Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

miércoles, 31 de octubre de 2018

Partidos da SCD Malpica para a fin de semana:

  
   Trala vitoria o pasado domingo en Louro, á SCD Malpica dase un pequeno respiro acomodándose na parte media alta da táboa con 10 puntos.
  Esta fin de semana, toca recibír na "Pedra Queimada" a unha  perigosa SD S. Lourenzo de Verdillo, conxunto recén descendido da 1ª autonómica que non esta atravesando o seu mellor momento, pero que,  co troco de directiva pretende volver a ser o equipo potente que foi tempadas anteriores.
  Á SD S. Lourenzo, compite na "liga da costa" dende a tempada 1979/80, leva por tanto 40 tempadas disputadas coa actual, repartidas en: 6 en 1ª, 33 en 2ª e 1 en 3ª. Nestas tempadas, só conseguiu un título de campión da 3ª Rexional na T. 93/94.
   Os malpicáns que adestra Adrián Bardanca (Gurita), queren continuar na boa racha, trala vitoria en Louro e para iso pasa por vencer ao equipo de Verdillo na vindeira xornada para encherse de moral e aspirar a parte alta da clasificación.

  Quenes queren tamén seguir con vitorias son os da Asociación de Veteranos da SCD Malpica e, tralo triunfo en Baio teñen un dificil compromiso no campo de Xaviña ante os Veteranos do Xornes, conxunto novél na categoría pero que esta a facer unha excelente campaña.

Detállanse a continuación os campos, árbitros e horarios da xornada:  

2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 8ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”    (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                      
Equipos           :           SCD MALPICA    SD SAN LOURENZO
Data e hora     :           Domingo: 04-11-18, 16:15 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Bruno Méndez Castro, ( 3ª División Colexio da Coruña)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 8ª:

Campo            :           “Xaviña”           (Buño, 99 x 60, herba artificial)
Equipos           :           XORNES FC    A.V. SCD MALPICA 
Datas e hora    :           Domingo: 04-11-18, 12:00 Horas.-
Árbitro            :           Sr. Juan Marcos Ríos Suárez, (2ª Autonómica, Colexio da Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 28 de octubre de 2018

Resultados e clasificacións da "liga da costa":


   Unha saída en tromba dunha descoñecida SCD Malpica consigue adiantarse con tres goles de vantaxe esta mañá na "Agra da Filgueira" ante unha "estupefacta" U.D Monte Louro, que non daba crédito ao que mestaba pasando no terreo de xogo, pois os malpicáns ben dirixidos por Gonzalo Vilariño, parecían unha "apisonadora".
   Logo nos últimos vinte minutos, chegou o relaxamento e, os de Louro acercaronse perigosamente no marcador: 2-3.
   Con esta vitoria, á SCD Malpica, alónxase algo dos postos baixos da táboa.

    Aliñación da SCD Malpica: Ángel Lamas; Mante, Belar, Dimitri, Juan Fuentes; Migueliño, Andy, (Alberto Hombre, 60), Gonzalo V., Marcos, (Brais Ceán, 46), Dani Casal, Aitor, ( Laik, 62).
    Goleadores: 0-1, m. 1: Andy. 0-2, m. 22: Dani Casal. 0-3, m. 48: Andy. 1-3, m. 61: Juan de Celia. 2-3, m. 89: Juan de Celia.

VETERANOS: 

   Tras tres derrotas consecutivas, os veteranos da A.V. SCD Malpica, lograron unha clara e aplastante vitoria no "Platas Reinoso" de Baio, ante o Rio  Grande-Raxería os Arcos: 2-6.
   Os goleadores malpicáns foron: Palermo, 4, Mútiu, 1 e Javi Mato, 1. 
   O dianteiro Arcay, errou un penalti.

