IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 11ª Xornada:
Resultado: CORDEIRO
CF 3–1 SCD
MALPICA
CORDEIRO CF : Diego; Taibo, (Anxo, 57), Damián, Chufe, Crego, Juanillo,
Chiño, Manuel Ángel, (Gabriel, 70), Juanito, Padín, Mateo, (Roi, 60).
SCD MALPICA: Asier; Kike, Casais, Rubén,
Ó. Moscoso; Carlos Mallo, (Víctor, 70), Eme, Adra, (Sergio,78), Charro, Javi
Trigo, Juny.
Árbitro: Sr. Diego Otero Varela.-(1ª Aut.-Santiago). Ben en liñas xerais.
Asistentes: Sres. Camino Roguez. e Iglesias Penela.-(2ª e 3ª Aut.-Santiago). Deficientes,
sobre todo na sinalización dos foras de xogo.
Xogadas de perigo do
Cordeiro CF: M. 2: primeira ocasión clara de gol obra
de Juanito, o cal dende a liña de tres cuartos, vaise só cara Asier, pero o seu
tiro cruzado sae lambendo o poste. M.
18: tiro a boca do xerro de Juanito que salva o defensa malpicán baixo
paus. M. 65: gran parada de Asier a
tiro de Chiño. M. 76: gran xogada
individual de Juanito, xa dentro da área, quebra a tres contrarios e acaba cun tiro
a media altura, lucíndose Asier nunha gran intervención. M. 82: un tiro de Padín, rexéitao
con dificultades Asier, tras un boa parada, o “coiro” chégalle a Juanillo, na
media lúa que lanza alto coa portería baleira. M. 86: tras un saque de curruncho a favor dos malpicáns, prodúcese
un rápido contraataque local, o “coiro” recólleo o dianteiro centro Juanito,
chega ante Asier e o porteiro malpicán logra desviar o tiro a saque de
curruncho.
Comentario: Os futbolistas do
Cordeiro CF, saíron dispostos a resolver o partido nos primeiros minutos logrando
crear catro ocasións claras nos primeiros 18 minutos e conseguindo dous goles.
A partir de aí, xogaron con comodidade ante unha sorprendida SCD Malpica, que,
ademais de saír durmida, non conseguía aproximarse nunca con perigo a porta local.
Melloraron algo os malpicáns a medida que avanzaba o partido, pero a falta de
xente diante, permitía sempre xogar con soltura á defensa dos locais.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA