Despois dos dous partidos disputados no trofeo da "Olería" en Buño; á SCD Malpica celebrou na "Pedra Queimada" no día de hoxe (11-08-19) o terceiro partido amigable desta tempada próxima a comezar (19/20), enfrontándose ao CF Dumbría da "Liga Galega" xuvenil, rival moi incómodo debído a xuventude que atesoura nas súas ringleiras e que corren coma lebres ao longo de todo o partido.
O encontro foi unha voa pedra de toque para ambas formacións, mostrándose os dous equipos aínda faltos de conxunción debído aos escasos adestramentos exercidos no que vai de pretempada; pero aínda así, víronse destellos de bo fútbol en certas partes do partido e, sobre todo moita velocidade que acusaron algo os mais veteranos.
Resultado: SCD MALPICA 3 - 1 CF DUMBRÍA (Xuvenil)
Goleadores: 0-1; m. 5: vaselina do dianteiro centro Diego sobre o porteiro malpicán, Ángel Lamas.
1-1; m. 6: rápida contra do malpicán Mario, con pase en profundidade sobre David Lorenzo, que fusila de tiro cruzado.
2-1; m. 39: centro chut de Kevin, pega nun defensor e, Álex moi oportuno no segundo pau cabecea a rede.
3-1, m. 73: gran xogada individual de Aitor saíndo dende propio campo, dende a semilúa, cede a Pachi o cal moi habilmente envía de vaselina por enriba do porteiro dumbriés.
Tarde fresca na "Pedra Queimada" con uns 100 seareiros nas bancadas.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
NOTA: O VINDEIRO DOMINGO DÍA 18, ESTASE A PROGRAMAR NOVO PARTIDO DA SCD MALPICA, CUN RIVAL AÍNDA SEN CONFIRMAR. IREMOS INFORMANDO AO LONGO DA SEMANA...