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

viernes, 26 de octubre de 2018

Partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:


   Por axustes do calendario federativo, correspóndelle á SCD Malpica desplazarse dúas xornadas consecutivas (serán compensadas na 2ª volta). Desta vez visita  en Louro-Muros, á U.D. Monte Louro, conxunto, que comezou a súa andaina na "costa" na tempada 1981/82, leva competindo polo tanto: 35 tempadas coa actual, repartidas en 25 na 2ª categoría e 10 na 3ª.
   Na actualidade, e, tras seis xornadas, ocupa o 12º segundo posto na táboa con 6 puntos, un menos ca os malpicáns, gañou 2 partidos e perdeu 4, materializou 3 goles e encaixou 10.
   Á SCD Malpica, nun posto por enriba (11º) con 7 puntos, non acaba de alcanzar a suficente posta apunto para lograr puntuar fora da "Pedra Queimada", e co é peor, non materializan as ocasións que se crean ante o marco rival.
   Así as cousas, o adestrador Adrián Bardanca (Gurita), debutante nesta categoría, realizou nos adestramentos desta semana unhas sesións especiais cos dianteiros, buscando resultados positivos de cara ao partido do domingo, que por certo troca a hora habitual da tarde e xogarase pola mañá.

   Pola súa banda á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, trocou co seu rival, a orde do seu partido, e, en vez de disputarse na "Pedra Queimada" disputarase no "Platas Reinoso de Baio".
    Os carrozas malpicáns que levan tres partidos seguidos sen puntuar, conxúranse para dicir "BASTA XA", e esperan iniciar este domingo a senda dos resultados favorables.

A continuación detállanse os campos horas e árbitros da xornada do vindiero domingo:


2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 7ª:

Campo            :           “Agra de Filgueira”    (Louro-Muros, 99 x 59, herba artificial)                
Equipos           :           U.D. MONTE LOURO   SCD MALPICA 
Data e hora     :           Domingo: 28-10-18, 12:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Óscar Costa Carou, ( Colexio de Santiago-Boiro)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 7ª:

Campo            :           “Platas Reinoso”          (Baio, 103 x 65, herba artificial)
Equipos           :           RIO GRANDE RAXERÍA OS ARCOS    A.V. SCD MALPICA 
Datas e hora    :           Domingo: 28-10-18, 10:30 Horas.-
Árbitro            :           Sr. Rai Reborido Rodríguez, (Colexio da Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 21 de octubre de 2018

Resultados e clasificación "liga da costa" Xornada 6ª: :


   Sobráronlle 45 minutos ao "lider" para vapulear á SCD Malpica. Tremaron ben os malpicáns nos primeiros cuarenta e cinco minutos pero nos segundos, foron arroiados por unha especie de terremoto en forma de "lider invicto" cunha extraordinaria moral na que lle saiu todo.

   Á SCD Malpica formou con: Toni; Mante, Dimitri, Juan Fuentes, Belar (Roberto, 85); Migueliño, Marcos, (Aitor, 61), Gonzalo, Alberto Hombre, (Andy, 69), Dani Casal, Martín.

   Goleadores: 1-0, m. 58: Estefano. 2-0, m. 76: Yago Dosil. 3-0, m. 86: Raúl Bouzas. 4-0, m. 87).

    A Asociación de Veteranos da SCD Malpica, tocoulle descanso esta semana. 
    
    Así quedan as clasificacións, trala 6ª xornada: 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 18 de octubre de 2018

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:

  
   Moi dificil papeleta se lle presenta este vindeiro domingo á SCD Malpica, pois nada mais e nada menos, tócalle desprazarse a Mazaricos, equipo da localidade, que figura no primeiro posto da clasificación compartindo o liderato co Ponteceso, ambos os dous con 15 puntos. Os díxitos do Mazaricos CF no que vai de tempada (5 xornadas), asustan, pois fixo pleno (5 de 5), acredita 21 goles a favor (de media 4,2 goles) e tan só un en contra.

  O Mazaricos CF,  foi fundado na tempada 1991/92, leva por tanto compentindo 28 tempadas coa actual, repartidas en: unha en 1ª Rexional (94/95), dezaseis en 2ª e once en 3ª. Conseguiu dous títulos de liga: un en 2ª (93/94) e un en 3ª (2000/01).

    Así as cousas como queda dito mais enriba, aos malpicáns vailles ser complicado sacar algo positivo na "Pedra d'o Ouro" , aínda que, polo visto o pasado domingo ante o Sp. Zas, o equipo vai conxuntándoise favorablemente e, segundo palabras do seu adestrador, Adrián Bardanca, non se dan por vencidos de anteman e non descartan volver cun resultados favorable.
  

