Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 30 de diciembre de 2017

Liga da Costa, xornada 13ª (aprazada):


    Disputáronse na tarde de hoxe os partidos aprazados da xornada 13ª da "Liga da Costa" que habían quedado pendentes por causa do temporal "Ana"; os resultados acadados foron os que a continuación se indican, quedando a clasificación definitiva da maneira que segue, a falta dunha xornada para que acabe a primeira volta:




   Igualmente, publícanse os resultados e clasificacións da última xornada da primeira volta do Grupo 2º de Cadetes da Costa.

        AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 23 de diciembre de 2017

Resultado da SCD Malpica aprazada da xornada 10ª:


     Á SCD Malpica, recupera en Muxía os tres puntos perdidos ante o M.Louro; nun gran partido, no que destacou o debut de Vituco,autor ademais dun gol, superou e remontou na "Arliña" a un conxunto local,que só apertou algo nos derradeiros minutos do partido.Antes, Vituco estrelou o coiro no longueiro.

Resultado:  Muxía CF 1 - 2 SCD Malpica.
Goleadores: Min. 11, 0-1, Mauro Romaní. Min. 22, 1-1,Dani Casal.   Min.34, 1-2,Vituco.
Árbitro: Sr. Boedo Varela.Estivo ben aínda que algo tarxetero.

   Con esta vitoria, e, a falta de completar a 13ª xornada, á SCD Malpica, ascende varios postos na clasificación, deixando momentaneamente os últimos lugares.
   Esta xornada completarase o vindeiro sábado día 30-12-17.

   Sí se completou a xornada 10ª, aprazada o pasado día 10 dos Cadetes, quedando a clasificacion con se detalla:
 
      
 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

Partido aplazado da SCD Malpica da xornada 13ª:


    A SCD Malpica, tras acordo co Muxía CF, disputará hoxe sábado o partido aprazado, correspondente a xornada 13ª do 10-12-17, que non se puido celebrar debido ao cicloxéne, Anna:

    

2ª Autonómica Grupo II –1ª volta – Xornada 13ª:

Campo            :           “Arliña”   (Muxía, 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :           MUXÍA CF   SCD MALPICA  
Data e hora     :           Sábado: 23-12-17, 16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Santiago Boedo Varela, (Colexio A Coruña).

 Os malpicáns, trala derrota o pasado domingo fronte ao M. Louro (0-1), acuden ao campo da "Arliña", coa intención de recuperar os puntos perdidos, xa que se atopan inmersos no fondo da táboa e cada vez van quedando menos xornadas para alcanzar postos da zona mais tanquila.
A directiva malpicán, con ánimo de darlle moral aos futbolístas, sairán pola mañá concetrados e almorzarán todos xuntos nun restaurante preto de Muxía.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

domingo, 17 de diciembre de 2017

Liga da Costa, resultados e clasificacións:


    Unha de Cal e outra de Area para os dous equipos da SCD Malpica na xornada deste domingo do Nadal; a de Cal para os Cadetes que vencían formidablemente en Ponteceso, nun gran partido, a de Area para os Afeccionados, que caían na "Pedra Queimada" ante o Monte Louro, nun partido nos que os visitantes conseguían o gol do triunfo no único tiro á porta durante os noventa e cinco minutos que durou o partido, pero así é o fútbol.

  Tampouco mereceu moito mais á SCD Malpica, pois na primeira parte só creou unha ocasión de perigo no primeiro minuto de xogo por medio de Mante que solventou acertadamente o porteiro visitante. Na segunda parte e, tras o gol do Louro (Min. 47) volcouse sobre a portería visitante, pero as ocasións claras de Dani Casal (2) e unha de Cani, non conseguiron polo menos igualada que sería o mais xusto.

  Felicitacións para os cadetes que coa súa vitoria en Pontceso na última xornada da primeira volta, dalles moral para facer unha boa segunda volta.

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 16 de diciembre de 2017

Partidos para esta fin de semana da SCD Malpica:



2ª Autonómica Grupo II –1ª volta – Xornada 14ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”          (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                
Equipos           :          SCD MALPICA   MONTE LOURO
Data e hora     :           Domingo: 17-12-17, 16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. David Vázquez Lema, (Colexio A Coruña).
           
            1ª Autonómica Cadete – 1ª volta – Xornada 11ª: 

Campo            :           “O Pinguel”      (Ponteceso, 95,30 x 58,20, herba artificial)
Equipos           :           PONTECESO SD   SCD MALPICA
Data e hora     :           Domingo: 17-12-17, 12:00 horas
Árbitro            :           Sr. Carlos Cotelo Lafuente, (Colexio da Costa da Morte)


  •   NOTA:  En nota enviada pola Subdelegación da "Costa da Morte" da RFGF, aos clubes costeiros que teñen partidos pendentes de desputar, por motivo do cicloxénese "Ana" da xornada 13ª do 10-12-17, e, entre os que se atopa á SCD Malpica fronte ao Muxía CF, a data pròsposta pola citada subdelegación, é a do sábado 30-12-17, ás 16:00 horas.
  • Esta data pode ser modificada, se ambolos dous clubes acordan unha data distinta, pero sempre antes do 14-01-18, data do comezo da segunda volta.

