Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 3 de diciembre de 2017

Resultados da xornada na "liga da costa" Afeccionados e Cadetes:


  Traballada e moi sudada vitoria da SCD Malpica fronte á SD Coristanco esta tarde na "Pedra Queimada" (1-0), gol de Gustavo Andrés, peiteando o "coiro" coa testa no primeiro pau a saída dun saque de corruncho.

   O partido foi tan frio coma o tempo, sen moito ritmo, sobre todo por parte dos locais, os cales, ao lograr o gol tan cedo, (mín. 14), acomodouse e permitiu que os visitantes crearan un par de ocasións de gol nos últimos minutos, pero o porteiro local Anxo, estivo moi acertado, sobre todo nunha gran parada no tempo de desconto.

  Esta vitoria permite á SCD Malpica, abandoar o posto de faroliño vermello, despois de doce xornadas.

  Pola súa banda os Cadetes, segundo me informa o "míster" Esmorís, caeron derrotados ante o Concello da Zas por 2-0. Os malpicáns realizaron unha excelente segunda parte, pero a defensa local estivo moi contundente e superou aos dianteiros visitantes.

NOTA: Na táboa dos resultados e clasificación dos Cadetes, aparece o resultado que me facilitou o adestrador malpicán (2-0), pero na acta arbitral, único documento fehacente oficial, figura 0-0.(?)
 



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!