Xornada moi importante esta núm. 27ª da "Liga da Costa", onde se xogan partidos moi importantes, sobre todo para escaparse dos postos de descenso, así, á SCD Malpica, ten un desprazamento a Coristanco que, aínda que non é vital para ambos, sí é moi importante para calquera deles para achegarse aos 35 puntos, que posiblemente sexan os que den a salvación da categoría.
Outros partidos bastantes decisivos son os que disputan UC Cee-Sp. Zas, UD Cerqueda-CD Baiñas, M. Louro-Lira, Camariñas Esteirana e Muxía- Buño.
Este domingo, tamén comezan as promocións de ascenso dos equipos da 3ª Autonómica, os cales osw partidos de ida son: Porteño - Cabana e Camelle-Ameixenda.
Os cadetes da SCd Malpica, darán comezo a "Copa da Costa" o domingo 15-04-18, sendo o primeiro enfrontamento para á SCd Malpica, fronte ao Corme CF, que visitará a "Pedra Queimada".
2ª Autonómica Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 27ª:
Campo : “A Rocheira” (Coristanco,
93,10 x 54, herba artificial)
Equipos : SD CORISTANCO – SCD MALPICA
Data e
hora : Domingo: 08-04-18, 18:30 horas.-
Árbitro : Sr. Héctor Pérez Álvarez, (Colexio da Coruña)
XV Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – Xornada 26ª:
Campo : “As Fontiñas” (Nantón,
105 x 66, herba natural)
Equipos :
NANTÓN – MALPICA
Datas e
hora : Domingo:
08-04-18, 10:30 Horas.-
Árbitro : Sr. Castro.-