IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta
- Xornada 10ª:
Campo : “Pedra Queimada” (100
x 60, herba artificial, Malpica)
Equipos : SCD MALPICA – VAL DO ULLA UD
Data e
hora : Domingo: 08-11-15, 16:15 horas.-
Árbitro : Sr. Denis Añón Salgüeiro.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes : Sres. Seoane Sánchez e Neira Rei.- (2ª Aut.- A
Coruña).
Visita
o noso campo por primeira vez o recente ascendido Val do Ulla UD, o cal quedou
campión do Grupo 6º da 2ª Autonómica.
O
clube Val do Ulla UD figura no 4º posto
da táboa con 20 puntos. Gañou 6 partidos, empatou 2 e perdeu 1, acredita 14
goles a favor e 12 en contra. O seus máximos realizadores actuais son: Peiteado
con 4 goles e Jacobo con 3.
A
SCD Malpica, que leva cinco partidos sen puntuar, ten a imperiosa necesidade de
gañar, para non quedar descolgado na táboa, empresa nada fácil debido ao
excelente momento que esta atravesando o rival, non obstante, o futbolistas de
Chema Rivadulla, que recupera varios homes para este partido, prometen deixarse
a pel sobre o campo para lograr a vitoria, comezar a escalada e darlle unha
satisfacción aos seus socios e afeccionados.
Enfrontamentos da SCD Malpica co Val do
Ulla SD :
Non existen antecedentes
de que o conxunto do Val do Ulla UD, visitase con este nome o campo de “Pedra
Queimada”, só existen de que visitou o campo malpicán un equipo denominado ULLA
SD, na tempada 1982 / 83, na categoría de Primeira Rexional, como así se
chamaba daquela esta categoría, os resultados acadados entre ambos e as datas
dos partidos foron as seguintes:
31-10-82 ULLA
SD 2 - 0
SCD MALPICA
13-03-83 SCD
MALPICA 2 - 0 ULLA SD (Goles: Puskas
1º e Esmorís)
XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol
Veterano – 1ª Volta – Xornada 8ª:
Campo : “Pedra Queimada” (100
x 60, Malpica - herba artificial)
Equipos : MALPICA - BUÑO
Datas e
horas : Domingo: 08-11-15,
11:00 horas
Árbitro : Sr. IVÁN.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!