IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 15ª Xornada:
Resultado: SD
SONEIRA 2 – 0 SCD MALPICA
SD SONEIRA: Anxo; Figueroa, Brais
Mouzo, Aarón, Maikel, Sandelo, (Nazo, 78), De la Sierra, Richi, (Darío, 72), Basti,
(Óscar, 58), Javi, (Alberto, 90), Vía Rápida.
SCD MALPICA: ; Asier; Dímaga, (Víctor,
51), Carlos Mallo, Kike, Ó. Moscoso, Casais, Eme, (Vitalie, 88), Sergio, (M. Uruguai, 62), Petís, M.
Mara, Charro.
Árbitro: Sr. Iván Morlán García.-(1ª Aut.- A
Coruña). Tecnicamente tivo unha boa
actuación. Os locais protestáronlle a permisividade
da suposta dureza malpicán e a expulsión de De la Sierra.
Asistentes: Sres. Larrosa Pérez e Espiñeira Vara.-(2ª Aut.- A Coruña). Regulares.
Ambiente e incidencias: 80 seareiros nas bancadas. Tarde nubrada ameazando chuvia, 14º de temperatura.
Expulsado por dobre amarela, De la Sierra. Dímaga, defensa malpicán, tivo que
ausentarse mancado non nocello no m. 51.
Comentario: O “líder” SD Soneira,
resolveu comodamente a visita da SCD Malpica, pois, aínda que non realizou un gran
partido, si foi sempre superior a un “inocente” equipo malpicán romo en ataque,
e chegoulle ben marcar un gol en cada tempo para sacar os tres puntos que o
manteñen no primeiro posto.
Os malpicáns, cheos de
baixas por lesión, esta tarde xogaron con moita intensidade en defensa e
portería, pero de medio campo para adiante foron totalmente romos. Quizais a
lesión de Dímaga, sentírono os malpicáns por falta de recambio efectivo no
banco para o seu posto.
XIII Edición
da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 11ª Xornada:
Resultado: D.
CARBALLO 4 – 5 MALPICA
Aliñación do Malpica: Juan; Luazas, A. Carballo, Alfredo, Alb. Coruña;
J.L. Arcay, Marco, Chaves, Marcelino,
Leo, Ban Ban. Tamén xogaron: Luís Naya, Whasi, Chucho, Bugallo.
Árbitro: Sr. Juan B.- Ben en liñas xerais. Quizais
un pouco permisivo na sinalización do penalti favorable aos locais por mans
involuntarias de Chaves.
Incidencias: Mañá soleada no “Anexo
as Eiroas” non houbo mancados nin expulsados.
Comentario: Disputado partido
esta mañá en Carballo entre dous equipos plenos de deportividade, pero que,
debido ao avultado do tanteo e as alternativas no marcador estivo emocionante
ata o final.
Os malpicáns, levaron
sempre a alternativa e desperdiciaron multitude de ocasións, pero os
carballeses, souberon aproveitar moi ben algúns despistes rivais e tiveron a
punto de empatar o partido, tras ir con clara desvantaxe no marcador.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!