Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 30 de marzo de 2014

Crónicas dos partidos da SCD Malpica, da última xornada:




Resultado:       CAMARIÑAS FC    0 – 2    SCD MALPICA    
CAMARIÑAS FC: José Luís; Rodri, (Saviola, 83), Sule, Sergio, Manu, (David Toja, 61), Moriño, © Brais Triñáns, David, (Congui, 68), Martín, Mario Toja, (Asier, 83), Pirucho.
SCD MALPICA:   Pombo; Adrián, Manu Casal, David Castro, Alemán, Fernando Varela,  Eloy Cabeza, (Mario Casal, 72), Cheo, Abel, (Neucha, 79), Juan Carlos, (David, xuvenil, 88), Óscar Suárez, (Martín Maradona, 83).
Árbitro:            Sr. Reborido Rodríguez.- (1ª Aut..-A Coruña). Aceptable actuación. O equipo camariñán, reclamoulle insistentemente dúas xogadas: a primeira, a concesión do 1º gol, (gol dos chamados pantasmas) estimando que o “coiro” despois de dar no traveseiro, botou a chumbo na liña de gol, o árbitro concedeu o tanto a estanza do seu asistente. A segunda, foi un choque entre o porteiro Pombo e o local Sule na media lúa, na que estimaban falta do porteiro e a expulsión por ser o último futbolista, o asistente despexou as dúbidas, pois xa levaba segundos coa bandeirola erguida sinalando o fora de xogo do camariñán..  
Asistentes:       Sres. Miño Rojas e Platas Pintos.-(Ax. fútbol base.-A Coruña). Correctos.    
Goleadores:     0-1, m. 1: nada mais sacar de centro a SCD Malpica forza o primeiro saque de curruncho, efectúa o lanzamento Juan Carlos, rexeitando en curto a defensa local, o “coiro” chégalle raso aos dominios de MANU CASAL, o cal dende uns 30 metros, empalma un zurdazo que, logo de dar no traveseiro, cae a chumbo na portería, o árbitro ben colocado parece dubidar pero mira ao seu asistente que sae correndo ao centro do campo, e concede o tanto. 0-2, m. 76:         saque de curruncho botado por Manu Casal ao centro da área pequena, prodúcese unha serie de intentos de tiros e rexeites, finalmente o “coiro” chega levemente hacha onde se atopa o “cazagoles” ÓSCAR SUÁREZ, que só ten que empurralo a rede.
Ambiente e Incidencias:    Acudiron ao “Irmás Patiñopreto de 95 seareiros, nunha tarde moi inestable de vento, chuvia e a veces sol, con 11º de temperatura. Non houbo mancados de consideración nin expulsados.
Xogadas de perigo do Camariñas FC: M. 23: espectacular internada Sule, pola banda esquerda cun perigos centro que desbarata in extremis Manu Casal, enviando a saque de curruncho, anticipándose ao dianteiro Martín, que se atopaba só ante Pombo, presto ao remate. M. 48:  a xogada entre Pombo e Sule, enriba mencionada, na que se pedía a expulsión do porteiro Pombo.
Xogadas de perigo da SCD Malpica: M. 32: centro de Cheo, indecisión defensiva e remate de cabeza de Óscar Suárez, ante José Luís, que salva un gol cantado. M. 33: espectacular internada de Cheo, pola banda dereita, centro raso atrás a media lúa sobre Abel, o seu remate a media volta da na escuadra e sae fora. M. 60: combinación entre Eloy Cabeza, Juan Carlos, Eloy Cabeza, por último, este ante a saída de José Luís, envía de vaselina salvando o defensa Manu, baixo paus. M. 75: envío en profundidade de Óscar Suárez, sobre Abel, o cal escorado a banda esquerda lanza un tiro raso cruzado que José Luís, rexeita cos pes.   

