Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 26 de junio de 2016

Marcadores da última xornada das competicións da T. 15/16:

 COA VICTORIA DA XALLAS CF FRONTE AO SD SONEIRA, NA FINAL DA "LIII EDICIÓN DA COPA DA COSTA", NA TANDA DE PENALTIS E CO BRILLANTE ASCENSO A LIGA GALEGA DOS INFANTÍS DA CF DUMBRÍA, FINALIZAN OS PARTIDOS FEDERADOS DA TEMPADA 2015/2016.

Só quedan pendentes (na competición non federada), os partidos das semifinais (volta) dos veteranos que se disputarán hoxe domingo.

A continuación, publícase cadro informativo dos marcadores da xornada:



CON ESTA INFORMACIÓN DASE POR FINALIZADA A TEMPADA 2015/2016.

 IGUALMENTE, SE LLES COMUNICA A TODAS/OS OS SEGUIDORAS/ES DE ESTE BLOGUE QUE, O AUTOR DO MESMO, LUÍS E. PORTO, TRAS 46 ANOS DE HISTORIADOR DO SEU QUERIDO CLUBE  A SCD MALPICA, E, LOGO DE ESTAR INFORMANDO NESTE MEDIO AO LONGO DE 15 ANOS EN TODAS AS CATEGORÍAS NAS QUE PARTICIPOU. DEIXA O FÚTBOL DEFINITIVAMENTE, E, POR SUPOSTO PECHA A INFORMACIÓN DESTE BLOGUE.

ASIMESMO, PIDE DESCULPAS A TODAS/OS AS/OS QUE, POR ALGUNHA OU OUTRA INFORMACIÓN PUBLICADA NESTE BLOGUE SE SENTIRAN PRESUNTAMENTE MOLESTOS, XAMAIS FOI A SÚA INTENCIÓN OFENDER A NINGUÉN COAS SÚAS CRÓNICAS, REALIZÁNDOAS SEMPRE E MATIZÁNDOAS CON CRITERIOS OBXECTIVOS EN FAVOR DA PROPIA ENTIDADE DEPORTIVA, A SCD MALPICA. 
MOITAS GRAZAS A TODAS/OS 
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

martes, 21 de junio de 2016

Final da "Copa da Costa":


FINAL DA LIII EDICIÓN DA "COPA DA COSTA"


         Definitivamente, a LIII edición da "copa da costa", disputaráse no campo de fútbol 

"PEDRA  D´ OURO" de Mazaricos, (sito no Pino do Val), o vindeiro sábado 25--06-16, ás 

19:00 horas.


          Había dúas candidatúras par celebrar o evento, a "Pedra Queimada" de Malpica e a "Pedra D´ Ouro" de Mazaricos. Finalmente os dous equipos finalistas, tras algúnha discrepancia, pois mentres os dirixentes do Xallas CF, preferían Mazaricos por ser de herba natural coma o deles, os do Soneira, prefirían Malpica por ser de herba artificial igualmente coma o deles. Tras un unha longa discusión en presenza dun representante federativo, optaron por solicitar o "Pratas Reinoso" de Baio aconsellados por éste, para que así houbese confirmadade.
           Postos en contacto co Sr. Presidente do Clube D. Baio,  este pechoulles a opción federativa, por estar realizando nestas datas obras de melloras nas instalacións, ao final, os de Vimianzo cederon, por causas que eles mesmo coñecen e optaron definitivamente por a "PEDRA D´ OURO" de Mazaricos.

AGORA E  SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 19 de junio de 2016

Marcadores da xornada dos equipos da "costa":

Nas táboas adxuntas, publícanse os resultados dos equipos costeiros que se disputaron nesta fín de semana, resaltando dos mesmos, o gran ascenso á categoría de Primeira Autonómica conseguido polo SP. Zas, ao cal envíaselle dende este Blogue os mais sinceiros PARABÉNS. A igual ca os campión das Copas da Costa" de Cadetes e Infantís, SD Fisterra e CF Dumbría, respectivamente.
 

