Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 13 de marzo de 2014

Axenda de partidos da SCD Malpica, para a vindeira fin de semana:



1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 27ª :
Campo             :           “O Souto”         (Padrón)                      
Equipos           :            FLAVIA SD    SCD MALPICA 
Data e hora      :           Domingo: 16-03-14,  17:30 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Paz Hermida, Manuel.-(1ª Aut.-Santiago).
Asistentes        :           Sres. Iglesias Penela e Pérez Mindeguía.-(.-Santiago).
Continúa a imbatibilidade da SCD Malpica, nesta 2ª volta do campionato con 6 vitorias e 3 empates, que lle serve para manterse no 3º posto da clasificación, a 5 puntos do C.S.D. Arzúa, (51 x 56).
Así as cousas, a vindeira xornada, (27ª do campionato) toca desprazarse a bonita Vila de Padrón, do ilustre escritor, D. Camilo José Cela, e, na que o equipo leva o nome do lugar de nacemento do escritor : FLAVIA SD.
O conxunto padronés, esta a facer unha campaña bastante irregular para o que se esperaba del, pois atópase no posto 9º da táboa con 34 puntos a mais de vinte puntos da cabeza, gañou 9 partidos, empatou 7 e perdeu 10, marcou 42 goles e encaixou 39. Ademais, o equipo do Flavia SD, non poderá contar por sanción, con Pablo Martínez.                                         
Estes díxitos, fan que a “priori”, sexa un equipo asequible para os intereses da SCD Malpica, que, non obstante terá que empregarse a fondo se quere continuar imbatido e seguir aspirando a segunda praza.
Resultado da primeira volta:
10-11-13: SCD MALPICA   3 – 0   FLAVIA SD            (Goles: 1-0, Mera, (p.m.). 2-0: Martín Maradona. 3-0, Neucha).

1ª Autonómica Xuvenil - 2ª Fase – 2ª volta – Xornada 6ª:
Campo             :           “As Redondas”             (Cabana)         
Equipos           :           CABANA SD   -   SCD MALPICA 
Data e hora      :           Sábado: 15-03-14,  18:00 horas           
Árbitro             :           Sr. .- (.-A Coruña).
Non deben tirar a toalla os xuvenís da SCD Malpica, nesta 2ª Fase da liga, pois aínda restan por disputarse 5 partidos de toda a segunda volta, en total son 15 puntos, deles 3 na casa e 2 fora.
O primeiro destes últimos, será o vindeiro sábado fronte ao Cabana SD, rival ao xa se lle gañou na primeira xornada, ademais cun resultado amplo, iso quere dicir, que gañar os cinco partidos, logo que se incorporen os mancados, esta ao alcance dos malpicáns. Imos comezar este sábado, con loita, moral, disciplina e deportividade, todo se consigue, ánimo e a demostrar  que o sucedido ata de agora, foi unha mala racha que xa quedou atrás.
Na primeira volta desta 2ª Fase o resultado foi:
08-02-14: SCD MALPICA  4–1  CABANA SD  (Goles: 0-1, Redondo. 1-1, Steven. 2-1, Kevin. 3-1, Kevin. 4-1, Canario (p).






















XI Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta -  Xornada 25ª:
Campo             :           “A Nova Porta Santa”    (Paiosaco)
Equipos           :           PONIENTE  -  MALPICA 
Data e hora      :           Domingo: 16-03-14, 12:00 horas
Árbitro :                       Sr. CASTRO.-
Resultado da primeira volta:
17-11-13:   MALPICA   2 – 1   PONIENTE  
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!