Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 16 de marzo de 2014

Crónicas dos partidos da SCD Malpica, desta xornada:



Resultado:       FLAVIA SD    0 – 1    SCD MALPICA    
FLAVIA SD :         Diego Perol; Manu, Pollo, Mera, Salva, Roberto, Álvaro, (Samu, 85), Mamadou, (Roberto II, 62), Diego, Kevin, (Micha, 62), Robín.
SCD MALPICA:   Pombo; Adrián, David Castro, Alemán, Mario Casal, Andrés, Fernando Varela, (Martín Maradona, 70), Juan Carlos, (Eloy Cabeza, 69),  Abel,  (Cheo, 60), Ismael, Óscar Suárez, (Manu Casal, 89).
Árbitro:            Sr. Paz Hermida.- (1ª Aut..-Santiago). Moi caseiro e con moitos cartóns de cara aos malpicáns.
Asistentes:       Sres. Iglesias Penela e Pérez Mindeguía.-(.-Santiago).  Regulares.   
Goleadores:     0-1, m. 87: xogada iniciada no centro do campo por Andrés, con pase a Eloy Cabeza que este aproveita cun forte tiro que rexeita en primeira estancia nun defensor, o “coiro” chega de novo a Eloy Cabeza, que proba de novo cun tiro ungulado que aborta o porteiro Diego Perol, nunha gran parada, Óscar Suárez, que seguía a xogada, envía coa cabeza            ao fondo da rede.

Ambiente e Incidencias:          Pouca afluencia de seareiros nas bancadas, tan só  70. Tarde soleada con 19º de temperatura. Non houbo mancados de consideración nin expulsados.
Xogadas de perigo do Flavia SD:  Os locais a penas tiveron ocasións claras de gol, pois só se dedicaron ao bombeo continuo de balóns sobre a área malpicán, que sempre solucionou a defensa sen apuros.       
Xogadas de perigo da SCD Malpica:   A SCD Malpica, que mantivo sempre a iniciativa, tampouco foi moi prodigo en ocasións claras, anotamos tan só unha no primeiro minuto de xogo, nunha combinación entre, Abel, Óscar Suárez e Fernando Varela, que este intenta resolver acertadamente despois de salvar ao porteiro local Diego Perol, pero apareceu o defensa Pollo, que salvou baixo paus.

Comentario:     Non foi un partido con moita historia, futbolisticamente falando, como mais enriba queda dito, o conxunto de Flavia SD, limitouse a conter o maior dominio territorial da SCD Malpica, e, cada vez que tiña oportunidade, buscaba con balóns bombeados ao seu dianteiro centro que sempre eran controlados pola defensa malpicán sen agobios.
Pola súa banda o conxunto da SCD Malpica, controlou sempre a situación, e aproveitou nos últimos instantes a oportunidade que lle dou a merecida vitoria que lle mantén con esperanzas de acadar a segunda praza, posto que o Arzúa caeu en Noia.
Agora, falta culminar esta vitoria, co triunfo sobre o CF Noia, a vindeira xornada na “Pedra Queimada”






