Resultado: SCD
MALPICA 1 – 1 CF
NOIA
SCD
MALPICA: Pombo; David Castro, Manu Casal, Alemán, Mario Casal, (Adrián, 46), Andrés,
© Fernando Varela, Eloy Cabeza, Abel,
(Neucha, 63), Cheo, Óscar Suárez.
CF NOIA: Toledo; Mario, © Juanjo, Trasbach, Pose, Villaverde, Jorge, (Tarelo, 47), Banana,
Josiño, (Joseiño, 81), Chenel, (Toni, 77), Hugo, (David, 65).
Árbitro: Sr. Rama Cotelo.- (1ª Aut..-A Coruña). Actuación regular.
Asistentes: Sres. Boedo Varela e García Gómez.-(.-A Coruña). Regulares.
Goleadores: 0-1, m. 21: saque de porta en curto de Pombo sobre Mario Casal, este pretende salvar a entrada
de JORGE, que lle rouba a
carteira e vaise só cara a portería, algo escorado a dereita, e, o seu tiro
cruzado introdúcese na portería de Pombo despois de pegar no poste. 1-1, m. 23: Eloy Cabeza, escorado a
liña de banda esquerda, envía un pase longo sobre o desmarque de CHEO, este salva a tarascada de Juanjo, e, na media saída de Toledo, báteo por
alto.
Ambiente e Incidencias: 150 seareiros nas bancadas en tarde con nubes e claros e con 13º de temperatura.
Foron expulsados con dobre amarela, o central visitante Pose, (m. 47) e o local
Andrés, (m. 68). Non houbo mancados de consideración, pero si diversos golpes,
sobre todo dos porteiros, Toledo, (escordadura dun dedo) e Pombo, (na cella esquerda).
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: M. 9: Cheo, bota un saque de curruncho ao 2º pau, Alemán, remata de cabeza frouxo
as mans de Toledo. M. 34: saque de
banda en longo de Cheo, rexeite defensivo que recolle Andrés, intentando o
remate por dúas veces, o “coiro” chégalle de novo a Cheo que empalma un forte
tiro cruzado que cruza a portería de Toledo coma un obús saíndo fora. M. 36: xogada individual de Cheo, con
tiro raso dende a media lúa que lambe o pau. M. 48: falta lateral con moito efecto efectuada por Manu Casal, que
sae sacando barutas do traveseiro . M. 56: nova falta lateral de Manu
Casal, sobre a cabeza de Óscar Suárez, que este manda alto por pouco. M. 62: cesión atrás de F. Varela, sobre
Adrián que avanza uns metros e lanza un tiro raso cruzado, que Toledo envía a saque
de curruncho en gran intervención. M.
81: saque de curruncho de Eloy Cabeza, prodúcese un rexeite da defensa
chegándolle o “coiro” de novo ao mesmo Eloy, este empalma un tiro que logra desviar
coa testa Óscar Suárez, saíndo lambendo o traveseiro. M. 90+2: centro atrás de
Neucha, sobre Eloy Cabeza, que empalma un tiro raso, ao que non chega a desviar
por centímetros Óscar Suárez, a un metro
da portería saíndo o “coiro” fora por moi pouco. M. 90+3: gran parada de Toledo, a tiro cruzado de Óscar Suárez.
Xogadas de perigo do CF
Noia: M. 11: Chenel, na media lúa
cede atrás o “coiro” a Hugo, que empalma un tiro raso, pegado ao pau, abortada
por Pombo, nunha gran parada. M. 16: gol
anulado ao extremo visitante Jorge, moi protestado polo banco e futbolistas
noieses. M. 20: gran parada de Pombo
a tiro de Chenel.
Comentario: Partido intenso
na “Pedra Queimada” entre dous equipos que buscaron a vitoria con insistencia.
Tal como se intuía, os seareiros desfrutaron coa entrega de ambos equipos e
a emoción durou ata o minuto 94, cun Malpica en busca do gol do triunfo e un
Noia, que, cos seus contraataques sempre
levaba o temor as bancadas debido a calidade que atesouran os seus futbolistas,
por algo marcha destacado na liga. Foi un mágoa o único erro defensivo malpicán
que custou o gol do CF Noia, pero os grandes equipos sempre teñen a chamada “sorte do campión”.
Ao final, reparto de puntos que mantén ao CF Noia destacado na táboa e un pequeno
paso atrás para a SCD Malpica, nas súas aspiracións de acadar o 2º posto.
