Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 27 de septiembre de 2018

Axenda de partidos da SCD Malpica desta semana:


    Recibe á SCD Malpica na "Pedra Queimada", na terceira xornada de competición, ao Lira CF equipo este, fundado na Tempada 1979/80. Leva por tanto competindo na "costa" 40 tempadas coa actual; repartidas da segunte maneira: Oito, en 1ª Aut., 23 na 2ª e 9 na 3ª.
       Non tivo moi vo comezo na liga esta tempada, pois, tras perder en Zas n 1ª xornada pola mínima (3-2), caeu derrotado no seu campo (0-5) ante o Mazaricos CF, (actualmente xoga en "Lombáns"-Carnota). Ten 0 puntos, 2 goles a favor e 8 en contra.
      Polo que atañe á SCD Malpica, trala contundente derrota da 1ª xornada ante o Muros, puido emendar algo ante a UD Cerqueda, senón o resultado, sí o xogo despregado. 

       En canto aos veteranos, estes, tras dúas xornadas, ocupan unha meritoria 3ª praza na clasificación.

        A continuación achégase cadro de horarios e arbitros para á xornada.

 

2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 3ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :         SCD MALPICA   LIRA CF
Data e hora     :           Domingo: 30-09-18, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Juan Marcos Rios Suárez, (2ª Aut. Colexio da Costa da Morte)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 3ª:

Campo            :           “Ara Solís”       (Fisterra, 95 x 54, herba artificial)
Equipos           :           SD FISTERRA DE VETERANOS    A.V. SCD MALPICA   
Datas e hora    :           Domingo: 30-09-18, 11:00 Horas.-
Árbitro            :           Sr. José Ageitos Pasantes. (2ª Aut. Colexio da Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!