Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 31 de julio de 2015

Actualidade da SCD Malpica:



XXVII Edición da “Copa Deputación” da Coruña. Dezaseisavos de final:
Campo:            :           “Elviña Grande”  (A Coruña)
Equipos           :           SP. CIDADE A.C. Y D.     SCD MALPICA  
Data e hora      :           Domingo: 02-08-15, 20:00 horas. 
Árbitro:            :           Sr. Méndez Bouza, Alejandro    (1ª Aut.- Ferrol)
Asistentes        :           Sres. Bejarano Estepa e Moya Veiga    (1ª e 2ª Aut.-Ferrol).
Comentario      :           Logo de deixar na cuneta a todo un subcampión da “copa da costa” (Corme CF), á SCd Malpica, disponse a disputar o os dezaseisavos de final, desta vez desprázase a capital da provincia (A Coruña), para enfrontarse a o SP. Cidade AC y D., que acaba de eliminar a todo un poderoso Orillamar SD.
            O partido, que contará coa baixa por sanción de Martín Mara, para os malpicáns, contará igualmente coa baixa de Méndez Mangana, por parte local.
            A afección malpicán, acudirá en masa a apoiar ao equipo, co ánimo de que poida pasar aos oitavos de final, e deste xeito sumar uns ingresos que lle son moi necesario a nova xunta directiva de cara ao inicio da tempada que se aveciña.

            AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 30 de julio de 2015

Crónica do partido da "Copa Deputación".



 “XXVII Edición da “Copa Deputación da Coruña, 1ª Eliminatoria:
Resultado:         SCD MALPICA  2-1   CORME CF
SCD MALPICA: Asier; Dígama, Rubén, (Víctor, 73), Alberto, Carlos, (Eloy,46), Eme, Eloy Vilas, © Martín Uru, Martín Mara, Petís, (Charro, 46), Juny, (Sergio, 79).
CORME CF:  Javi; Joshua, (Eloy,78), Dani, Miguel Torrado, Pandi, Sergio Sueiro, (Samu, 80), Juan Chans, Diego, (Brais Torrado, 73), Toniño, Lucas,©, Brais Corral.
Árbitro:            Sr. Acuña Piñeiro.- (1ª Aut.- A Coruña). Comezou ben pero acabou desacertado. Os cormeláns, protestaron o primeiro gol malpicán e os locais o segundo penalti sinalado.
Asistentes:       Sres. Giraldez Teixeira e Regos Martínez. (2ª Aut. A Coruña). Correctos.
Goleadores:     0-1, m. 42: Toniño, faille un recorte a Rubén dentro da área e este derrúbao,Toniño, transfórmao. 1-1, m. 45: pase en profundade de Dígama sobre Juny, que este resolve dun tiro cruzado ao poste dereito de Javi. 2-1, m. 74: combinación Charro, Juny, Charro, que o malpicán moi habilmente envía ao poste esquerdo salvando a Javi.
Ambiente e incidencias:   Moi preto de 200 seareiros nas bancadas, deixándose sentir un nutrido grupo de Corme. Tarde noite nubrada con lixeiro vento do norte e 18º de temperatura. Expulsado o local Martín Mara, con dobre amarela.      
Xogadas perigosas da SCD Malpica: M. 13: o central Alberto, recolle un rexeite en curto da defensa na media lúa e de potente volea envía ao traveseiro da portería de Javi. M. 59: rápido contraataque de Juny, que dende 25 metros e con Javi adiantado, tira lambendo o traveseiro. M. 63: colada de Martín Uru pola esquerda o seu centro empálmao Juny, lambendo o poste. M. 76: xogada de Charro, por banda, centra sobre Eme, este cede atrás a Dígama, que empalma a ras do poste dereito.
Xogadas perigosas do Corme CF: M. 6: colada de Juan Chans, cun tiro moi colocado que Asier desbarata nunha gran intervención. M. 12: man a man de Juan Chans, con Asier, pero o porteiro malpicán atalla o “coiro”. M. 39: saque rápido de falta de Lucas sobre Juan Chans, este plántase ante Asier, e o porteiro malpicán realiza unha gran parada. M. 58: gran xogada de Lucas, con pase en profundidade sobre Sergio Sueiro, o tiro deste desbarátao de novo Asier. M. 85: cos cormeláns a desesperada en busca da igualada, Miguel Torrado, envía un centro sobre o punto de penalti, Samu intenta rematar da cabeza, e choca con Alberto, o árbitro estima penalti que é moi protestado polos locais, finalmente lanza Toniño, pero Asier, realiza un paradón.
Comentario:     Partido non acto para cardíacos, entre dous equipos lanzados en busca da vitoria, con algo de mellor fútbol trenzado dos cormeláns pero contrarrestado pola entrega dos malpicáns, que tamén souberon realizar xogadas de mérito. Ao final, despois dun trepidante partido cheo de emoción, que satisfixo aos afeccionados dos dous bandos, pois nos faltou de case de nada, incluídos penaltis, a SCD Malpica, alzouse coa vitoria que puido caer de calquera bando, pero o fondo físico dos malpicáns foi determinante. Decisiva tamén foi a gran actuación do porteiro malpicán ASIER.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

martes, 28 de julio de 2015

Actualidade da SCd Malpica (Urxente):

