1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 26ª :
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica)
Equipos : SCD
MALPICA – SD AGOLADA
Data e hora : Domingo: 09-03-14, 16:30 horas.-
Árbitro : Sr. Bernardo Dominguez Manteiga.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes : Sres. Gil Soriano e Sornichero Caicedo.-(Ax.F. Base.-A Coruña).
Recibe a SCD Malpica, en campo propio, á SD Agolada, único equipo que foi
quen de infrinxirlle unha tremenda goleada no que vai de campaña. Os malpicáns
buscarán neste partido, ademais dos tres puntos, o desquite daquel accidentado
tropezo o cal segundo foi transcorrendo a competición, colocou ambos equipos no
seu lugar na táboa clasificatoria.
De todos os xeitos a SD Agolada, non esta a facer unha mala campaña a pesar
de ser novel na categoría pois xa ten a permanencia asegurada con 37 puntos, vai
6º na táboa, conseguiu 10 vitorias, empatou 7 e perdeu 8 partidos, acredita 31
goles e tan só encaixou 19, (0,76 goles
de media por partido), ollo! a este dato polo adestrador do conxunto
malpicán.
Os dous equipos verán mermadas as súas plantillas, dado que teñen as baixas
por sanción de Adrián (Malpica) e
Cristian Peyret (Agolada).
Na 1ª volta deuse o
seguinte resultado:
03-11-13: SD AGOLADA 5 – 1 SCD
MALPICA (Goles:0-1, Juan Carlos. 1-1: Pablo.
2-1: Cristian. 4-1: Pablo. 5-1: Pablo).
Xogada do partido, SD Agolada-SCD Malpica
1ª
Autonómica Xuvenil - 2ª Fase – 1ª volta – Xornada 5ª:
Campo : “Xosé Luís Vara” (Esteiro)
Equipos : SCRD
ESTEIRANA - SCD
MALPICA
Data e hora : Sábado:
08-03-14, 12:00 horas
Árbitro : Sr. Víctor Mirazo Insua.- (.-Santiago).
Longo desprazamento dos xuvenís da SCD Malpica a feudo da SCRD Esteirana e
por encima terán que darse un madrugón, xa que o clube Esteirán sinalou o
partido para as 12:00 horas.
A pesar de todos estes elementos contrarios, os xuvenís malpicáns, queren
demostrar que o primeiro partido gañado ao Cabana, non foi produto da
casualidade e, aínda que levan tres xornadas consecutivas sen gañar, a Esteiro
van con ánimo de trocar o “chip” e comezar a escalada que os upe aos primeiros
postos, xa que logo, quedaralle un calendario mais favorable na 2ª volta con
tres partidos na casa e tan só un fora.
A última vez que se
enfrontaron ambos equipos, foi na semifinal da III Edición da “copa da costa”
na T. 2007/08:
05-04-08: SCD MALPICA 2–7
SCRD ESTEIRANA (Goles: 0-1, Pesco. 0-2: Yago (p). 1-2: Rubén. 1-3: Pesco. 2-3: Sergio.
2-4: Pesco. 2-5: Simón. 2-6: Yago. 2-7: Vidal).
12-04-08: SCRD
ESTEIRANA 13 –1 SCD MALPICA
(Goles: 1-0: Alberto. 2-0: Roi. 3-0: Alberto. 4-0: Pesco.
5-0: Fran. 6-0: Jano. 7-0: Yago. 8-0: Vidal. 9-0: Álex. 10-0: Simón. 10-1:
Javier. 11-1: Uro (p). 12-1: Yago. 13-1 Jano).
XI Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta - Xornada 24ª:
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica)
Data e hora : Domingo:
09-03-14, 11:00 horas
Árbitro : Sr. Gerardo.-
Resultado da primeira
volta:
29-12-13: D.
CARBALLO 1 – 1 MALPICA
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!
Wasi, alma "mater" do equipo de veteranos.