Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 22 de octubre de 2015

Axenda de partidos da SCD Malpica para a vindeira xornada:



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta - Xornada 8ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”         (100 x 60 Malpica – herba artificial)                  
Equipos           :           SCD MALPICA    SIGÜEIRO CF 
Data e hora      :           Domingo: 25-10-15, 16:30 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Luís M. Insua lago.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Vázquez Lema e Baña Tajes.- (2ª Aut.- A Coruña).
            Tras dúas saídas consecutivas, ambas sen puntuar, pero que o manteñen na novena praza da táboa, coma antes de disputalas, xa que os rivais que ían por en baixo tampouco o fixeron; preparase á SCD Malpica a recibir ao Sigüeiro CF de Juanito, ex do Compostela, Depor e Betis.
            O Sigüeiro CF, ocupa o 14º posto na táboa con 6 puntos, froito dun partido gañado, tres empatados e tres perdidos, marcou dez goles e encaixou 14. Os principais goleadores nestas 7 xornadas con: Arnejo, Luís Carlos e Juanito, ambos con 2 goles.
            De principio, é un rival asequible para o conxunto malpicán, ademais é necesario sacar un resultado favorable despois de tres derrotas seguidas, unha vitoria é imprescindible para non entrar nunha dinámica perdedora moi difícil logo de recuperar animicamente, por elo, Chema Rivadulla, que non vai poder contar definitivamente con Rubén (mancado), Eme (vacacións), e coa dúbida de Eloy Vilas (cun xeonllo inflamado), recupera a Asier e Juny, e terá a difícil misión de preparar aos rapaces intentando elevarlle a moral indicándolle que os últimos tropezos, foron produto de xogalos en campos contrarios moi difíciles e que o Sigüeiro CF, é un rival da nosa liga con tres puntos menos.
Enfrontamentos coa SCD Malpica na tempada 2014/15:
30-11-14: SIGÜEIRO CF     13   SCD MALPICA   (Goles: 0-1, m. 34: Cheo. 1-1, m. 45+1: Chema. 1-2, m. 70: Cololo, p. 1-3, m. 77: Cololo).
12-04-15: SCD MALPICA     20    SIGÜEIRO CF  (Goles: 1-0, m. 47: Cololo, p. 2-0, m. 52 Cololo, p.).



























XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 1ª Volta – Xornada 6ª:
Campo             :           “Irmás Patiño”   (98 x 58, Camariñas- herba artificial)
Equipos           :           PORTEÑO   -   MALPICA  
Datas e horas   :           Domingo: 25-10-15­, 10:00 horas
Árbitro             :           Sr. Rives.
           
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!