Resultado: SCD
MALPICA 1 – 1 SD
AGOLADA
SCD
MALPICA: Pombo; Andrés, © David Castro, Alemán, Mario Casal, Fernando Varela, Eloy
Cabeza, (Jorge, 78, xuvenil), Juan Carlos, Abel, (Neucha, 71), Ismael, Óscar
Suárez, (Martín Maradona, 64),
SD AGOLADA: Rafa; Canutas, Gabucho, Miguel, © Luís Carlos, Migueliño,
(Riki, 62), Garea, (Iván, 52), Víctor, Pablo, Zasqui, (Diego, 59), Romero.
Árbitro: Sr. Domínguez Manteiga.- (1ª Aut..-A Coruña). Tecnicamente non estivo mal,
un árbitro que soubo seguir o xogo de cerca e estivo sempre ben colocado. Os visitantes
reclamáronlle o gol malpicán ao estimar que o autor estaba en fora de xogo, pero deixou seguir a
xogada a estancia do seu asistente. Tamén os locais lle reclamaron insistentemente
no m. 90, un choque entre Juan Carlos e o visitante Miguel dentro da área, o
asistente indicoulle a falta, pero o
árbitro despois de consultar co compañeiro, mandou executala fora da área.
Asistentes: Sres. Sornichero Caicedo e Lucas Galbao.-(Aux.F.base.-A Coruña).
Goleadores: 1-0, m. 5: Andrés efectúa un pase por enriba da defensa aos dominios de ÓSCAR SUÁREZ, que lee moi ben
o pase, os centrais Miguel e Luís Carlos, quédanse quietos, pensando que o
dianteiro estaba en fora de xogo, pero o cazagoles malpicán continúa a xogada
elevando o “coiro” por enriba do porteiro Rafa, na súa saída. 1-1, m. 81: libre indirecto a un metro
da media lúa, silvado rigorosamente a D. Castro, por suposta prancha, efectúa o
saque en curto Canutas sobre LUÍS CARLOS, o cal de forte tiro, que da na barreira desviando a traxectoria do “coiro”
descolocando a Pombo.
Ambiente e Incidencias: 100 seareiros nas bancadas. Tarde nubrada con 22º de temperatura. Partido
disputado con moita deportividade, non houbo mancados nin expulsados.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: Salvo o gol aos 5 m. a SCD Malpica, non se achegou con perigo ata o M. 30, nun saque de curruncho moi
pechado executado por Juan Carlos, que pega no poste pola lateral da rede. M. 33: internada de Abel pola esquerda,
xa dentro da área, centra e o remate de Óscar Suárez, da no porteiro Rafa,
nunha rápida saída. M. 39: saque de
curruncho efectuado por Juan Carlos, ao primeiro pau, peitea moi forzado cara
atrás o central L. Carlos, o “coiro” cáelle na cabeza de Óscar Suárez, que non xira
o suficiente a testa para introducir o “coiro” na portería da Rafa, que ve con
sae a milímetros do poste. M. 83:
envío longo sobre a área visitante, toca Juan Carlos sobre Martín Maradona, que,
dende o punto de penalti e sen oposición, empalma un dereitazo ao que responde
o porteiro Rafa, cunha extraordinaria intervención, enviando a saque de curruncho.
M. 90: xogada conflitiva na área do
Agualada, Juan Carlos, salta cun defensor, cae ao chan e o asistente levanta a
bandeira, indicándolle ao árbitro a posible falta, o colexiado, despois da
consultarlle a aquel, manda que se quite fora da área. M. 90+4: cambio de
orientación de Mario Casal, dunha a banda a outra, aos dominios de Neucha, este
controla no borde da área, achégase algo escorado a área pequena e dispara
raso, pero o porteiro Rafa, volve a lucirse rexeitando a saque de curruncho.
Xogadas de perigo do SD Agolada: M. 17: o lateral Canutas, efectúa un saque de falta dende a liña de medios, entra
ao remate dende atrás o central Luís Carlos, ante a pasividade da defensa
malpicán, cabeceando por enriba do traveseiro por moi pouco. M. 37: o extremo Romero, adiántaselle a
Andrés, encara a Pombo e falla no remate tirando alto. M. 43: unha tardía saída de Pombo, permítelle a Pablo, enviar de
vaselina por enriba del e salva Alemán baixo paus. M. 44: gran intervención de Pombo a tiro de Romero, dende cerca.
