IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 12ª Xornada:
Resultado: SCD
MALPICA 1 – 0 BERTAMIRÁNS
FC “B”
SCD MALPICA: Asier; Kike, Casais, Rubén,
(Vitalie, 73), Ó. Moscoso; Carlos Mallo, (M. Uru, 51), Eme, (Sergio,90+2), Adra,
Charro, (C) Javi Trigo, (M. Mara, 59), Juny.
BERTAMIRÁNS FC “B” :
Pablo; Saúl, Cohen, (Esteiro, 82), Conde, Aitor, Meijide, © Miguel Rouco, (Carlos,
71), Iñigo, Capi, (Siaba, 57), Miguel Cea, Seoane, (Jhimi, 46).
Árbitro: Sr. Acuña Piñeiro.-(1ª Aut.- A Coruña). Na
súa liña habitual, abusando do silvato.
Asistentes: Sres. Sabio Sánchez e Boedo Varela.-(2ª e 3ª Aut.- A Coruña). Regulares.
Goleadores: 1-0, m. 27: Adra controla o “coiro” na liña de
medios, olla o desmarque de Charro e, envíalle un pase por enriba da defensa, o
dianteiro desvía suavemente o “coiro” lonxe do porteiro Pablo, trala saída
deste a desesperada.
Ambiente e incidencias: Tarde desapacible con vento e chuvia intermitente, isto restou influencia de seareiros nas bancadas, tan só
acudiron sesenta. Non houbo expulsados. Tivo que retirarse mancado cun forte
golpe nun pe. O local Rubén, m. 73.
Xogadas de perigo
da SCD Malpica: M. 4: internada de Charro por banda dereita, cun centro raso moi
pechado que, o porteiro Pablo no atalla, Carlos Mallo, que entraba lanzado non
chega por moi pouco.
M. 21: Eme, corta un pase na
liña de medios, cede sobre Adra, este envía longo sobre Juny entra na área e
lanza un forte tiro cruzado que lucíndose Pablo nunha boa parada. M. 41: a mellor xogada da tarde, saque
de banda de Carlos Mallo sobre Adra, este combina con Eme que lle devolve o “coiro” en parede na media lúa, Adra,
empalma un tiro raso que sae a ras do poste da portería de Pablo, cando este xa
estaba totalmente batido. M. 70: sorpresivo
e picaresco tiro dende campo propio de Adra, vendo ao porteiro Pablo adiantado,
o “coiro” saíu lixeiramente desviado.
Xogadas de perigo do Bertamiráns
FC “B”: M. 6: internada por banda esquerda de Miguel Cea cun centro ao punto de penalti
onde se atopa un desmarcado Iñigo, o remate deste sae a dereita de Asier. M. 11: o Sr. Acuña Piñeiro, anula un gol
ao Bertamiráns, obra de Capi, ao castigar con falta unha xogada anterior dos
malpicáns, sen aplicar a lei da vantaxe. M.
29: novo centro de Miguel Cea, ao que non chega Capi por adiantárselle o
porteiro Asier, nunha arriscada saída. M.
37: gran xogada de Capi con centro
atrás sobre Iñigo, o remate deste con moita picardía ao pau contrario onde se
atopa Asier, é salvada polo porteiro malpicán cunha meritoria intervención. M. 65: boa internada de Iñigo, por
banda dereita, dende a liña de fondo, centra raso, errando o remate ante Asier,
o visitante Miguel Rouco, en beneficio dos malpicáns.
Comentario: Partido que solventou
a SCD Malpica pola mínima que vale tres puntos de ouro para seguir manténdose
nos postos tranquilos da táboa. O Bertamiráns “B”, que intentou sempre o xogo
combinativo, saíu xogando dende a súa defensa pero adoeceu de falta de remate,
pois a pesar de que desfrutou de varias ocasións, non tivo acerto ante Asier,
grazas tamén ao acerto deste.
XIII Edición
da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 10ª Xornada:
Resultado: MALPICA 1 – 2 CLUB DO MAR
Aliñación do Malpica: Juan; Luazas, A. Carballo, Alfredo, A. Coruña; Marcelino,
Mútiu, A. Barizo, Luís Naya; Leo, Ban Ban. Tamén xogaron:
Chaves, J.L. Arcay, Wahsi, Chucho,
Marco.
Árbitro: Sr. Juan.- Bastante irregular
mostrando moitas tarxetas, No penalti estivo meticuloso.
Goleadores: 1-0, m. 11: Ban Ban, tras recibir un pase en longo por banda, resolve moi ben de tiro
raso cruzado. 1-1, m. 57: tras un
saque longo de portería, o “coiro” axudado polo vento, pasa por enriba da
defensa malpicán, o visitante Jesús, queda só ante Juan e báteo por baixo. 1-2, m. 90+2: nun barullo dentro da
área local, o árbitro ante o asombro de todos sinala penalti, ao parecer por
suposto derrubo a un dianteiro, Richard, bate a Juan, que logra tocar o “coiro”
pero non o suficiente para que se introduza na rede.
Incidencias: Mañá fría con
vento, chuvia e claros. Non houbo expulsados nin mancados de consideración.
Comentario: Non mereceron os
malpicáns perder a imbatibilidade ante o “líder”, pois na primeira parte
dominaron constantemente ao Club do Mar, incluso tiveron un rexeite do
traveseiro tras cabezazo de Ban Ban aos 18 m. Na segunda parte os visitantes co
vento a favor, levaron mais a iniciativa, sobre todo a base de balóns longos, que,
debido ao cansazo dos malpicáns nos últimos 10 minutos, o dominio fíxose algo
mais acusado.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!