               

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!



domingo, 10 de diciembre de 2017

Suspensión da xornada de todas ligas base::


   Á R.F.G.F., en comunicado a todos os clubes de Galicia, ven a suspender todos os partidos de competición que se deben celebrar no día de hoxe (10-12-17)a partires das 15:00 horas.

  As causas da suspensión parte da Secretaría Xeral para o Deporte Galego debído aos cicloxéneses que se esperan para atarde de hoxe, con ventos de mais de 120 Kms. hora.

 Así as cousas, só se celebrarán os partidos que están prevístos para antes das 15:00 horas.

 Noutro orde de cousas comunicar que, no único partido da "liga da costa" previsto e celebrado na tarde do sábado entre o UC Cee e o CD Baiñas, acabou co resultado de empate a un tanto.
  Publícanse os resultados dos partidos celebrados entre o sábado pola tarde e o domingo pola mañá, coas clasificacións actuais.

 
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

viernes, 8 de diciembre de 2017

Avance informativo da SCD Malpica:


   Esta mañá Na "Pedra Queimada", partido de Cadetes adiantado a xornada do domingo entre á SCD Malpica e o Corme CF.
 O partido acabou co seguinte resultado:

 SCD Malpica 0 - 2 Corme CF.

 Partido moi igualado onde os cormeláns se adiantaron na marcador no min. 3 de penalti, logo no min. 75, materializaron o segundo gol,cando os malpicáns buscaban o empate lanzados sobre o marco visitante.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

miércoles, 6 de diciembre de 2017

Partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:

     
        Partido asequible para os Cadetes da SCD Malpica, aínda que os cormeláns terán que dicir a última palabra, nesta 10ª xornada que se adianta oa venres pola mañá.
       Os Cadetes de "Esmorís" a medida que avanza a competición van collendo ritmo de xogo mellorando partido a partido. 

      Polo que respecta aos Afeccionados de "Repi", que xa lograron abandoar os postos de descenso, desprazaránse o vindeiro domingo a Muxía, para enfrontarse a un rival moi incómodo, que ademais, esta a ser a revelación da tempada. Os malpicáns estrearanse no flamante campo da "Arliña" inaugurado esta tempada.
 


2ª Autonómica Grupo II –1ª volta – Xornada 13ª:

Campo            :           “Municipal da Arliña”       (Muxía, 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :          MUXÍA CF – SCD MALPICA 
Data e hora     :           Domingo: 10-12-17, 16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Santiago Boedo Varela (Colexio A Coruña).
           
            1ª Autonómica Cadete – 1ª volta – Xornada 10ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           SCD MALPICA – CORME CF
Data e hora     :           Venres: 08-12-17, 12:00 horas
Árbitro            :           Sr. Pablo Rama Cotelo, (Colexio da Coruña)

                                         AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 3 de diciembre de 2017

Resultados da xornada na "liga da costa" Afeccionados e Cadetes:


  Traballada e moi sudada vitoria da SCD Malpica fronte á SD Coristanco esta tarde na "Pedra Queimada" (1-0), gol de Gustavo Andrés, peiteando o "coiro" coa testa no primeiro pau a saída dun saque de corruncho.

   O partido foi tan frio coma o tempo, sen moito ritmo, sobre todo por parte dos locais, os cales, ao lograr o gol tan cedo, (mín. 14), acomodouse e permitiu que os visitantes crearan un par de ocasións de gol nos últimos minutos, pero o porteiro local Anxo, estivo moi acertado, sobre todo nunha gran parada no tempo de desconto.

  Esta vitoria permite á SCD Malpica, abandoar o posto de faroliño vermello, despois de doce xornadas.

  Pola súa banda os Cadetes, segundo me informa o "míster" Esmorís, caeron derrotados ante o Concello da Zas por 2-0. Os malpicáns realizaron unha excelente segunda parte, pero a defensa local estivo moi contundente e superou aos dianteiros visitantes.

NOTA: Na táboa dos resultados e clasificación dos Cadetes, aparece o resultado que me facilitou o adestrador malpicán (2-0), pero na acta arbitral, único documento fehacente oficial, figura 0-0.(?)
 



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

 

miércoles, 29 de noviembre de 2017

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:



2ª Autonómica Grupo II –1ª volta – Xornada 12ª:

Campo             :           “Pedra Queimada”          (Malpica 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :           SCD MALPICA    SD CORISTANCO   
Data e hora     :           Domingo: 03-12-17, 16:00 horas.- 
Árbitro             :          Sr. José Manuel Liste Recarey, (Colexio A Coruña).
           
            1ª Autonómica Cadete – 1ª volta – Xornada 9ª:
Campo             :           “San Andrés”                (Zas 92 x 57, herba artificial)
Equipos           :           CD CONCELLO DE ZAS – SCD MALPICA
Data e hora     :           Domingo: 03-12-17, 12:00 horas
Árbitro             :           Sr. Daniel Martínez Freire, (Colexio da Costa da Morte)


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!