Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 29 de abril de 2018

Avance informativo:


Terceira xornada da "copa da costa" de Cadetes, os rapaces malpicáns, conseguiron o primeiro punto da competición, empatando a dous goles co Cabana SD, despois de ir gañando a maior parte do encontro, os cabaneses, igualaron no último minuto.

Os goles malpicáns foron conseguidos por Luís Manuel (Luisiño).

"POR FIN"  á SCD Malpica, conseguiu a salvación matemática de descenso a 3ª Autonómica, para elo tivo que vencer na última xornada a unha correosa UD Cerqueda, que loitou durante todo partido para alcanzar un mellor resultado.

Goleadores: 0-1, min. 31: Javi. 1-1, min. 42, Jordan, de testarazo. 2-1, min. 77: Ures, tras recoller un rexeite do poste a tiro de D. Casal.



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

viernes, 27 de abril de 2018

Partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:

  Última xornada da "liga da costa" da tempada 2017/18, á SCD Malpica tócalle pechar a competición ligueira, fronte á UD Cerqueda, equipo este, que tras unha regular tempada, conseguiu alcanzar a meta proposta que se trazou ao inicio da liga, que non era outro que manterse na categoría. Algo que non se pode dicir da SCD Malpica, pois en calidade de equipo da capital do Concello, sempre aspira ao máximo, aínda que este ano non se deron esas circunstancias, e foron os nosos veciños os que levaron maior regularidade na campionato.
  O partido, debído a rivalidade existente entre os futbolistas e afeccións, pois ao fin e a cabo trátase dun "derbi" de carácter local, xa que ambos equipos pertence ao mesmo municipio, preséntase moi igualado, dado o posto que ambos ocupan na táboa, só separados por un punto a favor da U.D. (38 e 37). 
  Espérase un grande afluencia de público e sobre todo unha grande deportividade entre ambas afeccións, e despois que gañe o mellor.

  Os Cadetes de "Esmoris", disputan fronte ao Cabana a 3º xornada da "copa da costa", non teñen outra alternativa que puntuar se non queren verse apeados da competición, por elo porán toda a carn no asador para sacar o partido adiante.

   Tamén o vindeiro martes dái un, comeza para á SCD Malpica a "copa da costa" enfróntandose na "Pedra Queimada" ao CD Baio, clube de 1ª Autonómica, un rival con moita solera.
    
     Os veteranos do malpica, viaxan a Xaviña, a enfrontarse na penúltima xornada de liga ao Buño.
 Véxase a continuación o cadro de partidos, horarios e árbitros para os distintos encontros:

2ª Autonómica Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 30ª (Última):

Campo            :           “Pedra Queimada””       (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :           SCD MALPICA   UD CERQUEDA
Data e hora     :           Domingo: 29-04-18, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Aitor Maneiro Santos, (1ª Aut. Colexio da Coruña)
           
“Copa da Costa” de Cadetes- Eliminatoria POLO SISTEMA DE LIGA Grupo 1º -  3ª xornada:
Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)      
Equipos           :           SCD MALPICA – CABANA SD
Data e hora     :           Domingo: 29-04-18, 11:00 horas.
Árbitro            :           Sr. Iván Ferreiro Santos, (Colexio da Costa da Morte)

XV Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – Xornada 29ª:

Campo            :           “Xaviña”           (Buño, 99 x 60, herba artificial)
Equipos           :           BUÑO – MALPICA    
Datas e hora    :           Domingo: 29-04-18, 10:00 Horas.-
Árbitro            :           Sr. .-

               “LV” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, Dezaseisavos de final:

Campo            :           “Pedra Queimada”   (Malpica, 100 x 60, herba artificial)           
Resultado        :           SCD MALPICA – CD BAIO
Data e hora     :           Martes: 01-05-18, 17:00 horas           
Árbitro :           :           Sr. David Vázquez Lema, (1ªAut.-Colexio da Coruña).