Comentario:     Tres puntos de ouro conseguidos pola SCD Malpica, esta tarde, ante un difícil rival case ferido de morte polo posto que ocupa na táboa. Aos malpicáns, case lles prexudicou o marcar tan pronto, pois caeu nunha relaxación inhabitual con respecto ao que nos ten acostumados durante a tempada.
O Camariñas, intentouno e vendeu cara a súa derrota, pero hoxe por hoxe, a diferenza de calidade entre ambos equipos é abismal, librándose desta calificación o seu medio centro Moriño, un home de moito fútbol nas súas botas. A falta de 20 minutos os malpicáns apertaron mais e puideron aumentar o tanteo. Debutou nas ringleiras da SCD Malpica, o xuvenil David.           



















1ª Autonómica Xuvenil – 2ª Fase – 8ª xornada:                                                            
Resultado:       SCD MALPICA   2 – 1   CORME CF   
SCD MALPICA:  Manuel; Brais, Chols, Canario, Steven, (Gabi, 30), Jorge, Petís, David, Almeida, © Alberto, Kevin.
CORME CF :        Rubén;  Sergio, Palmiro, (Ismael, 80), Iván, Koeman, (Isaac, 21), (Alberto, 73), Brais, Antonio, Quique, Alejo, ©, (Dani, 85), Juanma, (Álex, 89), Manu.
Árbitro:            Sr. López Vila, Alexandre.- (Preferente Aut.- A Coruña). Moi ben.
Goleadores:     1-0, m. 11: combinación entre Alberto, Kevin, David, este envía entre liñas sobre ALMEIDA, que bate a Rubén na súa saída de tiro a media altura. 2-0, m. 24: falta sobre Kevin, a altura da liña media visitante, Alberto efectúa o lanzamento en longo ao 2º pau, onde aparece ALMEIDA, que, de soberbio testarazo bate a Rubén. 2-1, m. 41: internada de Quique, pola banda esquerda, este centra sobre a media lúa aos dominios de BRAIS libre de marca, que, cun tiro colocado bate a Manuel a pesar da súa estirada.
Ambiente e incidencias:          45 seareiros acudiron as bancadas a presenciar un entretido partido, en tarde nubrada sen chuvia que acabou con sol. 11º de temperatura. Non houbo expulsados, destacando sempre a deportividade nos dous equipos. Retiráronse mancados, o cormelán Koeman (m.18) con mareos e o malpicán Steven, (m. 30) cun corte na cella dereita nun salto fortuíto co dianteiro Alejo. Foi evacuado ao PAC de Carballo, para coserlle a brecha.            
Xogadas perigosas da SCD Malpica:   M. 26: Alberto, dende a liña divisoria dos dous campos, envía un fermoso pase raso entre liñas sobre o desmarque de Almeida, que segundo lle chega o “coiro” remata a porta atallando maxistralmente o porteiro Rubén, na súa saída a cubrir porta. M. 78: Kevin, envía lambendo o traveseiro, unha falta a uns metros da frontal da área. M. 85: man a man de Almeida, ante Rubén, que este desbarata acertadamente.
Xogadas perigosas da Corme CF:  M. 3: excelente saque de falta botada por Juanma, dende 40 metros, que salva o porteiro local Manuel, enviando a saque de curruncho, despois de dar no poste. M. 44: saque de curruncho efectuado por Isaac, cun acrobático remate de chilena de Juanma e unha gran parada de Manuel, enviando a saque de curruncho, na xogada mais bonita da tarde. M. 72: Alejo, nunha internada pola esquerda, quédase só ante Manuel, pero o seu tiro ao pau longo vaille fora por moi pouco.
Comentario:     Partido sen nervios entre dous equipos que xa lle dixeron  ata logo a competición a falta de dúas xornadas, motivo, pola que se viron xogadas de mérito; o Corme CF, puxo mais fútbol combinativo levando mais a iniciativa, pero os malpicáns, puxeron os goles, debido a perigosidade dos seus dianteiros. 

 Almeida e Alejo (capis) co Sr. López Vila.-


      
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!






















