Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 8 de abril de 2018

Liga da Costa, resultados e clasificacións:


     Gran vitoria da SCD Malpica no campo da "Rocheira" fronte ao Coristanco, este triunfo, da virtualmente a salvación ao equipo malpicán, xa que a falta de tres xornadas, (quedan por xogarse 9 puntos) xa no no poden alcanzar os dous últimos clasificados (Outes CF e CamariñasFC) con 25 e 26 puntos respectivamente, dado que o golaveraxe co Camariñas favorece á SCD Malpica.

      O partido estivo moi disputado, cun Malpica moito mais técnico pero cun conxunto local con moita intensidade, vendendo moi cara a súa derrota.
       
       Goleadores: 0-1, min. 46: Dani Casal dun acertado remate de cabeza a centro de Eiroa. 0-2, min. 76: xogada iniciada por Gonzálo, combinación con Vituco, pase profundo sobre Dani Casal que este cruza moi ben a rede ante a desesperada saída do porteiro local.

 Resultados da xornada e clasificacións, así como os partidos de promoción de ascenso a 2ª Autonómica:
 Promoción: CD Porteño 2 - 2 Cabana SD
               Camelle SD 1 - 1 SD Ameixenda 

VETERANOS: Nantón  5 - 3  Malpica
Goles Malpica: Abel, Arcay, Mútio (p)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!