Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 21 de marzo de 2014

Axenda de partidos da SCD Malpica, para esta fin de semana:



1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 28ª :
Campo             :           “Pedra Queimada”         (Malpica)                     
Equipos           :           SCD MALPICA    CF NOIA  
Data e hora      :           Domingo: 23-03-14,  16:30 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Rama Cotelo.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Boedo Varela e García Gómez.-(.-A Coruña).
Rende visita a “Pedra Queimada” o equipo “cocón” do grupo e, a verdade que o é, pois os resultados do que vai de campaña así o avalan. O CF Noia, tras o varapau que sufriu a tempada pasada, quedando as portas do ascenso por mor do Estudiantil, quixo atar cabos este ano e formou un equipo competitivo só para ascender, custase o que custase, e aí esta na cabeza da táboa con mais doce puntos de vantaxe sobre o segundo (CSD Arzúa) e catorce sobre a SCD Malpica.
O CF Noia, das 27 xornadas disputadas, acadou 22 triunfos, empatou 2 e perdeu tan só 3, acredita 75 goles a favor encaixando só 21, todo un palmarés sensacional.
Pero se a dianteira é realizadora, sofre bastante en defensa, como acredita coa goleada encaixada ante o Camariñas FC (4-0). E, nese punto algo mais débil, deben fixarse os técnicos da SCD Malpica, tomando boa lectura e inculcándolle ao goleador Óscar Suárez, a forma de abrir a lata noiesa coa axuda do sistema táctico que se implante.
Non hai lugar a dúbidas, que o choque vai a estar moi interesante e competido, pois non hai que obviar que se enfrontan o 1º contra 3º da táboa e isto dálle un valor engadido ao partido e aos afeccionados, tendo en conta que, os malpicáns buscarán a vitoria con todas as forzas para seguir aspirando a segunda praza.
Resultado da primeira volta:
17-11-13: CF NOIA  3–2  SCD MALPICA   (Goles: 1-0, Chenel. 1-1: Neucha. 2-1: Hugo. 3-1: Juanjo. 3-2: D. Castro p.).




1ª Autonómica Xuvenil - 2ª Fase – 2ª volta – Xornada 7ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”         (Malpica)         
Equipos           :           SCD MALPICA   -   CF DUMBRÍA  
Data e hora      :           Sábado: 22-03-14,  16:30 horas           
Árbitro             :           Sr. Castreje Ferrío.- (1ª Aut.-A Coruña).
Unha SCD Malpica, con moitas baixas por sanción, enfróntase en campo propio a o “líder” de grupo desta 2ª Fase, o CF Dumbría, equipo aspirante a estar na vindeira tempada na “Liga Galega” xuvenil.
De todos os xeitos e, a pesar das adversidades que terá o adestrador xuvenil Fernando Varela, para confeccionar o equipo, os rapaces malpicáns non tiran a toalla de sacar un resultado positivo, demostrando que, nos partidos disputados ata de agora, fronte ao Corme, Xallas SC e Cabana, foron produto da mala sorte a polas lesións sufridas.
Espérase por tanto no equipo malpicán, unha loita e garra deportiva sen límites para sacar o partido adiante.
Na primeira volta desta 2ª Fase o resultado foi:
15-02-14: CF DUMBRÍA  8–0  SCD MALPICA  (Goles: Marcote, 3. Maikel, 2. Javi, 2. Martín).










XI Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta -  Xornada 26ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”         (Malpica)
Equipos           :           MALPICA  -  VIMIANZO
Data e hora      :           Domingo: 23-03-14, 11:00 horas
Árbitro :                       Sr. CASTI.-
Resultado da primeira volta:
24-11-13:   VIMIANZO   0 – 5   MALPICA  
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!