IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta
- Xornada 12ª:
Campo : “Pedra Queimada” (100
x 60, herba artificial, Malpica)
Equipos : SCD MALPICA – BERTAMIRÁNS
“B”
Data e hora : Domingo: 22-11-15, 16:15 horas.-
Árbitro : Sr. Acuña Piñeiro.-(1ª Aut.- A Coruña).
Asistentes : Sres. Sabio Sánchez e Boedo Varela.- (2ª e 3ª Aut.- A
Coruña).
Logo da
infrutuosa saída a Cordeiro, onde os malpicáns aguantaron o tipo pero saíron
derrotados, toca recibir en campo propio a un Bertamiráns “B”, que esta tempada
parece que non anda moi fino na competición, pois marcha 16º na táboa, con 10
puntos, dous menos ca SCD Malpica. Esta parece por tanto unha boa ocasión para
que os futbolistas malpicáns intenten alongar algo mais a este rival, polas
malas consecuencias que podería ter de cara ao final da liga para o clube local
ó caer nunha dinámica negativa.
O
Bertamiráns “B”, suma nestas once xornadas: 3 vitorias, un empate e 7 derrotas,
materializou 11 goles e encaixou 26, números moi parecidos aos da SCD Malpica,
(11 x 24). O seu mellor realizador é Álex Siaba con 3 goles.
Tanto a
directiva coma todos os socios e seareiros da SCD Malpica, son conscientes da importancia de conseguir os
tres puntos, de aí, o gran apoio que dende aquí se lles quere brindar ao
adestrador Chema Rivadulla e aos futbolistas que salten ao terreo de xogo. Para
este partido, Chema xa poderá contar con Martín Uruguaio, despois de cumprir a
sanción dun partido polo Comité de Competición, tamén se espera poder contar
con Martín Mara, logo da súa presumible recuperación. Son dúbida Eloi Vilas, Almeida,
Dímaga e Petís, ausentes na xornada
anterior.
Enfrontamentos da SCD
Malpica co Bertamiráns “B” na pasada Tempada :
12-10-14 BERTAMIRÁNS
“B” 2 - 0 SCD MALPICA
(Goles: 1-0, m. 73: Pri.
2-0, m. 90+3: Alberto).
33-05-15 SCD
MALPICA 2 - 3 BERTAMIRÁNS “B” (Goles: 1-0, m.
Mara. 2-0: Cololo. 2-1: Pri. 2-2: Pri. 2-3: Marcos).
XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol
Veterano – 1ª Volta – Xornada 10ª:
Equipos : MALPICA - CLUB DO MAR
Datas e
horas : Domingo: 22-11-15,
11:00 horas
Árbitro : Sr. Juan.
Os veteranos malpicáns, teñen un duro enfrontamento fronte ao "líder" este vindeiro domingo. Os "carrozas" , baixo a batuta de José Ml. Dourado, darán un gran paso ao frente se logran batir aos "bujinos" posto que conseguirán dúas cousas: continuar imbatidos e aproximarse a cabeza da táboa que ostentan os de Caión.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!