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 12 de junio de 2016

Marcadores "copa costa" (Afecc. Cadetes, Infantís e Veteranos):

A continuación, publícanse os distintos marcadores disputados na xornada de hoxe (12-06-16), que afectan a competicións e a equipos da "costa":
 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 5 de junio de 2016

Actualidade deportiva:

A falta de noticias da SCD Malpica, este blogue, quere mantér informados aos afeccionados "costeiros" dos acontecementos  relacionados cos equipos da costa nas distintas competicións que se producen, así, pasamos a ofecerlles os marcadores que se deron nesta fin de semana,

COPA DA COSTA:





PROMOCIÓN A PRIMEIRA AUTÓNÓMICA: 
CD BELVIS  0 - 2    SP. ZAS

CUARTOS DE FINAL DE ASCENSO A "LIGA GALEGA DE XUVENÍS:










XALLAS CF  1 - 1   S.R.D. PORTUARIOS

CUARTOS DE FINAL DE ASCENSO A "LIGA GALEGA" DE INFANTÍS:

E.F. POLVORÍN "A"  1 - 1  CF DUMBRÍA

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

domingo, 29 de mayo de 2016

Copa da Costa:

Publícanse os resultados dos cuartos de final da "Copa da Costa" (ida) e da promoción de ascenso a Primeira Autonómica, dos Grupos de Segunda Autonómica: 3º, 5º e 6º:

Primeira xornada promoción:
UD Bastavales 1-1 CD Belvis 
Segunda Xornada: 
SP. Zas 2-2 UD Bastavales


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 

lunes, 23 de mayo de 2016

Crónica do partido de "copa" da SCD Malpica:



“LIII” edición da “Copa da Costa”- Oitavos de final - volta:
Resultado:                   SCD MALPICA     0 – 3    MAZARICOS C F
SCD MALPICA:    Víctor; Alejandro Marquez, Casais, (M. Mara, 46), O. Moscoso, Rubén, Eloi Vilas, (Dímaga, 62), Petís, (Charro, 46), Migueliño, Cololo, Carlos Mallo, (Roi Carril, 46), Jaco.
MAZARICOS CF:  Miguel; Miguel Riveiro, Estefano, Ricardo, Matías, Ferreiro, David García, Esteban Pereiro, Chenel, (Ángel, 82), Molinos, Brais, (Martín, 86),
Árbitro:            Sr. Iván Morlán García.- (1ª Aut.- A Coruña). Estivo ben.
Asistentes:       Sres/as: Andrea Baneira e Vázquez Lema (Ax.F.base e 2ª Aut.- A Coruña). Ben ambas/os.
Goleadores:     0-1, m. 6: Chenel, realiza un gran xogada por banda dereita, pugna cos defensores Casais e Rubén, e consegue levar o “coiro” a trancas e barrancas ata liña de fondo, ergue a testa, e manda un centro sobre o seu compañeiro Molinos, desmarcado preto do segundo pau, o cal cun tiro raso a ras do poste dereito, bate a Víctor. 0-2, m. 15: saque de curruncho botado por Brais, ao primeiro pau     , o central Matías, de certeiro testarazo clava o “coiro” na rede, ante a pasividade da defensa local. 0-3, m. 89: Molinos,colga un balón na área sobre o corpulento Ángel, sae Víctor a rexeitar de puños, pero antes Moscoso, derruba ao dianteiro, o colexiado sinala penalti, David García, transforma de tiro a media altura lonxe dos dominios do porteiro local.
Ambiente e incidencias:          Uns 140 seareiros, nas bancadas. Tarde soleada con 18º. Mancado o malpicán Eloi Vilas, nun xeonllo  tras un choque con Chenel, (m. 62). Expulsado con vermella directa Dímaga, (m. 89).
Xogadas perigosas SCD Malpica:       M. 8: xogada combinada entre Jaco e Cololo, con pase en profundidade sobre Petís, este centra dándolle no brazo de Matías, cando Cololo en moi boa posición esperaba o “coiro”, o árbitro manda seguir. M. 40: nova combinación entre Jaco, Cololo e Petís, este entra na área e, cando se dispuña a bater a Miguel, crúzase moi oportuno Matías, rexeitando a clara ocasión de gol. M. 54: gran xogada entre M. Mara, Cololo, M. Mara, finalmente este tira cruzado ante a saída de Miguel, o “coiro” sae lambendo o poste dereito, cando se cantaba o gol nas bancadas.
Xogadas perigosas do Mazaricos CF:  M. 29: erro defensivo local, entregándolle o “coiro” ao dianteiro David García, este salva a entrada do porteiro Víctor, o pero escórase a dereita e o seu tiro vai a lateral da rede. M. 35: boa intervención de Víctor, aos pes de Chenel, cando este se plantou só tras un pase de David García. M. 51: Víctor lánzase aos pes de Molinos, finxindo o visitante un derrubo, o árbitro enséalle a tarxeta amarela. M. 74:  un balón bombeado sobre a área malpicán rexéitao Víctor de puños, defectuosamente, o “coiro” cáelle na media lúa a Brais, tirando alto e desperdiciando unha clara ocasión.
Comentario:     Nunha tarde excelente para a práctica do fútbol cun campo en magníficas condicións e unha aceptable entrada, a parroquia malpicán esperaba mais do seu equipo, esta tarde completo con 16 compoñentes na acta arbitral e tras chegar a “Pedra Queimada” cun resultado en teoría fácil de remontar, trala derrota pola mínima en Mazaricos, ademais tratábase dun equipo de inferior categoría.
            A realidade foi outra, o conxunto do Mazaricos CF, saíu moito mais enchufado no partido e, en tan só 15 minutos resolveu a eliminatoria ao adiantarse con dous goles. Os malpicáns non daban crédito, logo, querer e non poder, desacertos, individualismo e protestas… ao colexiado que lles aguantou demasiado e que non influíu nada no resultado.
            Lamentablemente, á SCD Malpica, pon punto final a unha tempada para olvidar na que ademais perde a categoría de Primeira Autonómica, despois de catro brillantes tempadas nela e a que lle custará, probablemente moito volver.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 19 de mayo de 2016

