Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

lunes, 26 de junio de 2017

Cuadro resultados da "costa"



“LIV” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, final:

Campo            :           “San Paio de Refoxos”   (104 x 68, herba artificial, Cee)  
Resultado        :           SD FISTERRA   1 0  CF DUMBRÍA
Data e hora     :           Domingo: 25-06-17, 18:30 horas            
Árbitro :           :           Sta. Beatriz Cuesta Arribas.-(1ªAut.-A Coruña).
Asistentes        :           Srs. Diego Seoane Sánchez e Fernando Blanco García
4º árbitro           :           Sr. Rodrigo García Gómez
Goleadores     :           Min. 17, xogada por banda dereita cun medio centro ao primeiro pau, onde o fornido dianteiro
                                   COTE de impecable testarazo, fai inútil a áxil pero ineficaz estirada de Iván Bouzón
Ambiente e incidencias: Tarde espléndida de sol cunha extraordinaria entrada de seareiros que roldou os 2.500.
                                   Expulsado por dobre amarela o fisterrán Piti (m. 80).
Comentario:                Nun partido pouco vistoso, aínda que bravamente disputado, a SD Fisterra conseguiu
Fronte ao CF Dumbría, o seu terceiro título da “copa da costa” ( os dous anteriores T. 1978/79 e 1996/97, ambas en 1ª Rexional, ante o Corcubión e Ponteceso respectivamente).
O partido nos pasará a historia polo fútbol practicado por ambos conxuntos de primeira Autonómica, aínda que cabe destacar que o CF Dumbría dominou mais, con dos tiros ao longueiro e un gol anulado por fora de xogo, pero os fisterráns souberon defenderse ordenadamente e lanzar algún que outro contraataque.




AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

lunes, 19 de junio de 2017

Resultados da xornada "costeira"

COA TEMPADA A PUNTO DE PECHAR, PUBLÍCASE CADRO DE RESULTADOS QUE AFECTAN A EQUIPOS DAS DISTINTAS CATEGORÍAS DA "COSTA":




A FINAL DA "LIV EDICIÓN DA COPA DACOSTA" de afeccionados da tempada 2016/2017, foi solicitada a súa organización a principios do presente ano, pola SCD MALPICA, para o campo de "PEDRA QUEIMADA", meses mais tarde solicitouna o UC Cee, para o seu campo de "San Paio de Refoxos", a falta de confirmación oficial no momento de publicar esta información, parece ser, que os dous equipos finalistas optan por este último campo, ao quedarlles mais preto as suas afeccións.
De todos os xeitos, o luns a Subdelegación da "costa" en Baio, informará oficialmente da desegnación do campo. 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

domingo, 11 de junio de 2017

Marcadores da xornada na "costa" en todas competicións.

Publícase cuadro dos marcadores da xornada, de todos equipos da zona da "Costa".
A destacar o ascenso a Primeira Autonómica da SD San Lourenzo, a falta de dúas xornadas.
Co seu ascenso, salva do descenso a Terceira Autonómica á SD Coristanco.





AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 4 de junio de 2017

Copa da Costa, resultados dos Afeccionados e Infantíssegundo cadro adxunto:

PUBLICAMOS CADRO DOS MARCADORES DOS PARTIDOS DOS CUARTOS DE FINAL DAS "COPAS DA COSTA" DE AFECCIONADOS E SEMIFINAIS DE INFANTÍS, CELEBRADOS NA XORNADA DE HOXE.
Hai que lamentar, no que respecta aos seguidores da SCD Malpica, a eliminación do equipo malpicán a pes do campión da Primeira Autonómica o CF Dumbría, polo dobre valor dos goles en campo contrario, unha mágoa.


 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!