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!



 

domingo, 22 de abril de 2018

Marcadores da liga da costa, copa e Cadetes::

   
    Valioso punto conseguido pola SCD Malpica en Monte Louro, que o libra xa de todo perigo de descenso a Terceira Autonómica matemáticamente.
    Goleadores: 0-1, min. 10: Dani Casal de penalti. 0-2, m. 30: Capelán. 1-2, m. 33: Antonio Martínez. 2-2, m. 43: Adrián García de penalti.
 
    Nos encontros de volta da fase previa da "copa da costa", dalle a clasificación para dezaseisavos ao SP. Seaia CF e á UD Corcubión.

   Na copa da "costa" de Cadetes (Grupo 1º sistema de liga) os rapaces de Esmoris, caeron derrotados  no último min. ante o CDS Sofán (4-3).
   Os goleadores da SCD Malpica foron: Raúl, 2 e Luisiño, de penalti.
   
    Veteranos: Leiloio 1 - 0  Malpica


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

Promoción de ascenso a "Liga da Costa":

Partido Ida:CF Porteño 1-1 SD Ameixenda

viernes, 20 de abril de 2018

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:

    Penúltima xornada da "liga da costa" esta fin de semana, correspóndelle á SCD Malpica desprazarse a Louro-Muros, onde se enfrontará nun partido a cara de can ao Monte Louro.
   Ambos os dous equipos, se disputarán a posibilidade de quedar libres matemáticamente dun posible arrastre que poida producirse nas cinco últimas xornadas que restan da 1ª Autonómica, a cargo da SD Fisterra ou CD Baio. Esperemos que, cun reparto de puntos sexa abondo para ambos os dous equipos.
    Os Cadetes malpicáns visitan Carballo, na segunda xornada copeira para enfrontarse ao CD Sofán, no anexo ás Eiroas.
      Esperamos que o equipo de "Esmoris" rompa a mala racha de  cinco derrotas consecutivas.
 

2ª Autonómica Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 29ª:

Campo            :           “Agra da Filgueira”       (Louro, 99 x 59, herba artificial)                       
Equipos           :           U.D.MONTE LOURO   SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: 22-04-18, 18:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Mª Ánxeles Suárez Santos, (Colexio de Boiro)
           
“Copa da Costa” de Cadetes- Eliminatoria POLO SISTEMA DE LIGA Grupo 1º -  2ª xornada:
Campo            :           “Anexo As Eiroas”        (Carballo, 95 x 55, herba artificial)           
Equipos           :           C.S.D. SOFÁN – SCD MALPICA
Data e hora     :           Domingo: 22-04-18, 10:00 horas.
Árbitro            :           Sr. Iván Ferreiro Santos, (Colexio da Costa da Morte)

XV Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – Xornada 28ª:

Campo            :           “Feira Nova”     (Leiloio, 90 x 45, herba natural)
Equipos           :           LEILOIO – MALPICA    
Datas e hora    :           Domingo: 22-04-18, 11:00 Horas.-
Árbitro            :           Sr. Gerardo.-

                                                  AGORA E SEMPRE XA SCD MALPICA !

domingo, 15 de abril de 2018

Resultados e clasificacións "liga e copa da costa":


      Non conseguíu aínda á SCD Malpica matemáticamente a permanenza na "liga da costa", polos posibles arrastres da 1ª Autonómica, pois o perigo nestes intres, está na SD Fisterra, que pode determinar un cuarto arrastre, o terceiro xa o determina practicamente o San Lourenzo de Berdillo, aínda que nada é definitivo, xa que tamén podería evitalo o posible ascenso do subcampión na promoción ante o subcampión do Grupo 1º da segunda Autonómica.

   En canto ao partido disputado esta tarde na "Pedra Queimada" ante o Muxía CF, sorprendeu moito o clube muxián, equipo por certo que veu acompañado dunha chea de seguidores.
  
