Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 29 de septiembre de 2017

Partidos da SCD Malpica, desta fin de semana:


    Posposto o comezo da liga de cadetes da presente tempada para o vindeiro sábado día 08-10-17, pola retirada a última hora dos equipos do Xallas CF e á SD Fisterra; o adestrador local Esmoris, programou para este sábado 30-09-17, un amigable contra o Ponteceso SD, no campo de "O Pinguel" (95,30 x 58,20) ás 16:00 horas, por tanto, aqueles que desexen ver ao Cadetes, poderá, desprazarse a Vila do Pondal a velos.

   Polo que respecta ao equipo de afeccionados, o conxunto da SCD Malpica, disputará o domingo 01-10-17, ás 12:00 horas, fronte ao Outes CF, o seu partdio correspondente a 3ª xornada de liga, coa esperanza de conseguir os primeiros tres puntos.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 

domingo, 24 de septiembre de 2017

"Liga da Costa" Xornada 2ª:

  
    Este domingo (24-09-17), celebrouse a segunda xornada da "liga da costa", os marcadores e clasificacións son as que se detallan a continuación:


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 23 de septiembre de 2017

Amigable dosCadetes en Zas:


 Esta tarde os cadetes disputaron en Zas ante o C.D. Concello de Zas un partido amigable, o resultado foi o seguinte:

C.D. Concello de Zas 2 - 1 SCD Malpica

   Adiantaronse os malpicáns na primeira parte cun gol de Raúl, chegándose ao descanso con este resultado.
    Na segunda parte, e, tras errar un penalti os de Esmorís; os locais igualaron no min. 25, logrando alcanzar a vitoria no último min. do partido (80), tras un un tiro se perigo que desviou un defensa malpicán ao fondo da portería. 
AGORA E SEMPRE C0A SCD MALPICA!

Partidos para fin de sema da SCD Malpica:


  Hoxe sábado, 23-09-17 ás 18:00 horas, os Cadetes da SCD Malpica, dirixidos por Esmoris, celebrarán un partido amigable no campo de "San Andrés" de Zas (92 x 57), este amigable (último antes do comezo da liga), servirá para que os cadetes malpicáns vaian adquirindo conxunción e confianza. A liga comeza o vindeiro 01-10-17.

 Por outra banda o equipo afeccionado, disputará mañá domingo ás 18:30 horas, no campo do "Cairo" de Corme, (91 X 52) o segundo partido de liga fronte ao conxunto cormelán, equipo este candidato ao ascenso. O "mister" Repi, xa poderá contar, se o estima oportuno, co porteiro Brais Vázquez (recuperado) e co dianteiro goleador "Luilli", última fichaxe dos malpicáns.

 Destes dous partidos daremos oportuna información neste blogue.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

lunes, 18 de septiembre de 2017

Marcadores "Liga da Costa"

Comezou a "Liga da Costa" e, non puido ter peor comezo a SCD Malpica cunha derrota ante UC Cee, equipo este, que non se parece en nada ao que foi antaño, de todos os xeitos o conxunto ceense foi o menos malo e conseguiu un triunfo merced a dous despistes do porteiro local, o primeiro a un saque de falta no min. 45, que o colleu algo adiantado, e o segundo tras un rexeite en curto nun balón sen aprarente perigo.
Os marcadores e clasificacións desta primeira xornada foron os que se detallan na táboa adxunta:



Agora e sempre coa SCD Malpica!

domingo, 17 de septiembre de 2017

Comeza a "Liga da Costa" T. 2017/18:

Hoxe comeza a disputarse unha nova edición da "Liga da Costa" correspondente a tempada 2017/2018, á SCD Malpica terá o seguinte rival neste primeiro partido:

Campo "Pedra Queimada" medidas: 100 x 60.
Data e hora:  Domingo: 17-09-17, 17:00 horas.
SCD Malpica - U.C. Cee.-

Cunha plantilla totalmente remozada con respecto a da tempada pasada, e, onde tan só se atopan enrolados tres futbolistas nacidos na localidade: (Alberto Hombre, Ángel Garrido, José Ramón Carracedo Reigía e Cristian Villar), este último emigrado temporalmente a Suiza; todo elo por causas alleas a xunta directiva pois fixo o indecible para conseguir que os rapaces malpicáns non emigraran a outros clubes, pero estes fixeron caso omiso das xestións da xunta do clube local.