1ª Autonómica Xuvenil – 2ª Fase – 6ª xornada:                                                            
Resultado:       CABANA SD   5 – 3   SCD MALPICA  
CABANA SD :     Adrián; Aurelio, Raúl, (Alberto, 29), Dani Mato,© Laik, Cacha, Pablo, (Grille, 62), Sergio Ferreiro, Redondo, (Cristian Varela, 78), Álex, Iván Mato, (Óliver, 74).
SCD MALPICA:  Manuel; Brais, Víctor Novo, Jorge, Canario, (Steven, 67), David, Alberto, (Guille, 62),   Almeida, Pitís, (Chols, 85), Eloy, Kevin, (Gabi, 83).
Árbitro:            Sr. Reborido Rodríguez.- (.- A Coruña). Estivo moi ben e contemplativo, ata que os futbolistas llelo permitiron, especialmente os malpicáns, coas súas reiteradas protestas. !Hai señor! Por que non se comportan como ao principio e ao final do partido, que todo son apertóns de mans e deportividade, cando o mal e o prexuízo para o equipo xa esta feito. Tivo que expulsar a tres malpicáns e un cabanés.
Goleadores:     1-0, m. 1: sae en tromba o conxunto local producíndose unha serie de rexeites entre Brais, Canario e IVÁN MATO, ao final ao mais listo da clase quédalle o “coiro” nos pes e de vaselina bate a Manuel. 2-0, m. 6: saque de curruncho botado por Cacha, erros en cadea da defensa visitante, o “coiro” chégalle a SERGIO FERREIRO, desmarcado, que, cun certeiro tiro pegado ao poste bate a Manuel. 2-1, m. 19: un pase de David entre liñas sobre ELOY, resólveo este moi acertadamente cun tiro dende a media lúa con moito efecto batendo a Adrián. 2-2, m. 29: saque de falta lateral de Víctor Novo, sobre o punto de penalti, ALMEIDA, moi oportuno adiántase a saída de Adrián, batendo de vaselina. 2-3, m. 45: excelente internada de Eloy pola esquerda, encara a Adrián, pero en vez de tirar, centra ao 2º pau onde se atopa só ALMEIDA, que marca a pracer. 3-3, m. 51: un moi activo toda a tarde, Iván Mato, cólase pola esquerda, centrando ao 2º pau sobre REDONDO, que só ten que empurrala a rede. 4-3, m. 61: de novo, outra gran xogada de Iván Mato, con centro sobre ALBERTO, que remacha ás mallas. 5-3, m. 84: CACHA, dende a media lúa bate irremisiblemente a Manuel, de tiro a escuadra.        
Ambiente e incidencias:          Tarde soleada pero con vento frío do N.E. 13º T. Asistiron uns 50 seareiros ao encontro. Mancados o local Alberto (m. 29) e os malpicáns, Alberto e Canario, (m. 62 e 67). Expulsados, con dobre amarela por protestar iradamente: Víctor Novo e Eloy,         (Malpica, m. 67), Óliver (Cabana, m. 81). Tamén foi expulsado, o malpicán Jorge, m. 76, por dobre amarela, esta bastante rigorosa.
Xogadas perigosas da Cabana SD: o partido   que foi disputado con bastante intensidade, non foi pródigo en grandes ocasións, salvo nos minutos finais cun equipo malpicán con 8 futbolistas e loxicamente despois de tantos goles, anotamos ao equipo local as seguintes: M. 50: gran zurdazo de Iván Mato, que Manuel envía a saque de curruncho. M. 73: outra vez Iván Mato, verdadeiro pesadelo para a defensa malpicán, cólase pola esquerda, encara a Manuel, pero o seu tiro cruzado moi intencionado, atállao formidablemente o porteiro malpicán. M. 85: centro atrás de Cristian Varela, sobre Cacha, que este envía lambendo o traveseiro.
Xogadas perigosas da SCD Malpica: M. 42: internada de Almeida, dende a liña de medios salvando contrarios, pero a oportuna saída de Adrián, salva un gol cantado.
Comentario:     Que bonito e fútbol cando se xoga con intensidade, nobreza e deportividade e, iso foi o que discorreu na primeira parte, entre dous equipos que só se preocuparon de conseguir a vitoria. Os locais, saíron en tromba e, en tan só 6 minutos, xa se presaxiaba unha avultada derrota malpicán, pero estes espertaron e sacaron a relucir o fútbol que os levou a quedar terceiros na 1ª Fase, desarborando totalmente a un Cabana, que non daba crédito ao que estaba pasando.
Ah! Señor!, pero chegou a segunda parte e, as protestas sen fundamento e os malos modos, acha o colexiado, obrigaron a este a cumprir o regulamento e mandar a caseta aos que non querían xogar e, o que é peor, deixar ao seu equipo en inferioridade, non só xa para este partido, senón, para os vindeiros, compromisos que se aveciñan. Recapacitar para o futuro é o que se lle aconsella a estes rapaces, que están defendendo a un equipo que representa un pobo, unha localidade unha entidade deportiva.






       
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!




 




XI edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano– (2ª volta) 25ª Xornada:
Resultado:       PONIENTE    4 –1   MALPICA
Árbitro:            Sr. Castro.- Actuación moi irregular, tirando a mal.
Goleadores:     1-0, m, 57: Ignacio. 2-0, m. 62: Puente. 3-0, m. 68: Puente. 4-0, m. 86: Ignacio. 4-1, m. 90: Mútiu.      
Comentario:     Aínda que aguantaron ben na primeira parte, os veteranos do Malpica, sucumbiron na segunda, mais ben por produto dos seus propios erros que acertos do rival, o xogo individualista, predominou ao colectivo por parte malpicán. Delo aproveitáronse os rivais que acabaron goleando.