REUNIÓN DOS CLUBES DA COSTA EN VIMIANZO:
Coa asistencia do Presidente da F.G.F. Sr. Louzán, o Vicepresidente,
Sr. Villamisar, a Secretaría da Mutualidade
de Futbolistas, Sra. Carme María e o Secretario Xeral da F.G.F. Sr. Diego Batalla,
celebrouse na noite de onte en Vimianzo, a reunión convocada pola propia
Federación cos clubes da COSTA, para tratar varios temas relacionados coa
Mutualidade de Futbolistas e coas licencias federativas dos futbolistas estranxeiros.
Acudiron a citada reunión, dos 35 equipos convocados, os representantes dos
15 clubes costeiros seguintes:
CD Baio, SCD Malpica, SD Ameixenda, Buño, SD, Cabana SD, SD Castriz, UC
Cee, SCRD Esteirana, SD Fisterra, Mazaricos CF, Ponteceso SD, CF Porteño,
Volantes de Baño, SP. Zas, e CD Nantón.
Abriu a reunión o Vicepresidente Sr. Villamisar, dando as grazas aos
asistentes por acudir, cedendo a continuación a palabra a Secretaria da
Mutualidade, Sra. Carme María, a cal
explicou todo relacionado coa asistencia médica, facendo unha precisa distinción
do que debe ser unha atención urxente a de unha consulta médica ordinaria.
Dentro da atención urxente debe distinguirse o que é unha urxencia vital, dunha lesión hospitalaria
ordinaria, pero que non esta calificada de vital
aínda que precisa atención urxente. En ambos casos, hai que presentar en
primeira estancia a licenza federativa,
logo a posteriori enviar parte de
accidente e acta arbitral. O cadro de centros hospitalarios figura incluído na Web da FGF. Deben ter moi en conta
tanto os futbolistas se van sos, coma os directivos acompañantes, de solicitar
no hospital, xustificante da asistencia, tanto que conleve baixa médica coma
que non, para despois poder xustificar ante a Mutualidade ou Federación en caso
de que se lle reclame.
Para os que acudan consulta ordinaria, é dicir, que non sexa unha actuación
“urxente”, debe irse antes de que pasen sete días dende que se produciu a
lesión, tamén con licenza federativa e parte de accidente tamén con acta
arbitral (se foi nun partido) ou declaración xurada do adestrador (se foi en
adestramento), nambos casos, debe acudirse aos centros que figuran na Web da
Federación.
Incorpóranse dúas novidades no cadro de hospitais e centros, que aínda non
están na Web, que son o Hospital de Cee e a clínica de Vimianzo del Dr. D. Juan
Garrido.
Igualmente se informou das prestacións que poden recibir os futbolistas,
que son: en caso de internamento hospitalario, todos os medicamentos que sexan
necesarios para a súa recuperación mentres estean ingresados. Ademais, en caso
de INCAPACIDADE, recibirán as indemnizacións por Baremo, Parcial, Total,
Absoluta e Gran Incapacidade, estas sempre valoradas por un tribunal médico.
Unha vez terminada a actuación da Secretaria da Mutualidade, fixo uso da
palabra o Sr. Louzán, Presidente da FGF, na que lles comunicou aos clubes, que,
a partir da tempada 2016/17, estes terán que estar cubertos, nos partidos que
se celebran nos seus campos, por unha póliza de Responsabilidade Civil, que
poderán contratala os propios clubes ou acollerse a unha que xa ten apalabrada
a F.G.F., a esta xa se poderán acoller todos os clubes que o desexen a partir
do 01-01-16, o custo da mesma será entre 165
e 185 euros, o prezo real entre estes será informado pola Federación ao
longo deste mes do Nadal.
A continuación tamén fixo uso da palabra o Secretario Xeral Sr. Diego Batalla,
este referiuse a inscrición das licenzas federativas dos rapaces estranxeiros,
das cales, a Federación está habilitando unha ficha provisional para que os futbolistas
poidan aliñarse e disputar partidos sen ter que aportar tanta documentación
como esixe a R.F.E.F.
Importantísimo: Non aliñar ningún
futbolista con baixa médica, pois é causa da perda do partido.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!