IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta
- Xornada 13ª:
Campo : “Gorgullos” (Herba
artificial - Tordoia)
Equipos : TORDOIA CF – SCD MALPICA
Data e
hora : Domingo: 29-11-15, 16:00 horas.-
Árbitro : Sr. Adrián Casal Barreiro.-(1ª Aut.- Santiago).
Asistentes : Sres. Lorenzo Costa e Cousillas Castiñeiras.- (2ª Aut.-Santiago).
Primeira
visita da SCD Malpica a Tordoia, nunca na súa longa historia o equipo malpicán
se enfrontou ao o Tordoia CF. Este municipio, que ten a súa localidade principal
en Pontepedra,
esta situado a 50 Kms. da Coruña e a 14 de Ordes. Para chegar a el dende
Malpica, hai que desprazarse vía Carballo – Santiago, pola Silva, logo dende
esta localidade chegar á Tablilla e finalmente a Tordoia.
O
Tordoia CF, novo esta tempada na Primeira Autonómica, esta pagando a novatada neste
comezo de liga na categoría, pois de 12 xornadas disputadas, gañou dous
partidos, empatou catro e perdeu seis, leva marcado doce goles e encaixado vinte
e dous, figurando na táboa no 15º posto con 10 puntos, a cinco dos malpicáns.
Ata de agora non destaca ningún futbolista como máximo realizador, figurando,
Andrade, Dubra, Gonzalo, Marcos e Denis, con dous goles cada un.
Así as
cousas, preséntaselle á SCD Malpica, unha boa oportunidade para conseguir algo
positivo neste desprazamento, pois o rival, sen menosprezalo, invicta a que os
homes de Chema Rivadulla, non veñan de baleiro, aínda que para elo, hai que
loitar, pois hoxe ninguén agasalla nada.
Chema,
para este partido conta coa baixa por sanción de Eme, por acumulación de
tarxetas, pero a cambio, seguramente xa poderá contar con Adrián Rei, recuperado
aínda que continúa sendo dúbida Eloi Vilas.
O Tordoia CF e á SCD
Malpica nunca se enfrontaron nin en partido oficial nin amigable.
XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol
Veterano – 1ª Volta – Xornada 11ª:
Campo : “Anexo As Eiroas”
( herba artificial)
Equipos : D. CARBALLO - MALPICA
Datas e
hora : Domingo: APRAZADO
PARA O DÍA 13-12-15
Árbitro : Sr. .