Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 10 de diciembre de 2015

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta semana:



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta - Xornada 15ª:
Campo             :           “Municipal de Vimianzo”            (98 x 59, herba artificial - Vimianzo)                  
Equipos           :           SD SONEIRA    SCD MALPICA  
Data e hora      :           Domingo: 13-12-15, 16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Iván Morlán García.-(1ª Aut.- A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Larrosa Pérez e Espiñeira Vara.- (2ª Aut.-A Coruña).
            Están a soprar fortes ventos do N.E. por Malpica futbolisticamente falando, dado que se levan dúas xornadas sen marcar un gol, encaixando 11; por enriba na vindeira xornada o equipo achégase ao feudo do sólido “líder” a SD Soneira, conxunto este que encabeza a táboa con 30 puntos. Os de Vimianzo, levan unha excelente tempada e son candidatos ao ascenso a Preferente Galicia, nas 14 xornadas disputadas, gañaron 9, empataron, 3 e perderon 2, alcanzan a cifra de 32 goles conseguidos e só viron perforada a súa rede en 9 ocasións. O aire alí é respirable ao revés ca en Malpica. Os máximos goleadores son Basti, con 11 goles, Vía Rápida con 8 e Javi con 4.-
            Ante estes díxitos, moitos socios e afeccionados malpicáns xa estarán a dubidar se é posible puntuar no Municipal de Vimianzo, pero ollo! no fútbol non hai inimigo pequeno e os homes que ven adestrando Chema Rivadulla, que por certo recupera a Asier e posiblemente a Eloi, Rubén e Adrián Rei, están adestrando esta semana con moita intensidade, polo cal a ilusión e a moral é altísima e toda a plantilla non descarta a posibilidade de dar a sorpresa, pois ata de agora os “derbis” cos equipos costeiros son os que mais lle fan sufrir aos homes de Manolito.
Os resultados da tempada 2014/15 entre estes dous equipos foron os seguintes:
03-01-15:          SD SONEIRA   2 – 0  SCD MALPICA   (Goles: 1-0, m. 17: Basti. 2-0, m. 57: Javi ).
10-05-98:          SCD MALPICA 11  SD SONEIRA      (Goles: 1-0, M. 58: Baba. 1-1, m. 68: Nazo).





















XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 1ª Volta – Xornada 11ª:
Campo             :           “Anexo as Eiroas”   (herba artificial – Carballo)
Equipos           :           D.  CARBALLO -   MALPICA    (Partido aprazado da 11ª xornada)
Datas e hora    :           Domingo: 13-12-15, 10:30 horas.-
Árbitro             :           Sr. Juan B.
Nota:    O partido Camariñas-Malpica,  correspondente a xornada 13ª que debía disputarse este domingo, non se celebrará por retirada do equipo local. O Comité da competición dou vencedor ao Malpica por tres goles a cero (0-3).

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!