   E digo que sorprendeu, pola grande intensidade despregada a longo de todo encontro, ata o punto de acabar con tres expulsados e unha morea de tarxetas amarela, nun partido qué, debido ao posto da táboa que ocupaba,(5ºlibre de todo perigo e cos deberes feitos)relizasen os seus futbolistas e o corpo técnico, semellante tangana a falta de cinco minutos para o final, con empate a dous goles e sin ser nunha xogada conflitiva de anulaciòn de gol ou a non sinalización dun penalti (?).

   Goleadores: 0-1, min. 48: o futbolista local Capelán preto da área intenta burlar a entrada dun contraio, perde o coiro que chega aos dominios de Manu Nogueira, o cal dende o punto de penalti bate a Anxo. 0-2, min. 52: desta vez o que quere facer marabillas é o central Dimitri, perde a bola ante Mauro Romaní que só ante Anxo manda o coiro á Rede. 1-2, min. 58: pase por enriba da defensa de Vituco sobre Gonzalo, este ao querer rematar e derrubado por un defensor, o claro penalti, tranfórmao Dani Casal. 2-2, min.74: falta lateral botada por Dani Casal que se cola na portería visitante. 
    
   Ao final continuaron os malos modos de algún futbolista visitante, que acabaron rompendo um vidro da porta do seu vestiario, tal como sinala o árbitro na acta.

    Comezaron os Cadetes a "copa da costa", recibindo á SCD Malpica un duro correctivo por parte do Corme CF.
    A continuación, publícanse os resultados e clasificación da primeira xornada.

    Tamén comezou a "copa da costa" de Afeccionados disputándose unha eliminatoria previa,dándose os resultados que se detallan.

     Igualmente se disputaron os partidos de volta da promoción de ascenso a Segunda Autonómica da "costa", resultados que se ofrecen a continuación, e nos que se clasifican para a final o Porteño e o Ameixenda.
Resultados:Cabana SD 1-2 Porteño
        SD Ameixenda 1-0 Camelle
 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


 

viernes, 13 de abril de 2018

      Visita este domingo a "Pedra Queimada" o Muxía CF, equipo que xa ten feitos os deberes de permancencia. Á SCD Malpica, que esta tan so a unha vitoria de lograr o seu abxetivo, por aquilo do posible arrastre que poida ocasionar á SD San Lorenzo, confía materializala fronte ao Muxía CF, que non se xoga nada mais ca "honrrilla" de loitar deportivamente por non perxudicar intereses de outros equipos da táboa.
        Así as cousas, e, tras o sufrido triunfo en Coristanco, os homes de "Repi", que para este choque non podrá contar con Juan Fuentes sancionado, farán o posible para lograr os tres puntos que lles den a suficente tranquilidade para disputar con tranquilidade as dúas última xornadas.
         
          Tamén o vinceido domingo, comezan as copas da "Costa" na categoría de Cadetes e de Afeccionados, o rival da SCD Malpica será o Corme CF, en Cadetes e á de Afeccionados dispútase unha previa cos equipos que se indican no cadro adxunto.


2ª Autonómica Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 28ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :           SCD MALPICA   MUXÍA CF 
Data e hora     :           Domingo: 15-04-18, 17:30 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Pablo Rei Rodríguez, (Colexio da Coruña)
           
“Copa da Costa” de Cadetes- Eliminatoria POR SISTEMA DE LIGA Grupo 1º:
Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)      
Equipos           :           SCD MALPICA – CORME CF
Data e hora     :           Domingo: 15-04-18, 11:00 horas.
Árbitro            :           Sr.  Juan Marcos Ríos Suárez, (Colexio da Costa da Morte)

Igualmente, sóganse os partidos de volta da promoción de ascenso a 2ª Autonómica:
CF Porteño - Cabana SD  (2-2 na ida)
Camelle SD -  SD Ameixenda  (1-1 na ida)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!