Tralo fallo do Comité Territorial de Disciplina Deportiva, na su xuntanza de data de hoxe, dando como vencedor ao Corme CF, por aliñación indebida da SCRD Esteirana, no seu enfrontamento da fase previa da "XXVII Copa Deputación da Coruña" e que acabara coa victoria do equipo visitante por penaltis, se lle informa aos socios, afeccionados da SCD Malpica, e,  a todos os lectores deste blogue, que definitivamente o partido da Primeira Eliminatoria vaise a celebrar no campo de "Pedra Queimada" mañá mércores, día 29-07-15, as 20:00 horas.-             Aliñación da SCD Malpica na pasada
o rival será o Corme CF.-                                                                                "Copa Deputación" fronte ao CF Dumbría


Árbitro:             Sr. Acuña Peñeiro  (1ª Autonómica-A Coruña).
Asistentes:      Sres. Giráldez Teixeira e Regos Martínez (tamén do colexio da Coruña)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 


Competicións de liga para a tempada 2015/16:

Celebrada na tarde noite de onte (27-07-15), reunión no salón de Actos do Pabillón Deportivo de Baio, para definir os Grupos de Competición dos equipos "costeiros" para a vindeira tempada 2015/16, á que acudiron, por parte Federativa, o Vicesecretario da FGF. D. Benjamín Amido, e, en representación dos 38 clubes costeiros estiveron presentes 25, faltando a cita 13 clubes.

Logo de, por parte do Sr. Amido, dar as grazas pola asistencia, comezou a reunión, expoñendo o representante da UD Corcubión, o seu malestar por como queda a competición do Grupo 4º da 3ª Autonómica, e, mais agora pois se antes eran 10 equipos, coa retirada do Agualada, só quedan 9. O tema competicional desta categoría, tratarase nuha vindeira e nova reunión que se celebrará con tan só os 9 representantaes dos clubes implicados e que son os que se lle mostran en cadro a parte.

Seguindo a orde do día, comezaron as peticións dos equipos da 2ª Autonómica para horarios e.t.c.. O comezo da "liga da costa", será a do 05-09-15, rematándo o 8-05-16. Non haberá xornadas 0 27 do Nadal e 0 27 de marzo (semana santa).

Os dous Grupos de xuvenís, compostos de 9 equipos o 2º (troca de Grupo o Muxía CF) e 10 equipos o 3º (retírase á SD Laxe). O comezo da 1ª Fase, será o 05-09-15 rematándo o 09-01-16. Non haberá xornadas o 26 do Nadal e o 2 de xaneiro, celebrándose unha xornada en martes (08-12-15).

No Grupo 2º de Cadetes, en principio, haberá 16 equipos (retirouse o Muxía CF). O comezo da tempada será o 12-09-15 e o final o 23-04-16. Sen xornadas polo Nadal (26/12 e 02 de xaneiro, así como o 26 de marzo (Semana Santa).
Os infantís comezarán o 13-09-15 rematándo o 24-04-16.-
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 





 

sábado, 25 de julio de 2015

Actualidade da SCD Malpica:



