Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 8 de noviembre de 2015

Crónicas dos partidos da SCD Malpica, da última xornada:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 10ª Xornada:
Resultado:                   SCD MALPICA   3–1  VAL DO ULLA U.D.    
SCD MALPICA:  Asier; Casais, Carlos Mallo, (Eme, 46), Kike, Ó. Moscoso; Rubén, Martín Uru, (Sergio,90+3), Juny, (Dímaga, 90+3), M. Mara,  Charro, (C) Petís, (Adra, 46).
VAL DO ULLA U.D. :  Álvaro; Farruco, (Gonzalo, 60), Cristian, Carlos, Martín, Javi, Álex, Pintiño, © (Eco, 90), Jordan, (Neiriña, 66),  Piru, (Samuel, 90), Jacobo, (Quique, 90).                   
Árbitro:                 Sr. Añón Salgueiro, Denis.-(1ª Aut.-A Coruña). Regular, non dubidou na sinalización dos penaltis, aínda que Carlos, autor da xogada, protestou iradamente, estimando que o malpicán se deixara caer.
Asistentes:       Sres. Seoane Sánchez e Neira Rei.-(2ª Aut.-A Coruña). Regulares.
Goleadores:     0-1, m. 7: xogada individual de Jordan, con centro atrás sobre Jacobo, que marca a porta baleira. 1-1, m. 45: saque de curruncho executado por M. Uru, o “coiro” ía directo cara M. Mara, antes de chegarlle a cabeza, empúrrao por detrás o central Martín, o claro e innecesario penalti, transfórmao Charro, a dereita de Álvaro. 2-1,m. 62: balón longo que recibe Charro, preto da bandeirola da banda esquerda, caracolea ao dous adversarios, centra sobre M. Mara, este toca coa cabeza sobre Eme, o cal dende a media lúa, empalma coa zurda un tiro raso a ras do poste esquerdo do sorprendido porteiro Álvaro, que só mira como o “coiro” entra na portería. 3-1, m. 68: excelente combinación ao primeiro toque entre Adra e M. Mara, este devolve entre liñas sobre o medio centro o cal encara a Álvaro e cando se dispoñía a rematar, derrúbao por detrás o central Carlos, o conseguinte penalti tírao Charro, e volve a marcar desta vez ao lado esquerdo do porteiro.
Ambiente e incidencias:  Pouco público, tan só 90 seareiros. Tarde nubrada con 20º de temperatura. Expulsado na xogada do 2º penalti, o visitante Carlos. Non houbo mancados de consideración.        
Xogadas de perigo da SCD Malpica:   M. 18: internada de Casais pola banda esquerda, chega a liña de fondo e centra sobre á área pequena, hai unha serie de rexeitas e remates e, finalmente Carlos Mallo, só ante Álvaro, remata as mans deste.
Xogadas de perigo do Val do Ulla U.D.: M. 29: Cristian, recibe un balón por enriba da defensa local e, ante a saída de Asier, realiza unha vaselina que sae fora por pouco. M. 31: falta lanzada por Cristian ao punto de penalti, o perigosísimo testarazo do central Martín, cae a chumbo entre a rede e o traveseiro. M. 46: centro de Jordan dende a banda dereita o “coiro” pasease pola área local ata os dominios de Piru, o cal empalma un trallazo que se vai estrelar ao poste esquerdo de Asier. M. 90+2: Tremendo e sorprendente tiro de Neiriña, dende 40 metros, ao que responde Asier, cunha formidable parada. 
Comentario:     Primeira parte de superioridade visitante nas que os malpicáns non eran capaces nin de crear xogo nin perigo ante o porteiro Álvaro, aínda así, conseguiron chegar ao tempo de lecer con empate, grazas a un regalo do central visitante Martín.
O equipo de Chema Rivadulla, grazas aos trocos realizados e ao cambio de esquema táctico, conseguiu nivelar o xogo dos visitantes e darlle a volta ao marcador, aproveitando outro penalti e o acerto de Eme, nun gran remate.























XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 8ª Xornada:
Resultado:                   MALPICA    5–2  BUÑO
Aliñación do Malpica:  Juan; Chucho, A. Carballo, Alfredo, A. Coruña; J.L.Arcay, Mútiu, A. Barizo, Luís Naya; Ban Ban, Wahsi . Tamén xogaron:  Chaves, Luazas, Carlos Pose, Leo.
Árbitro:            Sr. Iván.- Actuación discreta, nun partido no que ambos equipos se empregaron con deportividade. Quizais a única lagoa foi a sinalización do penalti favorable ao Buño.
Goleadores:     1-0, m. 10:  tras un saque de curruncho malpicán, hai un rexeite frouxo da defensa do Buño, que aproveita Alberto de Barizo, cun soberbio tiro dende o borde da área. 1-1, m. 15: Javi Chouciño, cabecea ao fondo da rede un saque de curruncho. 2-1, m. 17: saque de falta lateral efectuada por Alb. Coruña, Alfredo, de impecable testarazo manda á rede. 3-1, m. 25: xogada individual de J.L. Arcay, que bate na saída ao porteiro visitante. 3-2, m. 60: o árbitro saca co seu silbato unha leve entrada de Luazas sobre un dianteiro oleiro, o mais que dubidoso penalti transfórmao Pedro. 4-2, m. 61: nada mais sacar de centro, J.L. Arcay, aproveita moi oportuno unha indecisión da defensa oleira e bate ao porteiro visitante. 5-2, m., 71: gran xogada individual de Leo, que se vai de todos os contrarios que lle saen ao paso e marca o derradeiro gol.  
Incidencias:     Mañá soleada, na “Pedra Queimada” con preto de 15 incondicionais seareiros nas bancadas. Non houbo que lamentar ningún mancado de consideración nin expulsados.
Comentario:     Continúa a imbatibilidade dos veteranos do Malpica, logo de oito xornadas disputadas. Esta mañá, ademais, lograron alcanzar os tres puntos que os acomoda preto dos postos da cabeza da táboa. O Buño só aguantou medio tempo, despois os malpicáns lograron levar sempre a iniciativa desaproveitando varias ocasións de gol.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!