Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 1 de noviembre de 2015

Crónicas dos partidos da SCD Malpica desta semana:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 9ª Xornada:
Resultado:                   FLAVIA SD    3–0  SCD MALPICA   
FLAVIA SD:         Chile; Lombrija, Esparís, Salva, Triñanes, Franqueiro, (C) Álex, (Damián 68), Zoco, (Tito, 46), Rego, (Kevin, 70), Chispa, (Lula, 46), Brais.
SCD MALPICA:  Víctor; Juny, (Sergio,70), Casais, Ó. Moscoso; Martín Uru, Carlos Mallo, Rubén,  Petís, M. Mara, Dímaga, Almeida, (Ángel 85).  
Árbitro:                 Sr. Rosende Porto, David.-(1ª Aut.-Santiago). Moi protestado por futbolistas e banco local. Os malpicáns tamén lle protestaron levemente un agarrón sobre Almeida dentro da área (m. 33). En liñas xerais estivo ben.
Asistentes:       Sres. Queija Pérez e Alauí Soulimani.-(2ª Aut.-Santiago). Correctos.
Goleadores:     1-0, m. 53: Lula, róuballe o “coiro” no vértice da área grande por exceso de regates aos malpicáns, penetra na área encara a Víctor, pero salva ao porteiro cun medido pase atrás, Álex, que chega seguindo a xogada marca a porta baleira. 2-0, m. 61: noutra perda de balón, outra vez por exceso de regates, Franqueira manda en profundidade sobre o incisivo Lula, gáñalle a espalda aos defensas e bate a Víctor cun tiro raso cando o porteiro saía a desesperada. 3-0, m. 67, xogada calcada á anterior, pero esta vez Lula, recibe por alto, ante a saída de Víctor, manda de vaselina entran o “coiro” lentamente na portería.                         
Ambiente e incidencias:          Escasa concorrencia de seareiros nas bancadas, tan só 65, a pesares de celebrarse en Padrón a famosa feira de Santos. Moi pouca afección para unha Vila tan importante. Non houbo expulsados. Tiveron que retirarse mancados, o local Chispa e o visitante Almeida.
Xogadas de perigo do Flavia SD:        Tan só unha ocasión de gol contabilizamos dos compoñentes do Flavia, ademais dos tres goles, ocorreu no min. 57, tras internada de Brais cun centro sobre á área, que  Lula, rematou claramente, realizando unha gran parada Víctor.          
Xogadas de perigo da SCD Malpica:   M. 10: saque de falta directa ao borde da área que Óscar Moscoso, de forte tiro raso salvando a barreira, manda a cepa do poste saíndo o “coiro” fortemente rexeitado. M. 33: na única xogada combinada da primeira parte da dianteira malpicán, Almeida recibe entre liñas no punto de penalti, e, cando encara a Chile, é levemente agarrado polo defensa Salva, o futbolista, nada mais sentir o contacto, en lugar de rematar a gol, déixase caer aparatosamente, o árbitro non sinala nada ante a aparosidade da caída. M. 47: na única xogada combinada da SCD Malpica na segunda parte, saque de banda de M. Uru, sobre Rubén, este envía por banda dereita sobre Petís, o cal chega a liña de fondo e centra ao segundo pau, onde se atopa só desmarcado, Carlos Mallo, e, cando se cantaba o gol, manda o “coiro” as nubes.
Comentario:     A SCD Malpica, cargado de baixas, realizou unha primeira parte impecable, no municipal do “Souto”, calcado a 1ª parte que disputou ante o CD Unión, maniatando aos dianteiro locais sen deixarlles respirar conseguindo que non tiraran nin unha soa vez a gol. Na segunda parte, igual ca sucedera en Rianxo, os malpicáns comezaron a exhibir un fútbol individualista con perdas de balón continuadas que permitiron aos centrocampistas locais enviar balóns ao dianteiro Lula, o revulsivo do adestrador local na segunda parte, e este, acabou por desarborar continuamente a zaga malpicán.


























XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 7ª Xornada:
Resultado:                   VIMIANZO  1–3  MALPICA  
Aliñación do Malpica:  Bugallo; Luazas, A. Carballo, Chucho, Luís Naya; J.L.Arcay, A. Barizo, Mútiu,Wahsi Marcelino, Ban Ban. Tamén xogaron: Leo, Abel.
Árbitro:            Sr. Goyeneche. Moi tarxetero.-
Goleadores:     1-0, m. 5: Indecisión entre Chucho e Bugallo, que aproveita moi ben o local Rubén a porta baleira. 1-1, m. 26: pase en profundidade de Mútiu sobre Ban Ban, que este resolve acertadamente ante o porteiro local. 1-2, m. 87: penalti sobre Mútiu que este mesmo transforma. 1-3, m. 90+2: Voleón de Leo sobre a portería que traga o porteiro local.       
Incidencias: Mañá agradable para a práctica do fútbol, con 20ª de temperatura            . Non houbo mancados nin expulsados.                
Comentario:     Primeira parte nivelada e mellor acerto no remate dos malpicáns que lle proporcionaron a vitoria.       
 
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!