Previa do partido de "copa da costa":



“LIII” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, dezaseisavos de final-volta:

Campo             :           “Pedra Queimada”   (100 x 60, herba artificial, Malpica) 
Equipos           :           SCD MALPICA     MAZARICOS CF
Data e hora      :           Domingo: 22-05-16, 18:00 horas          
Árbitro :           :           Sr. Iván Morlán García.-(1ªAut.-A Coruña).
Asistentes        :           Sr./a. Andrea Baneira e Varela Rodríguez.
            Difícil e complicado se lle presenta o partido de volta dos dezaseisavos de final á SCD Malpica, logo do contemplado na primeira parte en Mazaricos, onde os daquela locais, chegaron a tomar vantaxe de tres goles, dous deles anotados por un perigosísimo Chenel, veterano futbolista de moitos recursos.
            Terán que “remar” moito e ben os homes de Esmorís para alcanzar un gol e manter a portería a cero, que lles daría o pase, tarefa como digo moi complicada, tendo en conta que, o conxunto do Mazaricos, 4º clasificado na “liga da costa”, non é unha “perita” en doce.
            Esmorís para este partido, recupera a Alberto Marquez e a Martín Mara, ausentes na ida, pero en cambio é dubidosa a actuación de Cololo, mancado en Mazaricos cun tirón aos 28 minutos.
            Así as cousas, esperase, coma todos os partidos desta tempada, un encontro moi competido, que, caso de salvalo os malpicáns, accederían aos cuartos de final, cun probable enfrontamento co Sp. Seaia, equipo tamén malpicán que ten a eliminatoria coa UD Corcubión, moi favorable. 
Resultados da ida:
14-05-16:          MAZARICOS CF  3 - 2 SCD MALPICA,  (Goles: 1-0, Chenel. 2-0, David García. 3-0, Chenel. 3-1, Petís. 4-1, Eloi Vilas.


 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 15 de mayo de 2016

Crónica do partido da "copa da costa" SCD Malpica-Mazaricos:



