Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 30 de septiembre de 2018

Fútbol da Costa Marcadores 3ª Xornada::

    Á terceira foi a vencida... logo de tres xornadas disputadas á SCD Malpica consegue a sua primeira vitoria a costa dun intensivo pero tamén inocente Lira CF.
    O equipo Lirés, presentouse na "Pedra Queimada" con once futbolistas, e, segundo o seu preparador Diego Lobelos, das dezaseis fichas das que dispón, seis futbolistas están mancados.
     En canto ao partido, dicir, que o triunfo malpicán non foi nada fácil, pois aínda que se conseguiu adiantar pronto no marcador non se matou o partido ata o min. 86. Ata ese momento o Lira CF, tremou sen moitos agobios dos futbolistas da SCD Malpica que, abusaron en exceso de individualistas.
    Aliñación da SCD Malpica: 
Toni; Mante, Belar, J. Fuentes, Jorge, Gonzalo, Andy, (Brais Lado, 46), Aitor, (Roberto, 71), Martín, (Brais Ceán, 76), Dani Casal, Marcos, (Dimitri, 85). 
    Goleadores: 1-0, m. 16: Gonzalo Vilariño. 2-0, m. 84: Brais Lado.
 









 











 


 Veteranos:
   Primeira derrota da Asociación de Veteranos da SCD Malpica. Na terceira xornada patinou o clube malpicán, e foron os correosos e intensos veteráns de Fisterra os que lle infrinxiron esta merecida derrota; tras unha primeira parte de iniciativa malpicán na que fallaron boas ocasións, acabaron cedendo ante o mellor fondo físico local nos últimos vinte minutos.

   Goleadores:  1-0, m. 63: Rubén Pazos. 2-0, m. 76: Dani Pose. 3-0, m. 90: Rivas.

Marcadores da xornada e clasificacións: 
















AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!