Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 30 de agosto de 2019

SCD MALPICA, 6º partido amigable:


   O vindeiro domingo día 01-09-19, ás 19:00 horas, á SCD Malpica enfrontaráse na "Pedra Queimada" á SD. San Lourenzo de Verdillo, no sexto partido amigable de pretempada, previo ao comezo da nova tempada 2019-2020da "Liga da Costa".

   Este último partido amigable, antes do inicio da liga, servirálle ao adestrador malpicán, Adrián Bardanca (Gurita), para ir perfilando o plantel co que conta e á conxunción do equipo de cara a vindeira tempada.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 25 de agosto de 2019

XIX TROFEO "FESTAS DO MAR"


   = "XIX TROFEO FESTAS DO MAR" DE MALPICA:

   ESTE SÁBADO, NO CAMPO DE "PEDRA QUEIMADA", CELEBROUSE O "XIX TROFEO FESTAS DO MAR" AO QUE ACUDIRON CONVIDADOS OS EQUIPOS DO BUÑO SCD, VICTORIA CF E O ANFITRIÓN SCD MALPICA.

   ASISTIRON, UNS 120 SEAREIROS AO LONGO DE TODA XORNADA, OS CALES DISFRUTARON DUNHA TARDE FERMOSAMENTE SOLEADA E TAMÉN DE ALGÚN QUE OUTRO MOMENTO DE BO FÚTBOL ELABORADO POLOS TRES CONXUNTOS.

   O TROFEO DISPUTOUSE TRIANGULAR DE 45 MINUTOS CADA TEMPO, DÁNDOSE OS SEGUINTES RESULTADOS E GOLEADORES:

   1º PARTIDO: SCD MALPICA 1 - 0 BUÑO SCD  (Gol de Pache).
   2º PARTIDO: BUÑO SCD 0 - 2 VICTORIA CF. (Goles: Raña e Sergio)
   3º PARTIDO: SCD MALPICA 0 - 3 VICTORIA CF.(Goles: Raña os tres)

   A CLASIFICACIÓN FINAL FOI A SEGUINTE: 

   CAMPIÓN:    VICTORIA CF, 6 PUNTOS
 SUBCAMPIÓN: SCD MALPICA, 3 PUNTOS
 3º POSTO:   BUÑO SCD, 0 PUNTOS.

   OS TROFEOS FORON PATROCINADOS E DONADOS, POLO SR. JUAN VILA, PROPIETARIO DA EMPRESA QUE IMPRIME E DIVULGA A REVISTA "FÚTBOL TÁCTICO" QUE TANTO ÉXITO ESTA A TER EN TODA EUROPA.

   ENTREGARON OS TROFEOS: AO CAMPIÓN. O SR. ALCALDE DE MALPICA.
   AO SUBCAMPIÓN: A STA. TENENTE DE ALCALDE DE MALPICA
   A0 3º CALSIFICADO: O SR. JUAN VILA.











AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!  

martes, 20 de agosto de 2019

"XIX Trofeo Festas do Mar" Malpica:


   O vindeiro venres, sábado e domingo, (días: 23, 24 e 25 de agosto do actual ano, celébranse as famosas "Festas do Mar" en Malpica, festas, nas que terán lugar diversas actividades lúdicas, deportivas e relixiosas.




   No que respecta ás deportivas, disputaráse o sábado día 24, o "XIX TROFEO FESTAS DO MAR", patrocinado polo famoso e internacional grupo: FÚTBOL-TÁCTICO GROUP, que comanda o internacionalmente coñecido D. Juan Vila, exporteiro do fútbol da costa, (Coristanco, Camariñas, etc.) e analista profesional de equipos españois coma o RC Deportivo, Valencia CF asi como de diversos equipos Rusos e Ingleses da primeira división que tamén donará un fermoso trofeo que se levará o gañador dos equipos participantes que serán:

   Victoria CF da 1ª Galicia de A Coruña.
   Buño SCD da 2ª Galicia
   SCD Malpica da 2ª Galicia.



