán
Kike, corta un avance sofanista, cruza a liña divisoria e envía un medido pase
sobre o desmarque de Carlos Mallo, este controla e, na saída de Brais, intenta
unha vaselina, que lle sae por enriba do traveseiro.
Xogadas de perigo do SD
Sofán: M. 18: nun rexeite defectuoso sen
perigo da defensa local, cáelle o “coiro”
aos pes de Luisito, o cal entra na área lanzando un forte tiro que sae preto do
poste esquerdo. M. 21: gran
intervención de Asier por dúas veces a tiros a pracer de Javi Doldán e Luisito.
M. 30: nova gran intervención de
Asier a tiro de Martín dende a media lúa tralo rexeite do porteiro o “coiro”
vaille Luisito o centro deste remátao coa testa Javi Doldán, a ras do poste. M. 58: gol anulado a Iván Rei, bastante
dubidoso. Mtos. 74 e 83: extraordinarias
intervencións de Asier, a sendos tiros de Álex Pri.
Comentario: As numerosas baixas que esta a
sufrir o conxunto da SCD Malpica: (Eloi Vilas, Adra, Rubén Juni, Moscoso, Javi
Trigo, Almeida, etc..), están mermando o rendemento do equipo malpicán, ata o
punto de que levan catro derrotas consecutivas, e, o que é peor, sen marcar un
gol.
Esta tarde en campo propio, aguantou 37 minutos se encaixar, grazas a
tensión defensiva e, sobre todo a portentosa actuación de Asier ante unha rochosa
e superior SD Sofán, que buscou os goles
o mais rápido posible, para despois nadar e gardar a roupa, vendo a inocencia e inoperancia en ataque dos locais.
XIII Edición
da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 14ª Xornada:
Resultado: MALPICA 0 – 2 SOFÁN
Aliñación do Malpica: Juan; Chaves, Chucho, Alb. Coruña, Luazas; Carlos
Pose, Marcelino, Leo, Luís Naya, J.L. Arcay, Ban Ban. Tamén xogaron: Marco, Whasi, Abel.
Árbitro: Sr. Castro.- Moi ben.
Goleadores: 0-1, m. 55: un tiro dende a frontal da área do visitante Juan, da en Chucho desviándolle
a traxectoria do “coiro” ao porteiro
local e métese na rede. 0-2, m. 90+4: falta
directa que executa José Antonio e bate ao porteiro malpicán.
Incidencias: Mañá sen vento e amena
para práctica do fútbol. Partido disputado con enorme deportividade. Non houbo
mancados nin expulsados.
Comentario: Os veteranos do
Sofán, frearon a boa racha dos veteranos malpicáns ao arrebatarlle os tres
puntos na “Pedra Queimada” tras un partido moi nivelado que se decidiu na
segunda parte cun gol en propia porta e nunha xogada a balón parado cando
pasaban 4 minutos do tempo regulamentario.
Os malpicáns, acusaron moito as baixas de varios homes titulares.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!