XI edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano– (2ª volta) 27ª Xornada:

Resultado:       CAMELLE   5 –3   MALPICA    
Árbitro:            Sr. Gerardo.- Ben en liñas xerais.
Goleadores:     1-0, m. 22: Víctor. 2-0, m. 27: Víctor. 2-1, m. 30: Mútiu. 3-1, m. 34: Juan José. 3-2, m. 39: Marcelino. 3-3, m. 50: Mútiu. 4-3, m. 55: Víctor. 5-3, m. 59: Bruno.
Comentario:     Os veteranos de Malpica, con tan só 8 futbolistas de campo, plantaron cara e aguantaron o tirón dos locais ata que as forzas lle fallaron, proba delo foron os goles seguidos, marcados todos eles antes do minuto 60 de partido.
Tivo Mútiu, un dos mais enteiros do equipo malpicán, dúas oportunidades para empatar o partido, unha no min. 72 cun tiro ao poste e outra no min. 82, ao errar un penalti.
 

viernes, 28 de marzo de 2014

Axenda da partidos da SCD Malpica, para esta fin de semana:



1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 29ª :
Campo             :           “Irmás Patiño”   (Camariñas)                 
Equipos           :           CAMARIÑAS FC     SCD MALPICA 
Data e hora      :           Domingo: 30-03-14,  17:30 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Rubén Reborido Rodríguez.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Miño Rojas e Platas Pintos.-(.-A Coruña).
Partido case de “vida e morte” o que se disputará este vindeiro domingo no campo camariñán, tanto o Camariñas FC coma a SCD Malpica, xóganse tres puntos de gran valor, para os locais, a última oportunidade para non descolgarse definitivamente nos postos de descenso, xa que caso de perder a salvación quedaríalle a 9 puntos, con tan só 15 por disputar, moi pouca marxe para recuperarse. Para os visitantes, escaparíaselle a oportunidade de aspirar ao segundo posto, salvo que o CSD Arzúa, non lograra puntuar no se enfrontamento co Amio CF, que deixaría as cousas como estaban antes desta xornada.
Así as cousas, o partido promete estar moi interesante é unha mágoa que ambos equipos precisen inescusablemente os tres puntos, dado que un empate non satisfaría a ningún, xa que de pouco lle valería de cara a súas aspiracións.
O Camariñas FC, figura na táboa no posto 17º (penúltimo), con 23 puntos: gañou 7 partidos, empatou 2 e perdeu 19, materializou 38 goles encaixando 68, é dicir, sofre en defensa e portería.                                             
Resultado da primeira volta:
24-11-13: SCD MALPICA  1–0  CAMARIÑAS FC      (Goles: 1-0, m. 49: Óscar Suárez).






1ª Autonómica Xuvenil - 2ª Fase – 2ª volta – Xornada 8ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”         (Malpica)         
Equipos           :           SCD MALPICA   -   CORME CF  
Data e hora      :           Sábado: 29-03-14,  16:30 horas           
Árbitro             :           Sr.López Vila, Alexandre.- (.-A Coruña).
A SCD Malpica xuvenil, ten o vindeiro sábado, a posibilidade de cederlle o “faroliño vermello” da táboa ao Corme CF, visitante do campo malpicán nesta antepenúltima xornada da 2ª Fase da liguiña de promoción, pero todo pasa primeiro por vencer aos cormeláns, equipo que, xunto aos malpicáns, non están respondendo as expectativas que deles se esperaba.
ASCD Malpica, xa recupera para esta xornada ao bravo defensa Jorge, ausente fronte ao CF Dumbría por sanción, V. Novo e Eloy, aínda terán que esperar outra xornada para acabar de cumprir as sancións.
Todos os seguidores do equipo xuvenil malpicán, están desexosos de poder contemplar a segunda vitoria do seu equipo xuvenil e os rapaces futbolistas que saian o sábado, van a demostrar que os partidos disputados ata de agora (salvo Dumbría e Esteirana), foron derrotas por verdadeira mala sorte.
Na primeira volta desta 2ª Fase o resultado foi:
22-02-14: CORME CF   2–1  SCD MALPICA              (Goles: 0-1, m. 68: Eloy. 1-1, m. 78 Juanma p. 2-1, m. 9+2: Juanma).

XI Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta -  Xornada 27ª:
Campo             :           “Irmás Patiño”   (Camariñas)
Equipos           :           CAMELLE   -   MALPICA
Data e hora      :           Domingo: 30-03-14, 10:00 horas
Árbitro :                       Sr. Gerardo.-
Resultado da primeira volta:
24-11-13:   MALPICA     1 – 1   CAMELLE
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!