“XXVII
Edición da “Copa Deputación da Coruña, 1ª Eliminatoria:
Resultado: SCD MALPICA 2-1
CORME CF
SCD MALPICA: Asier; Dígama, Rubén, (Víctor,
73), Alberto, Carlos, (Eloy,46), Eme, Eloy Vilas, © Martín Uru, Martín Mara,
Petís, (Charro, 46), Juny, (Sergio, 79).
CORME CF: Javi; Joshua, (Eloy,78),
Dani, Miguel Torrado, Pandi, Sergio Sueiro, (Samu, 80), Juan Chans, Diego, (Brais
Torrado, 73), Toniño, Lucas,©, Brais Corral.
Árbitro: Sr. Acuña Piñeiro.- (1ª Aut.- A Coruña). Comezou ben pero acabou
desacertado. Os cormeláns, protestaron o primeiro gol malpicán e os locais o
segundo penalti sinalado.
Asistentes: Sres. Giraldez Teixeira e Regos Martínez. (2ª Aut. A Coruña). Correctos.
Goleadores: 0-1, m. 42: Toniño, faille un recorte a Rubén dentro da área e este derrúbao,Toniño, transfórmao. 1-1,
m. 45: pase en profundade de Dígama sobre Juny, que este resolve dun tiro
cruzado ao poste dereito de Javi. 2-1, m. 74: combinación Charro, Juny, Charro, que
o malpicán moi habilmente envía ao
poste esquerdo salvando a Javi.
Xogadas perigosas da SCD Malpica: M. 13: o central Alberto, recolle un rexeite en curto da defensa na media lúa e de
potente volea envía ao traveseiro da portería de Javi. M. 59: rápido contraataque de Juny, que dende 25 metros e con Javi
adiantado, tira lambendo o traveseiro. M.
63: colada de Martín Uru pola esquerda
o seu centro empálmao Juny, lambendo o poste. M. 76: xogada de Charro, por banda, centra sobre Eme, este cede
atrás a Dígama, que empalma a ras do poste dereito.
Comentario: Partido non acto para cardíacos, entre dous equipos lanzados en busca da vitoria, con algo de mellor fútbol
trenzado dos cormeláns pero contrarrestado pola entrega dos malpicáns, que
tamén souberon realizar xogadas de mérito. Ao final, despois dun trepidante
partido cheo de emoción, que satisfixo aos afeccionados dos dous bandos, pois
nos faltou de case de nada, incluídos penaltis, a SCD Malpica, alzouse coa
vitoria que puido caer de calquera bando, pero o fondo físico dos malpicáns foi
determinante. Decisiva tamén foi a gran actuación do porteiro malpicán ASIER.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!