XXVII Edición da “Copa Deputación” da Coruña. 1ª Eliminatoria:
Campo:            :           “Pedra Queimada”  (100 x 60)  (Malpica)
Equipos           :           SCD MALPICA –  SCRD ESTEIRANA  (1-1, gañoulle ao Corme CF, por penaltis,)
Data e hora      :           Mércores: 29-07-14, 19:00 ou 20:00 horas. 
Árbitro:            :           Sr.                    (1ª Aut.- A Coruña)
Asistentes        :           Sres.                ( Aut.-A Coruña).
Comentario      :           Comeza unha nova tempada de fútbol, a 2015/2016, e comeza para SCD Malpica, cun enfrontamento o vindeiro mércores día 29 contra á SCRD Esteirana, que derrotou ao Corme CF, actual subcampión da "copa da costa" (dende o punto de penalti, 1-1) na previa da XXVII EDICIÓN DA “COPA DEPUTACIÓN” DA CORUÑA.
            A SCD Malpica, preséntase esta tempada totalmente remozada, tanto a nivel de directiva como de adestrador e de futbolistas, pois si a D. Marco Atº. Pose García o substitúe no cargo de presidente, D. Manuel Suárez Cotelo, no que se refire ao adestrador e a futbolistas, houbo un troco practicamente total, dado que da plantilla da tempada pasada, só quedan tres: o porteiro Ángel e os dianteiros Petís e Martín Mara, o novo adestrador é D. José Mª Rivadulla Romero, (CHEMA RIVADULLA), cunha titulación de Nivel III. Así, a plantilla, que aínda non esta totalmente pechada, queda como segue:
Porteiros:    Asier, (C.m.Caión). Víctor, (Buño) e Ángel.
Defensas:    Martín Uruguaio, Rubén, Eloy, (Buño).
Medios:      Eloy Vilas, (Baiñas). Alberto Verdes, (Cerqueda). Diego Martínez, Eme, Adra, (Sp. Seaia).       
Dianteiros:    Martín Mara, Petís, Charro, (Buño). Juni, (S. Seaia). Carlos Mallo. (retorna).
Completan momentaneamente este plantel os xuvenís: Álvaro, Sergio e Jorge.
                        A xunta directiva, continúa facendo xestións para intentar incorporar algún elemento futbolístico mais á plantilla antes de que finalice o prazo de fichaxes para esta 1ª eliminatoria da “Copa Deputación”, e, por suposto, durante todo mes de Agosto para a vindeira tempada. 
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!   

     

    ÚLTIMA HORA :
                                           Segundo se puido saber por informes recabados a nivel Federativo, o Corme CF, impugnou en tempo e forma o resultado do partido da "Copa Deputación" da Coruña, celebrado o pasado domingo no campo do "Cairo", por non ter a SCRD Esteirana, as Licenzas Federativas debidamente dilixenciadas para poder tomar parte nesta competición, tal como recolle a Norma Terceira da circular elaborada pola F.G.F.  de data 22 de Xullo do 2015.

O resultado do partido foi de empate a un tanto, clasificándose por penaltis a SCRD Esteirana.

Ante esta impugnación, a SCD Malpica, queda a espera da resolución que adopte o Comité Territorial de Competición e Disciplina da FGF, para coñecer o rival ao que se ten que enfrontar o vindeiro mércores día 29-07-15 ás 19:00 horas. De calquera xeito, á Directiva da SCD Malpica, esta afacer xestións con ambos equipos rivais, para trocar o partido para o Xoves ás 20 horas, algo que de momento esta en "Stambay" ata coñecer definitivamente o rival.

A resolución do Comité, de primeiro, esta prevista para á reunión que celebrará mañá ao medio día.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

miércoles, 22 de julio de 2015

XXVII "Copa Deputación da Coruña" resultado do sorteo:

Esta mañá na sede da Deputación da Coruña, celebrouse o sorteo para

emparellar aos equipos que toman parte na XXVII edición da "Copa

Deputación", copa, na que participan 54 equipos, (Retiráronse, CD Dorneda e

Narón B. Piñeiros) repartidos nas categorías seguintes:



3 de 2ª B: Racing. de Ferrol, SD Compostela e UD Somozas.

9 de 3ª División:  CD Boiro, Laracha CF, Bergantiños CF, Bertamiráns CF, RC 

Deportivo "B", Ordes SD, CCD Cerceda, CD As Pontes e Silva SD.

12 de Preferente Autonómica e 30 de Primeira Autonómica 


Os premios a repartir son:  

Por participar, para a 2ª B:  1.850,00 euros

Por participar, para 3ª División:  1.300,00 euros.

Por participar, para Preferente Autonómica: 750,00 euros

Por participar, para 1ª Autonómica:  450,00 euros.

Por partido gañado na fase previa: 750,00 euros e perdido, 375:00 euros.

Gañado na 1ª Eliminatoria: 750,00 e 375,00 euros, respectivamente.

Dezaseisavos: Gañado, 1.100,00 euros, perdido, 600,00 euros.

Oitavos: Gañado, 1.500,00 euros, perdido, 900,00 euros.

Cuartos: 2.000,00 e 1.500,00.

Semifinais: 2.400,00 e 1.900,00.

Final: 8.000,00 e 4.000,00.

Os prezos das arbitraxes, será, 191,00 euros, todo a cargo da Deputación.

A continuación refléxase en cadro a parte os emparellamentos dos equipos da 

"Costa": 
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!