2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 6ª:

Campo            :           “Pedra do Ouro”    (Mazaricos, 100 x 60, herba natural)                       
Equipos           :           MAZARICOS CF   SCD MALPICA 
Data e hora     :           Domingo: 21-10-18, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. David Vázquez Lema, (1ª Aut. Colexio da Coruña)

   O equipo da Asociación de Veteranos da SCD Malpica, tócalle descansar na vindeira xornada. 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 14 de octubre de 2018

Actualizar, resultados e clasificacións da "costa":


    Tras uns inicios de partido titubeantes, á SCD Malpica, acabou remontando un partido con autoridade ante un Sp. Zas carente de ramate.
    Os malpicáns, demostraron a súa superioridade na segunda parte, tras unha primeira igualada, podendo lograr unha goleada de escándalo si, Martín (poste), Dimitri, Brais Lado e Dani Casal, tiveran algo de acerto ante a portería visitante.

     Aliñación da SCD Malpica: Toni; Mante, Belar, Dimitri, J. Fuentes, Migueliño, (Alberto Hombre, 69), Marcos, (Jorge, 76), Gonzalo, Brais Lado, (Roberto, 85), D. Casal, (Andy, 85), Martín.
     Goleadores: 0-1, m. 2:  perda do coiro de Gonzalo ante Santi Casas, que aproveita moi ben o dianteiro visitante. 1-1, m. 37, saque de corruncho de D. Casal con impecable testarazo de Mante. 2-1, m. 55: gol olimpico de D. Casal, (o coiro peiteao levemente o defensa Fabián o que posiblemente despista ao seu porteiro). 3-1, m. 82: contraataque ràpido de Brais Lado, o cal ante a saída do porteiro cede a D. Casal que marca a porta valeira.
 
   Novo tropezo da Asociación de Veteranos da SCD Malpica, e xa son tres as xornadas sen puntuar.
  Esta mañá no "Cairo" saído goleado polo Corme CF de Veteranos, e, pasa a ocupar o antepenúltimo posto na clasificación. 
     Goleadores:   1-0, m. 1: René. 2-0, m. 27: José Jesús. 3-0, m. 31: Walter Villar. 3-1, m. 61: Bendaña, (P.Porta). 4-1, m. 85: José Jesús. 4-2, m. 90: Arcay.
     Resultados da xornada e clasificación:


 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 11 de octubre de 2018

Axenda de partidos da SCD Malpica, para esta fin de semana:

    
   Este vindeiro domingo na 5ª xornada da presente campaña, visita a "Pedra Queimada" o SP. Zas, do adestrador Corredoira; este equipo que leva competindo na "costa" dende a tempada 1975/76 un total de corenta e tres campañas repartidas entre: catro en Rexional Preferente, nove en Primeira Autonómica, vinte e oito en Segunda e unha en Terceira, será un dificultoso rival para á SCD Malpica.

   Tanto á SCD Malpica coma o SP. Zas, querán resarcirse das súas afeccions tras caer derrotados na pasada xornada, os malpicáns en Cee ante á SD Ameixenda e os Zasenses, na casa ante o Mazaricos CF.

    Pola súa banda os veteranos da A.V. da SCD Malpica, que caeron o pasado domingo ante os V. do Leiloio, pretenden sacar algo positivo da súa visita ao campo do "Cairo" fronte aos veteranos do Corme.
 A continuación, preséntase cadro de horarios e árbitros:


2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 5ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :           SCD MALPICA   SP. ZAS  
Data e hora     :           Domingo: 14-10-18, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Iván Vilanova Antelo, (2ª Aut. Colexio da Costa da Morte)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 5ª:

Campo            :           “O Cairo”          (Corme, 91 x 52, herba artificial)
Equipos           :           CORME CF     A.V. SCD MALPICA    
Datas e hora    :           Domingo: 14-10-18, 11:00 Horas.-
Árbitro            :           Sr. Pablo Rama Cotelo, (Preferente Galicia, A Coruña)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!