Baixo a dirección dos adestradores, Alberto Felipez (Repi) e José R. Esmoris, (este na categoría dos cadetes), comeza A NOVA TEMPADA .

Oportunamente se informará neste blogue dos resultados e clasificacións, tanto en Afeccionados coma en Cadetes.
Agora e sempre coa SCD Malpica!

sábado, 9 de septiembre de 2017

Resultados dos amigables da SCD Malpica desta fin de semana::


    Como se anunciou oportunamente a principios de semana, á SCD Malpica disputou esta fin de semana tres partidos de adestramento programados polos adestradores de Afeccionados (Repi) e Cadetes (Esmoris), para ir acoplando aos seus pupílos, os resultados que se deron foron os seguintes:

   Cadetes, xoves,  07-09-17:       SCD Malpica 0- 7 Corme CF.

   Cadetes, sábado, 09-09-17:      SCD Malpica 3 - 4 Maravillas SD
                                            (Goleadores da SCD Malpica: Luisiño, 2 (1 p). Raúl)
   
   Afeccionados, sábado 09-09-17:SCD Malpica 0 - 0 Maravillas SD

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

miércoles, 6 de septiembre de 2017

Amigables desta semana:

Continuando coa súa preparación para a nova tempada, á SCD Malpica, programou para esta semana tres encontros amigables, dous na categoría de Cadetes e un de Afeccionados, as datas e rivais aos que se enfrontará son as que a continuación se detallan:

Xoves, 07-09-17, 19:00 horas:    SCD MALPICA - CORME CF  (Cadetes)

Sábado, 09-09-17, 17:00 horas:  SCD MALPICA - MARAVILLAS SD  (Cadetes

Sábado, 09-09-17, 18:30 horas:  SCD MALPICA - MARVILLAS SD (Afeccionados)

Do desenlace destes partidos, terán a correspondente información. 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 2 de septiembre de 2017

Cadetes SCD Malpica:

Amigable na "Pedra Queimada":

ASCD Malpica de Cadetes, celebrou esta mañá sábado, un partido amigable contra a SD Coristanco, con miras a que os rapaces de Esmoris, se vaian rodando para a presente tempada que comezará o día 01-10-17, o resultado do mesmo foi:

SCD Malpica 4 - 7 SD Coristanco.

Goleadores: 1-0, Rubi. 1-1, Amado. 1-2, Amado. 1-3, Esteban. 1-4, Pombo. 2-4, Joel. 3-4, Diego Varela. 4-4, Raúl. 4-5, Amado. 4-6, Pombo. 4-7, Pombo. 

Non quedou nada desagradecido o "mister" Esmoris, da actuación dos seus pupílos, xa que os rapaces malpicáns moito menos rodados cos rivais, (a SD Coristanco, xa participou en diversos torneos esta pretempada) lograron igualar un marcador de tres goles adversos. Logo as forzas foron desequilibrandose a favor dos visitantes, ata acabar coa merecida vitoria coristanquesa.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 

viernes, 1 de septiembre de 2017

Amigables da SCD Malpica:

Mañá sábado día 02-09-17, a SCD Malpica, coas miras postas na proxima tempada 2017/18, ten programado dous partidos amigables no campo de "Pedra Queimada", ás horas e rivais que a continuación se detallan:

Categoría CADETES:            SCD MALPICA - SD CORISTANCO, ás 11:00 horas.

Categoría AFECCIONADOS: SCD MALPICA - SP. SEAIA CF, ás 19:00 horas.

ÚLTIMA HORA:
COMUNICAMOS AOS AFECCIONADOS E SEGUIDORES, TANTO DA SCD MALPICA COMA DO SP. SEAIA CF, QUE, DEBIDO A FALTA DE EFECTIVOS POR PARTE DO EQUIPO "LUGAREÑO" ESTE ÚLTIMO PARTIDO NON SE DISPUTARÁ, TAL COMO INFORMARON "URXENTEMENTE" OS MEMBROS DIRECTIVOS "LUGAREÑOS" Á DIRECTIVA DA SCD MALPICA. 

Do resultado e goles doS CADETES se comunicará oportunamente.- 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!