Comentario: Gran partido na “Pedra
Queimada” entre dous equipos lanzados en busca da vitoria, aos malpicáns,
quizais lles prexudicou o marcar tan pronto, pois xogou mais relaxado co
marcador a favor e deixando pasar os minutos. Pola contra a SD Agualada, equipo
de moita envergadura e moi ordenado con dous centrais e un dianteiro centro de
gran estatura, ao que buscaban con insistencia con balóns sobre a súa cabeza,
para rematar ou abrir brecha aos seus compañeiros, menos mal que a defensa
malpicán estivo a gran altura e contivo
moi ben as embestidas e deixadas de Pablo.
A raíz do empate, a SCD Malpica, lanzouse en busca da vitoria pero esta non
chegou debido a formidable actuación do porteiro Rafa.
1ª Autonómica xuvenil 2ª Fase - 5ª xornada:
Resultado: SCRD ESTEIRANA 6 – 0 SCD MALPICA
SCRD
ESTEIRANA: Marcos; (Manu Trillo, 46), Manu Tobio, Borja, (Sergio, 57), Rafa, (Fabio, 60), Alberte, Raúl, Pablo Rama, Josiño, Damián, (David, 52), Adrián Abeijón, (Alejandro, 60), Adrián García.
SCD
MALPICA: Manuel; Víctor Novo, © Chols, Jorge, Steven, (Almeida, 46), David, Pitís, Guille,
(Gabi, 46), Brais, Eloy, Alberto, (Plejo, 71).
Árbitro: Sr. Víctor Mirazo Insua.- (.- Santiago).
Goleadores: 1-0, m. 10: Adrián Abeijón. 2-0, m. 22: Jorge, p.m. 3-0, m. 41: Adrián Abeijón. 4-0, m. 44: Pablo Rama. 5-0, m.
70: Pablo Rama. 6-0, m. 75: Raúl.
Ambiente e incidencias: Poucos seareiros nas bancadas. Mañá
primaveral soleada espléndida.
Comentario: Unha SCD Malpica
mermada de efectivos, presentouse esta mañá en campo Esteirán a disputar o 5º
partido da liguiña de promoción previo a
fase de ascenso a “Galega”. Os malpicáns, a pesar de que loitaron tremendamente,
nada puideron facer ante un rival con todos os seus efectivos sobre o terreo de
xogo. Para colmo de males, tiveron a desgraza de mancarse levemente, e por elo,
ser substituídos, Guille e Steven, quedando todas as liñas descompostas.
A SCRD Esteirana, conxunto con tres ou catro futbolistas que alternan xa co
primeiro equipo, aproveitou as circunstancias negativas do equipo malpicán,
para dominar amplamente e golear.
Non deben baixar os brazos os rapaces da SCD Malpica, por este tropezo,
pois queda toda unha segunda volta, para, repoñer efectivos e aínda loitar por
un posto mais honroso.
XI edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano– (2ª volta) 24ª Xornada:
Resultado: MALPICA 3 –0 D. CARBALLO
Árbitro: Sr.
GERARDO.- Ben en liñas xerais.
Goleadores: 1-0, m. 33: FRAN, tras uns caracoleos ao seu marcador, lanza un sorprendente tiro dende o
borde da área que se cola pola escuadra. 2-0,
m. 55: xogada de Richard por banda con centro atrás e FRAN, que viña lanzado remata ao fondo da rede. RICHARD, moi oportuno aproveita dende cerca un rexeite en curo da defensa
carballesa.
Comentario: Superioridade
total e absoluta de conxunto veterán do Malpica, ante un D. Carballo moi
peleón, pero que nada puido facer ante
a eficacia goleadora dos dianteiros locais.
A vitoria puido ser mais ampla, pois os malpicáns, ademais dos tres goles,
perderon moitas e claras ocasións de gol.
AGORA E SEMPRE OA SCD MALPICA!