Unha de Cal e outra de Area para os dous equipos da SCD Malpica na xornada deste domingo do Nadal; a de Cal para os Cadetes que vencían formidablemente en Ponteceso, nun gran partido, a de Area para os Afeccionados, que caían na "Pedra Queimada" ante o Monte Louro, nun partido nos que os visitantes conseguían o gol do triunfo no único tiro á porta durante os noventa e cinco minutos que durou o partido, pero así é o fútbol.
Tampouco mereceu moito mais á SCD Malpica, pois na primeira parte só creou unha ocasión de perigo no primeiro minuto de xogo por medio de Mante que solventou acertadamente o porteiro visitante. Na segunda parte e, tras o gol do Louro (Min. 47) volcouse sobre a portería visitante, pero as ocasións claras de Dani Casal (2) e unha de Cani, non conseguiron polo menos igualada que sería o mais xusto.
Felicitacións para os cadetes que coa súa vitoria en Pontceso na última xornada da primeira volta, dalles moral para facer unha boa segunda volta.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!