“LIII” edición da “Copa da Costa”- Oitavos de final - Ida:
Resultado:                   MAZARICOS CF   3 - 2   SCD MALPICA  
MAZARICOS CF:  Miguel; Miguel Riveiro, Estefano, Ricardo, Matías, Ferreiro, (Martín, 80), David García, Esteban Pereiro, Chenel, Molinos, Brais, (Ángel, 78).  
SCD MALPICA:   Víctor; Alejandro Marquez, Casais, O. Moscoso, Rubén, Eloi Vilas, Roi Carril, Petís, Cololo, (Carlos Mallo, 28), Jaco, Charro, (Migueliño, 64).
Árbitro:            Sr. Daniel Fraga Viñuelas.- (1ª Aut.- A Coruña).- Magnífica labor.
Goleadores:     1-0, m. 8: David García efectúa un saque de curruncho moi pasado, a esquerda de Víctor, o “coiro” recólleo Brais, que pugna con Alejandro Marquez, antes de que se lle vaia pola liña de fondo consegue pasarlle a Chenel, o cal a reviravolta, sorprende cun tiro raso que se cola entre as pernas de Moscoso e penetra na portería. 2-0, m. 20: mentres os malpicáns protestan ao colexiado unha falta en contra, o lateral Estefano, moi pillamente, saca rápido en longo sobre David García, completamente só por banda dereita, este encara a Víctor e báteo cun tiro raso. 3-0, m. 54: o local Ricardo dende o círculo central envía un pase en profundidade sobre Chenel, que, o malpicán Rubén non acerta a cortar, o rápido dianteiro, no man a man con Víctor, báteo na súa saída. 3-1, m. 75: saque de banda longo de Alejandro Marquez sobre a testa de Roi Carril, que peitea o “coiro” cara atrás, recibe Petís na área pequena e fusila ao fondo da rede a media volta. 3-2, m. 85: xogada de Jaco na liña de medios, caracoleando co “coiro” a varios rivais, pasa sobre Roi Carril, desmarcado dentro da área que dispara a porta, o balón toca nun defensor e sae rexeitado con moito efecto cara un vértice da área pequena, Eloi Vilas que chega lanzado fusila con rabia a rede.
Ambiente e incidencias:  Só uns 70 seareiros nas bancadas ao comezo do partido que foron aumentando ao termino do fútbol televisado ata a pasar dun cento de persoas. Tarde desapacible con lixeira chuvia e brétema que por veces impedía a visibilidade, 12º de temperatura. No min. 27 tivo que retirarse mancado o dianteiro malpicán Cololo cun tirón muscular. Non houbo expulsados.
Xogadas perigosas do Mazaricos CF: m. 35: escapada de David García en pugna con Rubén, este logra desviar o “coiro” cando o dianteiro local procedía a bater a Víctor. M. 46: internada de Chenel por banda dereita, marcha por velocidade de Mocoso e centra medido aos pes de David García, o cal só dende o punto de penalti, tira alto. M. 51: formidable parada de Víctor, tras combinada xogada entre David García e Chenel con tiro deste último.
Xogadas perigosas SCD Malpica: m. 7: chupinazo de Jaco dende 30 metros que sae lambendo o traveseiro. M. 60:  gran xogada combinada de todo equipo malpicán dende a defensa, tocando e tocando o “coiro”, por último Eloi Vilas, mete sobre Roi Carril dentro da área, este lanza un tiro moi colocado pero algo suave que lle da tempo ao porteiro Miguel, atallalo brillantemente.
Comentario:     Mal se puña o partido para o homes de Esmorís, cando xa aos 20 min.            os de Mazaricos se adiantaban con dous goles, e, para colmo de males, tiña Cololo que abandonar mancado o terreo de xogo. Aguantouse como se puido toda a primeira parte sen alteración do marcador, pero cos locais sempre roldando a portería malpicán.           
            Ao comezo da segunda parte, as cousas empeoraron co terceiro gol dun acertado, perigoso e veloz Chenel, un goleador nato, que cos seus desmarques facía sufrir e moito a defensa da SCD Malpica, incapaz de frealo.
            Todo cambiou para os malpicáns , coa entrada de Migueliño - non puido chegar ao comezo – por un desacertado hoxe Charro, o equipo comezou a funcionar e froito delo chegaron os dous goles que, aínda fan salvable a eliminatoria de cara ao partido de volta.






XIII Edición da “Copa da Costa” de fútbol Veterano, (Dezaseisavos de final (volta):
Resultado:       MALPICA   14   CASTRIZ
Aliñación:        Juan; Luís Naya, Chucho, Alb. Carballo, Luazas; Abel, Leo, Mútiu, Whasi; Bugallo, Bambán.
Árbitro:            Sr. Gonzalo.-  Estivo ben.
Goleadores:     0-1, m. 25: Capelo. 1-1, m. 27: saque de curruncho executado por Mútiu, o visitante Daniel Pazos, de impecable testarazo, introduce o esférico na súa propia porta.1-2, m. 50: Guillín de xogada individual. 1-3, m. 70: man a man de Guillín co porteiro local Juan, rexeita este en gran saída tapando moi ben a portería, o rexeite cáelle a Capelo, que non ten mais que empurrar a rede de tiro a media altura. 1-4, m. 84: Alfonso, nunha xogada similar as anterior.
Incidencias: Mañá nubrada na “Pedra Queimada” con temperatura agradable. Non houbo mancados nin expulsados.   

Comentario:     Tiñan moitas esperanzas postas os veteranos malpicáns nesta eliminatoria que os clasificaría para Oitavos, tralo empate colleitado en Castriz. Pero infortunio cebouse na maioría de efectivos que, por causas que non contaban, tiveron viaxes, (J.L. Arcay), ocupacións, (Alb. Coruña, Alb. Barizo, Alb. Seaia,) e lesións, (Alfredo, Marco, Marcelino),  non puideron acudir a cita.
Así as cousas e, tan só con 11 futbolistas xustos, plantaron cara na primeira parte a todo un 1ª División, logo na continuación, as pernas pesáronlle moito aso locais, e os goles do Castriz, foron caendo un tras outro ata conseguir o triunfo que os planta nos Oitavos de final.    

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!