Resultado: CAMARIÑAS
FC 0 – 2 SCD
MALPICA
CAMARIÑAS
FC: José Luís; Rodri, (Saviola,
83), Sule, Sergio, Manu, (David Toja, 61), Moriño, © Brais Triñáns, David, (Congui,
68), Martín, Mario Toja, (Asier, 83), Pirucho.
SCD
MALPICA: Pombo; Adrián, Manu Casal, David Castro, Alemán, Fernando Varela, Eloy Cabeza, (Mario Casal, 72), Cheo, Abel,
(Neucha, 79), Juan Carlos, (David, xuvenil, 88), Óscar Suárez, (Martín
Maradona, 83).
Árbitro: Sr. Reborido Rodríguez.- (1ª Aut..-A Coruña). Aceptable actuación. O equipo camariñán, reclamoulle
insistentemente dúas xogadas: a primeira, a concesión do 1º gol, (gol dos chamados pantasmas) estimando que o “coiro” despois de dar no
traveseiro, botou a chumbo na liña de gol, o árbitro concedeu o tanto a estanza
do seu asistente. A segunda, foi un choque entre o porteiro Pombo e o local
Sule na media lúa, na que estimaban falta do porteiro e a expulsión por ser o
último futbolista, o asistente despexou as dúbidas, pois xa levaba segundos coa
bandeirola erguida sinalando o fora de xogo do camariñán..
Asistentes: Sres. Miño Rojas e Platas Pintos.-(Ax. fútbol base.-A Coruña). Correctos.
Ambiente e Incidencias: Acudiron ao “Irmás Patiño” preto
de 95 seareiros, nunha tarde moi inestable de vento, chuvia e a veces sol, con
11º de temperatura. Non houbo mancados de consideración nin expulsados.
Comentario: Tres puntos de ouro conseguidos
pola SCD Malpica, esta tarde, ante un difícil rival case ferido de morte polo
posto que ocupa na táboa. Aos malpicáns, case lles prexudicou o marcar tan pronto,
pois caeu nunha relaxación inhabitual con respecto ao que nos ten acostumados
durante a tempada.
O Camariñas, intentouno e vendeu cara a súa derrota, pero hoxe por hoxe, a
diferenza de calidade entre ambos equipos é abismal, librándose desta calificación
o seu medio centro Moriño, un home de moito fútbol nas súas botas. A falta de
20 minutos os malpicáns apertaron mais e puideron aumentar o tanteo. Debutou
nas ringleiras da SCD Malpica, o xuvenil David.
1ª Autonómica Xuvenil – 2ª Fase – 8ª xornada:
Resultado: SCD MALPICA 2 – 1 CORME CF
SCD
MALPICA: Manuel; Brais, Chols, Canario, Steven, (Gabi, 30), Jorge, Petís, David, Almeida,
© Alberto, Kevin.
CORME CF : Rubén; Sergio, Palmiro, (Ismael, 80), Iván, Koeman, (Isaac, 21), (Alberto, 73), Brais,
Antonio, Quique, Alejo, ©, (Dani, 85), Juanma, (Álex, 89), Manu.
Árbitro: Sr. López Vila, Alexandre.- (Preferente Aut.- A Coruña). Moi ben.
Ambiente e incidencias: 45 seareiros acudiron as bancadas a presenciar un entretido partido, en
tarde nubrada sen chuvia que acabou con sol. 11º de temperatura. Non houbo
expulsados, destacando sempre a deportividade nos dous equipos. Retiráronse mancados,
o cormelán Koeman (m.18) con mareos e o malpicán Steven, (m. 30) cun corte na
cella dereita nun salto fortuíto co dianteiro Alejo. Foi evacuado ao PAC de
Carballo, para coserlle a brecha.
Comentario: Partido sen nervios entre dous
equipos que xa lle dixeron ata logo a
competición a falta de dúas xornadas, motivo, pola que se viron xogadas de
mérito; o Corme CF, puxo mais fútbol combinativo levando mais a iniciativa,
pero os malpicáns, puxeron os goles, debido a perigosidade dos seus dianteiros.
Almeida e Alejo (capis) co Sr. López Vila.-
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!
XI edición da
“Liga da Costa” de Fútbol Veterano– (2ª volta) 27ª Xornada:
Resultado: CAMELLE 5 –3 MALPICA
Árbitro: Sr.
Gerardo.- Ben en liñas xerais.
Goleadores: 1-0, m. 22: Víctor. 2-0, m. 27: Víctor. 2-1, m. 30: Mútiu. 3-1, m. 34: Juan José. 3-2, m. 39: Marcelino. 3-3, m. 50:
Mútiu. 4-3, m. 55: Víctor. 5-3, m. 59: Bruno.
Comentario: Os veteranos de
Malpica, con tan só 8 futbolistas de campo, plantaron cara e aguantaron o tirón
dos locais ata que as forzas lle fallaron, proba delo foron os goles seguidos,
marcados todos eles antes do minuto 60 de partido.
Tivo Mútiu, un dos mais enteiros do equipo malpicán, dúas oportunidades
para empatar o partido, unha no min. 72 cun tiro ao poste e outra no min. 82,
ao errar un penalti.