Resultado: CD
BAIO 0 – 0 SCD MALPICA
CD BAIO: Anxo; Fachal, (José Antonio, 43), Mario, Norberto, Eloy, Martín © (Rubio,
77), Brais Garrido, Alberto, Martín MC, Canay, (Cristian, 61), Bieito.
SCD
MALPICA: Pombo; Adrián, David Castro, Alemán, Mario Casal, Fernando Varela, Eloy
Cabeza, (Neucha, 64), Juan Carlos, Óscar Suárez, Ismael, Martín Maradona, (Abel,
55).
Árbitro: Sr. Adrián Pérez Rellán.- (1ª Aut..-A Coruña). Aceptable labor. Os locais,
reclamáronlle con insistencia unhas mans de Adrián que significaría a segunda
amarela, pero o árbitro, logo de consultar co asistente, non viron
intencionalidade como para recibir a tarxeta.
Asistentes: Sres. Mino Rojas e Sornichero Caicedo.-(Aux. F. Base.-A Coruña). Boa labor.
Ambiente e Incidencias: Uns 130 seareiros nas bancadas. Tarde con chuvia persistente, aínda que nos
últimos minutos, atreveuse a saír o sol nitidamente. 11º de temperatura. No
min. 43, tras ser atendido previamente no terreo de xogo, tivo que retirarse
mancado cun tirón muscular o local Fachal. Tamén no min. 45, e, tras un
tremendo choque entre Mario Casal e David Castro, Mario tivo que retirarse
momentaneamente aos vestiarios para recibir dous puntos de sutura preto dunha
cella, logo reincorporouse ao xogo normalmente toda a segunda parte.
Xogadas de perigo do CD
Baio: M. 25: a primeira chegada con perigo dos locais, foi unha xogada pola banda
esquerda cun centro sobre Brais Garrido, estre cede na media lúa a Alberto,
pero o seu perigoso tiro sae lambendo o poste. M. 27: un rexeite defensivo malpicán, cun rebote nun propio
defensor, o “coiro” chégalle a un desmarcado Brais Garrido, o cal penetra na
área e cruza demasiado ante a saída de Pombo, saíndo fora por pouco. M. 68: falta lateral efectuada con
moita intención por Brais Garrido, a portería, Pombo moi atento, rexeita a
saque de curruncho. M. 90+3: xogada
de Martín MC, pola banda esquerda e, dende a liña de fondo manda un medido
centro sobre á área pequena, onde se atopa só Rubio, o remate deste, moi colocado
pero algo frouxo, permítelle a Pombo, meter unha man moi afortunada e salvar un
gol cantado.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: M. 30: ata este min. os
malpicáns non habían chegado con perigo a porta local e foi como consecuencia
dunha falta ensaiada botada por Adrián sobre o desmarque do central Alemán,
pero o testarazo deste, vaise alto, perdendo unha clara ocasión de gol. M. 57: Abel, realiza un xogada
individual, chega ata o borde da área e lanza un forte tiro, que salva cunha
gran parada o porteiro local Anxo. M.
57: nun ataque moi ben levado polo equipo malpicán, Juan Carlos, recibe na
media lúa de espaldas a portería, e mándalle o “coiro” entre liñas a Óscar
Suárez, que, algo escorado plántase ante Anxo, pero este en espléndida parada,
aborta o forte tiro do dianteiro malpicán.
Comentario: Partido intenso de ambos equipos
sobre un terreo de xogo encharcado que, a pesar deste incoveniente, conseguiron
combinar por veces algunhas meritorias xogadas, predominou mais a loita en medio campo que nas áreas. O
partido puido ganalo calquera, pero ao final os dous equipos e as súas
afeccións, dan por xusto o resultado, que lle ben mellor ao CD Baio, pois
manteno nunha zona tranquila da táboa, mentres que á SCD Malpica, significa un
leve retroceso nas súas aspiracións de alcanzar ao Arzúa.
1ª Autonómica Xuvenil – 2ª Fase – 4ª xornada:
Resultado: SCD MALPICA 1 – 2 XALLAS DE
SANTA COMBA
SCD
MALPICA: Manuel; Víctor Novo, © Kevin, (Plejo, 83), Jorge, (Chols,75), Steven, David,
Brais, (Pitís, 46), Guille, (Gabi, 82), Almeida, Eloy, Alberto.