Andrés e Mario, capis, co trio arbitral
1ª Autonómica Xuvenil – 2ª Fase – 7ª xornada:
Resultado: SCD MALPICA 0 – 4 CF DUMBRÍA
SCD
MALPICA: Manuel; Brais, Chols, Canario, Steven, David, Petís, Gabi, (Plejo, 67), Almeida,
Alberto, Kevin.
CF DUMBRÍA
: David; (Iván, 79), Roberto, (Pablo, 52), Duarte, (Oli, 63), Cabana,
Jano, Yeray, (Javi, 52), Maikel, Adrián Alcaina, (Edu, 63), Marcote, Lucas, Martín.
Árbitro: Sr. Castreje Ferrío.- (1ª Aut.- A Coruña). Desapercibido,
debido a gran deportividade de ambos equipos.
Goleadores: 0-1, m. 29: envío longo de Cabana sobre o desmarque de Adrián
Alcaina, o cal dentro da área controla o “coiro” e bate a Manuel de tiro
cruzado. 0-2, m. 33: saque de falta dende a liña de tres cuartos,
efectuada por Lucas ao segundo pau, onde había desmarcados ata tres dumbrieses,
Adrián Alcaina, remata a pracer ao lado
contrario de Manuel. 0-3, m. 61: o
bullidor dianteiro centro Marcote, resolve
moi ben ante Manuel, unha xogada persoal. 0-4,
m. 80: centro de Marcote constituído en extremo esquerdo ao punto de
penalti, Javi, peitea “coiro” coa cabeza
fora do alcance da Manuel, a pesar da súa estirada.
Ambiente e incidencias: Unhas 45 persoas nas bancadas, moitas delas seguidores dos visitantes.Tarde
con nubes e claros bastante fría, con 10º de temperatura. No m. 67, o malpicán
Gabi, tivo que retirarse mancado cun tirón nunha perna. Non houbo expulsados.
Xogadas perigosas da SCD
Malpica: A única verdadeira ocasión de perigo protagonizouna o
escurridizo dianteiro local Petís, no m.
53: nunha gran xogada persoal dende a liña divisoria dos dous campos pegado
a banda esquerda, plantándose algo escorado só diante de David, pero o veterano
porteiro dumbriés, desbaratou cos pes o que podería ser o gol da honra local.
Xogadas perigosas da CF
Dumbría: M. 39: pase en longo de Jano, sobre o
desmarque de Martín, pero o seu remate en carreira sae fora por pouco. M. 56: Martín, remata a parte posterior
do traveseiro, un medido centro de Adrián Alcaina. M. 72: o defensor local Chols, nun mal rexeite, envía o “coiro” ao
poste da súa propia portería.
Comentario: A SCD Malpica,
xuvenil, falto de varios titulares por sanción, non foi rival esta tarde para
un equipo nestes intres, moito mais
compacto, experimentado e ordenado ca o malpicán.
O CF Dumbría, serio aspirante ao ascenso a “Liga Galega”, a medida que ían
transcorrendo os minutos dábase conta da súa superioridade, e, non era por que
os futbolistas malpicáns se entregaran, pois loitaron sempre cunha enorme
combatividade, proba delo, foi, que non encaixou o primeiro gol ata a media
hora de xogo, pero hoxe po hoxe e, visto o visto sobre o campo, comprobábase
que o partido decantaríase a favor dos visitantes.
Nada que obxectar por tanto xusta vitoria do CF Dumbría, e, para os rapaces
malpicáns, a noraboa! dentro da amargura da derrota, pois deixaron o pelexo
sobre o campo, iso quere dicir moito ao seu favor para futuros compromisos se
disputan os partidos coa intensidade desta tarde.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!
XI edición da
“Liga da Costa” de Fútbol Veterano– (2ª volta) 26ª Xornada:
Resultado: MALPICA
6 –2 VIMIANZO
Árbitro: Sr.
CASTI.- Sen complicacións.
Goleadores: 0-1, m. 7:
Marcote. 1-1, m.
55: Lancha. 2-1, m. 58: Marcelino.
3-1, m. 71: Álex. 4-1, m. 75: Richard. 4-2,
m. 76: Manuel. 5-2, m. 81: Richard.
6-2, m. 88: Mútiu.
Comentario: Pésimo partido
dos veteranos malpicáns, sobre todo na primeira parte, a pesar da avultada
goleada infrinxida ao colista Vimianzo,
os visitantes aproveitaron o mal xogo dos locais para achegarse ao descanso con
vantaxe no marcador.
Na segunda parte cambiou algo a decoración e, a pesar de non librar un bo
partido, os malpicáns recorreron a súa eficacia goleadora, remontando e
acadando os tres puntos.