Cuarta xornada da "liga da costa" e segunda saída da SCD Malpica, desta vez váise ao campo do UC Cee, lugar onde desputa os seus partidos a SD Ameixenda, clube éste dun pequeno lugar do Concello de Cee.
A SD Ameixenda leva competindo na "liga da costa" dende a tempada 2012/2013 (7 tempadas coa actual), repartidas do seguinte xeito: 5 en 3ª Autonómica e 2 (coa actual) na 2ª, e na que ascendeu ao clasificarse no 4º posto a tempada pasada e gañarlle a promoción ao Camelle SD e ao Porteño. Nestes intres e, con catro xornadas desputadas, aínda non coñece a vitoria nin anotou ningún gol e leva encaixado 15.
Ten un moi boa oportunidade o conxunto malpicán de sumar os tres puntos, para elo os homes de "Gurita" deberán porse o mono de traballo e non abusar tanto do xogo individualista que veñen mostrando neste comez da liga.
Pola súa banda o outro equipo malpicán de Veteranos, recibe aos perigosos Veteranos do Leiloio, nun partido de rivalidade local que lles dará a oportunidade de emendar a súa apabullante derrota sufrida a semana pasada en Fisterra.
Así as cousas, sinálanse a continuación os campos, horarios e árbitros da xornada:
2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 4ª:
Campo : “San Paio de Refoxos” (Cee,
104 x 68, herba artificial)
Equipos : SD AMEIXENDA – SCD MALPICA
Data e
hora : Domingo: 07-10-18, 18:00 horas.-
Árbitro : Sr. José Ageitos Pasantes, (2ª Aut. Colexio da Costa da
Morte)
1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 4ª:
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica,
100 x 60, herba artificial)
Equipos : A.V.
SCD MALPICA – CLUB VETERANOS DE LEILOIO
Datas e
hora : Domingo:
07-10-18, 10:30 Horas.-
Árbitro : Sr. Bruno Méndez Castro, (3ª División, A Coruña)