Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 15 de abril de 2018

Resultados e clasificacións "liga e copa da costa":


      Non conseguíu aínda á SCD Malpica matemáticamente a permanenza na "liga da costa", polos posibles arrastres da 1ª Autonómica, pois o perigo nestes intres, está na SD Fisterra, que pode determinar un cuarto arrastre, o terceiro xa o determina practicamente o San Lourenzo de Berdillo, aínda que nada é definitivo, xa que tamén podería evitalo o posible ascenso do subcampión na promoción ante o subcampión do Grupo 1º da segunda Autonómica.

   En canto ao partido disputado esta tarde na "Pedra Queimada" ante o Muxía CF, sorprendeu moito o clube muxián, equipo por certo que veu acompañado dunha chea de seguidores.
  
   E digo que sorprendeu, pola grande intensidade despregada a longo de todo encontro, ata o punto de acabar con tres expulsados e unha morea de tarxetas amarela, nun partido qué, debido ao posto da táboa que ocupaba,(5ºlibre de todo perigo e cos deberes feitos)relizasen os seus futbolistas e o corpo técnico, semellante tangana a falta de cinco minutos para o final, con empate a dous goles e sin ser nunha xogada conflitiva de anulaciòn de gol ou a non sinalización dun penalti (?).

   Goleadores: 0-1, min. 48: o futbolista local Capelán preto da área intenta burlar a entrada dun contraio, perde o coiro que chega aos dominios de Manu Nogueira, o cal dende o punto de penalti bate a Anxo. 0-2, min. 52: desta vez o que quere facer marabillas é o central Dimitri, perde a bola ante Mauro Romaní que só ante Anxo manda o coiro á Rede. 1-2, min. 58: pase por enriba da defensa de Vituco sobre Gonzalo, este ao querer rematar e derrubado por un defensor, o claro penalti, tranfórmao Dani Casal. 2-2, min.74: falta lateral botada por Dani Casal que se cola na portería visitante. 
    
   Ao final continuaron os malos modos de algún futbolista visitante, que acabaron rompendo um vidro da porta do seu vestiario, tal como sinala o árbitro na acta.

    Comezaron os Cadetes a "copa da costa", recibindo á SCD Malpica un duro correctivo por parte do Corme CF.
    A continuación, publícanse os resultados e clasificación da primeira xornada.

    Tamén comezou a "copa da costa" de Afeccionados disputándose unha eliminatoria previa,dándose os resultados que se detallan.

     Igualmente se disputaron os partidos de volta da promoción de ascenso a Segunda Autonómica da "costa", resultados que se ofrecen a continuación, e nos que se clasifican para a final o Porteño e o Ameixenda.
Resultados:Cabana SD 1-2 Porteño
        SD Ameixenda 1-0 Camelle
 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!