XALLAS DE
SANTA COMBA: Álvaro; Pérez, César, (Facal,
46), Carlos, Torres, Fabián, Landeira, Tefi,
Steven, © Iván Pastoriza, Ismael.
Árbitro: Sr. Mundín Mendizabal, Ión
Ander.- (1ª Aut..- A Coruña). Regular.
Goleadores: 1-0, m. 36: ELOY, de tiro cruzado dentro da área, tras recibir un pase de Almeida. 1-1, m. 71: saque de curruncho moi pechado efectuado por Fabián, váiselle
das mans o coiro ao porteiro Manuel, e, IVAN
PASTORIZA, moi oportuno envía o “coiro” a rede. 1-2, m. 75: novo
saque de curruncho que Fabián envía sobre á área pequena, a defensa malpicán
queda indecisa e, LANDEIRA, manda as mallas.
Ambiente e incidencias: Tan só 20 seareiros nas bancadas nunha tarde de intensa chuvia constante e
vento do Oeste, 12º de temperatura. Expulsado por protestar o xalleiro Carlos,
m. 87. Non houbo mancados de consideración.
Xogadas perigosas da SCD
Malpica: M. 34: internada de Eloy, salva a entrada dun
contrario pero o seu tiro e detido con apuros por Álvaro. M. 39: Almeida, cólase por velocidade pola banda dereita e, xa
dentro da área é derrubado polo central Carlos, o árbitro móstralle tarxeta
amarela, estimando que se deixara caer. M.
42: un envío sobre a media lúa, érrao no rexeite un defensor visitante, o “coiro”
chégalle a Eloy, este encara a Álvaro,
atallando o porteiro o tiro frouxo de dianteiro. M. 47: Pitís, tras regatear ao seu marcador, fai un medido centro
ao segundo pau, onde se atopa só Eloy, pero este erra o remate. M. 53:
xogada individual de Kevin, que, tras plantarse só diante de Álvaro, é
derrubado por un defensor, o árbitro sinala saque de porta. (?). M. 63: saque de falta de Alberto, dende
o circulo central, colocando o “coiro” sobre a testa de Almeida, o remate deste
deteno Álvaro.
Xogadas perigosas do Xallas
de Santa Comba: M. 37: Tefi, despois de salvar
ao local Jorge, dispara un forte tiro, que Manuel envía a saque de curruncho en
áxil estirada. M. 46: saque de falta
de Torres ao punto de penalti, o xalleiro Steven, remata dende cerca, e detén
Manuel. M. 70: man a man de Torres,
ante Manuel, o porteiro local rexeita a saque de curruncho. M. 78: perigoso tiro raso de Landeira,
que, tras toar Manuel, o “coiro” da no pau e sae fora.
Comentario: De novo o
conxunto xuvenil da SCD Malpica, deixou escapar unha vitoria nos últimos
compases do partido, por falta de concentración, e tivo que ser en dúas xogadas
a balón parado, tal como sucedeu en Corme, a pesar de facer méritos para
alzarse coa vitoria, sobre todo nunha primeira parte na que fixeron ocasións
claras para ir ao tempo de “lecer” con vantaxe de tres goles.
Con esta derrota, os malpicáns, quedan xa moi lonxanos para loitar por un praza
que da dereito a liguiña de ascenso. De todos os xeitos, deben continuar
intentando coller experiencia para futuras competicións.
Capis e árbitro nos prolegómenos do partido.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!
XI edición da
“Liga da Costa” de Fútbol Veterano– (2ª volta) 23ª Xornada:
Resultado: BUÑO
0 –0 MALPICA
Árbitro: Sr.
Casti.- Aceptable.
Goleadores: Non houbo goles.-
Comentario: Total e absoluta iniciativa
dos veteráns malpicáns, ata o punto de desperdiciar seis ocasións clarísimas de
gol, 4 Richard, (unha xa co tempo practicamente cumprido). Marcelino, un man a
man desperdiciado e Fran cun remate a carón do poste, con toda portería para
el.
Mala racha goleadora pois dos malpicáns, que levan
tres xornadas sen marcar. Esperemos que o vindeiro domingo fronte ao D.
Carballo, afine a puntería e sexa o comezo dunha nova etapa goleadora.