Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 27 de abril de 2018

Partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:

  Última xornada da "liga da costa" da tempada 2017/18, á SCD Malpica tócalle pechar a competición ligueira, fronte á UD Cerqueda, equipo este, que tras unha regular tempada, conseguiu alcanzar a meta proposta que se trazou ao inicio da liga, que non era outro que manterse na categoría. Algo que non se pode dicir da SCD Malpica, pois en calidade de equipo da capital do Concello, sempre aspira ao máximo, aínda que este ano non se deron esas circunstancias, e foron os nosos veciños os que levaron maior regularidade na campionato.
  O partido, debído a rivalidade existente entre os futbolistas e afeccións, pois ao fin e a cabo trátase dun "derbi" de carácter local, xa que ambos equipos pertence ao mesmo municipio, preséntase moi igualado, dado o posto que ambos ocupan na táboa, só separados por un punto a favor da U.D. (38 e 37). 
  Espérase un grande afluencia de público e sobre todo unha grande deportividade entre ambas afeccións, e despois que gañe o mellor.

  Os Cadetes de "Esmoris", disputan fronte ao Cabana a 3º xornada da "copa da costa", non teñen outra alternativa que puntuar se non queren verse apeados da competición, por elo porán toda a carn no asador para sacar o partido adiante.

   Tamén o vindeiro martes dái un, comeza para á SCD Malpica a "copa da costa" enfróntandose na "Pedra Queimada" ao CD Baio, clube de 1ª Autonómica, un rival con moita solera.
    
     Os veteranos do malpica, viaxan a Xaviña, a enfrontarse na penúltima xornada de liga ao Buño.
 Véxase a continuación o cadro de partidos, horarios e árbitros para os distintos encontros:

2ª Autonómica Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 30ª (Última):

Campo            :           “Pedra Queimada””       (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :           SCD MALPICA   UD CERQUEDA
Data e hora     :           Domingo: 29-04-18, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Aitor Maneiro Santos, (1ª Aut. Colexio da Coruña)
           
“Copa da Costa” de Cadetes- Eliminatoria POLO SISTEMA DE LIGA Grupo 1º -  3ª xornada:
Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)      
Equipos           :           SCD MALPICA – CABANA SD
Data e hora     :           Domingo: 29-04-18, 11:00 horas.
Árbitro            :           Sr. Iván Ferreiro Santos, (Colexio da Costa da Morte)

XV Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – Xornada 29ª:

Campo            :           “Xaviña”           (Buño, 99 x 60, herba artificial)
Equipos           :           BUÑO – MALPICA    
Datas e hora    :           Domingo: 29-04-18, 10:00 Horas.-
Árbitro            :           Sr. .-

               “LV” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, Dezaseisavos de final:

Campo            :           “Pedra Queimada”   (Malpica, 100 x 60, herba artificial)           
Resultado        :           SCD MALPICA – CD BAIO
Data e hora     :           Martes: 01-05-18, 17:00 horas           
Árbitro :           :           Sr. David Vázquez Lema, (1ªAut.-Colexio da Coruña).

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!