FINAL DA LIII EDICIÓN DA "COPA DA COSTA"
Definitivamente, a LIII edición da "copa da costa", disputaráse no campo de fútbol
"PEDRA D´ OURO" de Mazaricos, (sito no Pino do Val), o vindeiro sábado 25--06-16, ás
19:00 horas.
Había dúas candidatúras par celebrar o evento, a "Pedra Queimada" de Malpica e a "Pedra D´ Ouro" de Mazaricos. Finalmente os dous equipos finalistas, tras algúnha discrepancia, pois mentres os dirixentes do Xallas CF, preferían Mazaricos por ser de herba natural coma o deles, os do Soneira, prefirían Malpica por ser de herba artificial igualmente coma o deles. Tras un unha longa discusión en presenza dun representante federativo, optaron por solicitar o "Pratas Reinoso" de Baio aconsellados por éste, para que así houbese confirmadade.
Postos en contacto co Sr. Presidente do Clube D. Baio, este pechoulles a opción federativa, por estar realizando nestas datas obras de melloras nas instalacións, ao final, os de Vimianzo cederon, por causas que eles mesmo coñecen e optaron definitivamente por a "PEDRA D´ OURO" de Mazaricos.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!