   HORARIOS E DATAS: 

   Sábado, 24, 18:00 horas: Buño SCD - SCD Malpica.
   Sábado, 24, 19:00 horas: Victoria CF - Buño SCD
   Sábado, 24, 20:00 horas: SCD Malpica - Victoria CF.

   Noutro orde de cousas, á RFGF xa publicou o calendario de Segunda Galicia para á Tempada 2019/20. A liga comezará o 08-09-19 e, o primeiro rival da SCD Malpica será á SD Castriz, na "Pedra Queimada". Na segunda xornada á SCD Malpica desprazarase a Muxía.

     
   
   AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

domingo, 11 de agosto de 2019

3º Amigable da SCD Malpica da T. 2019/20:


   Despois dos dous partidos disputados no trofeo da "Olería" en Buño; á SCD Malpica celebrou na "Pedra Queimada" no día de hoxe (11-08-19) o terceiro partido amigable desta tempada próxima a comezar (19/20), enfrontándose ao CF Dumbría da "Liga Galega" xuvenil, rival moi incómodo debído a xuventude que atesoura nas súas ringleiras e que corren coma lebres ao longo de todo o partido.
   O encontro foi unha voa pedra de toque para ambas formacións, mostrándose os dous equipos aínda faltos de conxunción debído aos escasos adestramentos exercidos no que vai de pretempada; pero aínda así, víronse destellos de bo fútbol en certas partes do partido e, sobre todo moita velocidade que acusaron algo os mais veteranos.

   Resultado:  SCD MALPICA  3 - 1  CF DUMBRÍA (Xuvenil)
   Goleadores: 0-1; m. 5: vaselina do dianteiro centro Diego sobre o porteiro malpicán, Ángel Lamas.
   1-1; m. 6: rápida contra do malpicán Mario, con pase en profundidade sobre David Lorenzo, que fusila de tiro cruzado.
    2-1; m. 39: centro chut de Kevin, pega nun defensor e, Álex moi oportuno no segundo pau cabecea a rede.
    3-1, m. 73: gran xogada individual de Aitor saíndo dende propio campo, dende a semilúa, cede a Pachi o cal moi habilmente envía de vaselina por enriba do porteiro dumbriés.
    Tarde fresca na "Pedra Queimada" con uns 100 seareiros nas bancadas.
   AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!















NOTA: O VINDEIRO DOMINGO DÍA 18, ESTASE A PROGRAMAR NOVO PARTIDO DA SCD MALPICA, CUN RIVAL AÍNDA SEN CONFIRMAR. IREMOS INFORMANDO AO LONGO DA SEMANA...

domingo, 4 de agosto de 2019

"XIX Trofeo da Olería" (Buño):


   Esta tarde, adiantandose nunhas horas á clausura da Mostra da Olería e, como colofón ao peche da edición do 2019, celebrouse no campo de Xaviña o "XIX Trofeo Mostra da Olería" de fútbol, no que participaron os catro equipos do Concello malpicán: Buño SCD, SCD Malpica, UD Cerqueda e Sp. Seaia CF. 
   Os resultados e clasificación acadados por ambos equipos foron os seguintes:
   1º partido: Buño SCD  2 - 0  Sp. Seaia CF. 
                    (Goles:  1-0, m. 19: Juan Antelo (p).  2-0, m. 39: Alex).
    2º partido: UD Cerqueda  2 - 1  SCD Malpica.
                     (Goles: 0-1, m. 13: Mante. 1-1, m. 35: I. Mato. 2-1, m. 37:I. Mato (p).
    3º e 4º Posto:  SCD Malpica  1 - 0  Sp. Seaia CF.
                          (Gol: 1-0, m. 28: Alex).
    F I N A L:       Buño SCD   0 - 1  UD Cerqueda.
                           (Gol: 0-1, m. 37: Iván Mato)

     Clasificación Final:  Campión: UD Cerqueda 6 puntos.
                                  Subcampión: Buño SCD  3 puntos.
                                  Terceiro: SCD Malpica    3 puntos.
                                  Cuarto:  Sp. Seaia          0 puntos. 
  
Trofeo ao máximo goleador: Iván Mato 3 goles.


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!