Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 17 de diciembre de 2015

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta - Xornada 16ª:

Campo             :           “Pedra Queimada”         (100 x 60, herba artificial - Malpica)                  
Equipos           :           SCD MALPICA     SD SOFÁN 
Data e hora      :           Domingo: 20-12-15, 16:00 horas.-  
Árbitro  :          Sr. Vázquez Penas, Rubén.-(1ª Aut.- A Coruña).
Asistentes        :           Sres. García Vázquez e García Novo.- (2ª Aut.-A Coruña).
Rende visita ao noso campo a SD Sofán, conxunto que conta cunha gran plantilla e que esta  a facer unha gran tempada.  O equipo sofanista,  situado actualmente no posto 5º da táboa, acredita 26 puntos, resultado de,  oito  partidos gañados, dous empatados e cinco perdidos, marcou 28 goles e tan só encaixou 18, un difícil e complicado rival para pechar a penúltima xornada da primeira volta. Destacan como goleadores nesta campaña, Raúl, 8 goles, Javi Doldán e Iván Rei con 4 e Luisito con 3.
Trala mínima derrota colleitada a pasada xornada no feudo do “líder” na que o sistema defensivo malpicán realizou un gran traballo. Os futbolistas de Chema Rivadulla prepáranse para  recibir a un rival, que nunca se lle dou ben campo de “Pedra Queimada”, incluso cando estaba loitando polos primeiros postos da táboa non conseguiu dobregar aos malpicáns, como referencia a nivel estatístico, podemos lembrar, que nas últimas 7 tempadas, os sofanistas tan só conseguiron sendos empates a un tanto nas tempadas 2009/10 e 2010/11, caendo na 2011/12 por 4-2. Non tiveron enfrontamento nas tempadas 2012/13 e 13/14, por estar en distinta categoría e na pasada déronse os resultados que abaixo se indican.
Así as cousas, o conxunto malpicán espera que continúe a racha de vos resultados na casa ante a SD Sofán, polo perigo que entrañaría a perda dos tres puntos de cara a táboa clasificatoria na que se quedarían descolgados, para elo, hai que mellorar no medio campo e dianteira con respecto ao partido de Vimianzo, os socios, afeccionados e simpatizantes da SCD Malpica así o esperan e desexan.

Os resultados da tempada 2014/15 entre estes dous equipos foron os seguintes:

16-11-14:          SD SOFÁN       1 – 0  SCD MALPICA   (Goles: 1-0, m. 83: Brais Barreiro).
22-03-15:          SCD MALPICA  20  SD SOFÁN      (Goles: 1-0, m. 86: Cololo. 2-0, m. 89: Cololo).
                                                                
                                                                     

XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 1ª Volta – Xornada 14ª:

Campo             :           “Pedra Queimada”   (100 x 60, herba artificial – Malpica)
Equipos           :           MALPICA  -  SOFÁN        
Datas e hora    :           Domingo: 20-12-15, 11:00 horas.-
Árbitro             :           Sr. Castro.