IV edición da primeira Autonómica Grupo 2ª xornada 13º:
Resultado: TORDOIA
CF 9 – 0 SCD MALPICA
TORDOIA CF : Santi; Dubra, (Juanjo, 52), Casti, © Chino, Liñares, Toño, Zalo, (Dani, 59), Andrade, (Nico, 62), Veiga,
Denís, Pombo, (Maki, 56).
SCD MALPICA: Asier; Casais, Kike, Ó.
Moscoso, M. Uruguaio, Dímaga, Vitalie, (Víctor, 46), Adra, (Carlos Mallo, 35) Charro, M. Mara, Juny, (Sergio, 46), (Ángel, 68).
Árbitro: Sr. Adrián Casal Barreiro.-(1ª Aut.- Santiago). Non influíu para nada no resultado
Asistentes: Sres. Lorenzo Costa e Cousillas Castiñeiras.-(2ª Aut.- Santiago). Correctos.
Goleadores: 1-0, m. 3: Veiga, faise cun rexeite en curto da defensa malpicán entra como periquiño pola
súa casa e cruza ante Asier. 2-0, m. 13:
xogada calcada á anterior, desta vez é Denís
o que bate con comodidade a Asier. 3-0,
m. 20: unha indecisión entre M. Uru e Asier, acaba cun libre indirecto
dentro da área, toca Andrade sobre Veiga,
que observa como se abre a barreira e marca. 4-0, m. 45: erro garrafal de Juny, facendo un pase atrás sobre a
súa defensa, Veiga, intercepta o
pase encara a Asier e báteo na súa saída. 5-0,
m. 61: saque longo do porteiro
local, non controla Moscoso e de novo Veiga,
encara a Asier e báteo de vaselina. 6-0, m. 71: Nico saca unha falta sobre o
punto de penalti, Maki, empalma por
enriba de Ángel, substituto de Asier. 7-0,
m. 79: centro de Veiga dende a banda esquerda ao primeiro pau, o “coiro” da
en Denís, fai un estraño e introdúcese na portería ante un sorprendido Ángel. 8-0, m. 83: saque de curruncho obra de
Denís ao segundo pau, Maki, remata a pracer. 9-0, m. 90: Maki, corta un mal pase na liña de medios, marcha só
cara Ángel, e báteo na súa saída.
Ambiente e incidencias: 115, seareiros no campo de Gorgullos, que se deleitaron coa 3ª vitoria do
seu equipo. Tarde soleada con 15º. Mala sorte para o malpicán Adra, que tivo
que saír mancado no m. 35, cun forte golpe no mesmo xeonllo que xa tiña danado.
Expulsados por protestar, o adestrador Chema (m. 48) e Asier, (m. 68), que
deixaron aos malpicáns mais coxos ca estaban.
Xogadas de perigo do
Tordoia CF: M. 2: xa avisaban os locais por medio de
Veiga, na que Asier salvou o primeiro lanzándoselle aos pes. M. 28: tiro cruzado de Denís,
desmarcado, que sae a ras do poste. M.
88: excelente intervención de Ángel,
aos pes de Veiga, salvando o décimo.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: Pouco positivo que
destacar esta tarde dos futbolistas malpicáns, pois abusaron da xogo individual
en todos a liñas e, en vez de tirar a gol cando tiñan opción na frontal da área
perdíanse en infrutuosos regates, Só tiveron dúas ocasións con verdadeiro
perigo, a primeira no m. 17, con 2-0 no marcador tras xogada de Charro por
banda esquerda cun centro raso que, Vitalie a porta baleira remata fora. A
segunda no m. 37, nun saque de curruncho botado por Juny, amaga o remate Charro
e M. Uruguaio dende a media lúa empalma un forte tiro que desvía un defensor
cando levaba márchamo de gol.
Comentario: Pouco que
comentar deste “DESASTROSO” partido do
malpicán en todas as liñas, mellor é pasar páxina e facer unha exhaustiva meditación
para vindeiras xornadas. O Tordoia CF, atopouse cunha “periña en doce” e soubo contentar momentaneamente a súa afección dándolle
a terceira vitoria, e, sobre todo marcar mais goles nunha xornada ca nas outras
doce disputadas.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!