1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 29ª :
Campo : “Irmás Patiño” (Camariñas)
Equipos : CAMARIÑAS
FC –
SCD MALPICA
Data e hora : Domingo: 30-03-14, 17:30 horas.-
Árbitro : Sr. Rubén Reborido Rodríguez.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes : Sres. Miño Rojas e Platas Pintos.-(.-A Coruña).
Partido case de “vida e morte” o que se disputará este vindeiro domingo no
campo camariñán, tanto o Camariñas FC coma a SCD Malpica, xóganse tres puntos
de gran valor, para os locais, a última oportunidade para non descolgarse
definitivamente nos postos de descenso, xa que caso de perder a salvación
quedaríalle a 9 puntos, con tan só 15 por disputar, moi pouca marxe para recuperarse.
Para os visitantes, escaparíaselle a oportunidade de aspirar ao segundo posto,
salvo que o CSD Arzúa, non lograra puntuar no se enfrontamento co Amio CF, que
deixaría as cousas como estaban antes desta xornada.
Así as cousas, o partido promete estar moi interesante é unha mágoa que
ambos equipos precisen inescusablemente os tres puntos, dado que un empate non
satisfaría a ningún, xa que de pouco lle valería de cara a súas aspiracións.
O Camariñas FC, figura na táboa no posto 17º (penúltimo), con 23 puntos: gañou
7 partidos, empatou 2 e perdeu 19, materializou 38 goles encaixando 68, é
dicir, sofre en defensa e portería.
Resultado da primeira
volta:
24-11-13: SCD MALPICA 1–0 CAMARIÑAS
FC (Goles: 1-0, m. 49: Óscar Suárez).
1ª
Autonómica Xuvenil - 2ª Fase – 2ª volta – Xornada 8ª:
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica)
Equipos : SCD
MALPICA - CORME
CF
Data e hora : Sábado:
29-03-14, 16:30 horas
Árbitro : Sr.López Vila, Alexandre.- (.-A Coruña).
A SCD Malpica xuvenil, ten o vindeiro sábado, a posibilidade de cederlle o “faroliño vermello” da táboa ao Corme
CF, visitante do campo malpicán nesta antepenúltima xornada da 2ª Fase da
liguiña de promoción, pero todo pasa primeiro por vencer aos cormeláns, equipo
que, xunto aos malpicáns, non están respondendo as expectativas que deles se
esperaba.
ASCD Malpica, xa recupera para esta xornada ao bravo defensa Jorge, ausente
fronte ao CF Dumbría por sanción, V. Novo e Eloy, aínda terán que esperar outra
xornada para acabar de cumprir as sancións.
Todos os seguidores do equipo xuvenil malpicán, están desexosos de poder
contemplar a segunda vitoria do seu equipo xuvenil e os rapaces futbolistas que
saian o sábado, van a demostrar que os partidos disputados ata de agora (salvo
Dumbría e Esteirana), foron derrotas por verdadeira mala sorte.
Na primeira volta desta
2ª Fase o resultado foi:
22-02-14: CORME CF 2–1 SCD MALPICA
(Goles: 0-1, m. 68: Eloy. 1-1, m. 78 Juanma p. 2-1, m. 9+2: Juanma).
XI Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta - Xornada 27ª:
Campo : “Irmás Patiño” (Camariñas)
Equipos : CAMELLE - MALPICA
Data e hora : Domingo:
30-03-14, 10:00 horas
Árbitro : Sr. Gerardo.-
Resultado da primeira
volta:
24-11-13: MALPICA 1 – 1 CAMELLE
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!