IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 8ª Xornada:
Resultado: SCD
MALPICA 0–1 SIGÜEIRO
CF
SCD MALPICA: Asier; Casais, Carlos
Mallo, Kike, Ó. Moscoso; Martín Uru, Petís, (Víctor, 77), M. Mara, Sergio, (Dímaga,51),
Almeida, (Juny, 46), Charro.
SIGÜEIRO CF: Dani; Oscarín, Borxa, (Forján, 57), Ferro,
Isma, Gago, Chema, Maroño, (Manu, 81), Jess, (Álvaro, 84), Luís, (Vasile, 66), Arnejo,
(Yoday, 90+1)
Asistentes: Sres. Vázquez Lema e Baña Tajes.-(2ª Aut.-A Coruña). Ambos ben.
Goleadores: 0-1, m. 75: o medio centro visitante Gago, curta un saque de meta de Asier no círculo
central, observa o desmarque pola banda dereita do incorporado Vasile e
envíalle o “coiro” en profundidade, gáñalle as costas ao lateral, encara a
Asier, e, báteo de tiro raso cruzado.
Ambiente e incidencias: Tarde soleada con campo en perfectas condicións, 20º de temperatura e 100
seareiros nas bancadas. Non houbo mancados de consideración nin expulsados
durante o partido. Debutou nas ringleiras da SCD Malpica, Óscar Moscoso.
Comentario: Cuarta xornada consecutiva sen puntuar da SCD Malpica, e, o que é peor,
sen dar a sensación de perigo ante a portería contraria. Esta tarde nun partido
con moitas imprecisións por ambos bandos e que levaba márchamo de empate a ceros,
os de Sigüeiro, aproveitando a súa única ocasión clara acadaron os tres puntos.
Pelexaron os malpicáns en
busca da vitoria, pero como queda dito, sen crear o perigo necesario diante da
portería de Dani, errando nas ocasións mais claras, destacou a contundencia dos
dous centrais, a combatividade de M. Mara e pouco mais. O Sigüeiro, tampouco
destacou polo seu fútbol, pero viuse un equipo con algo mais oficio.
XIII Edición
da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 6ª Xornada:
Resultado: PORTEÑO 1–1 MALPICA
Aliñación do Malpica: Chaves; Luazas, A.
Carballo, Alfredo, A Coruña; J.L.Arcay, A. Barizo, Mútiu, L Naya; Marcelino, Ban Ban. Tamén xogaron: Leo, Chucho.
Árbitro: Sr. Rives. Actuación perfecta.-
Goleadores: 1-0, m. 50: internada por banda esquerda do lateral local, que acaba cun medido centro
ao punto de penalti, e Martín que chegaba en
carreira empalma a rede de Chaves. 1-1,
m. 60: falta lateral executada con moita picardía por parte de Alb. Coruña,
ao primeiro pau onde Chucho, toca con suavidade
e manda ao fondo da rede.
Incidencias: Partido disputada
no campo “Irmás Patiño” de Camariñas, nunha espléndida mañá soleada. Expulsado
o malpicán Alb. Coruña, por dobre amarela.
Comentario: Partido moi
disputado e moi ben planeado polo “míster” Dourado, que, a pesar de contar con
só dous
trocos, soubo sacarlle un rendemento
moi positivo aos seus homes, empatando nada menos que ante o “líder” no seu
campo. Primeira parte de mando local e a segunda de iniciativa dos malpicáns,
que erraron até tres ocasión moi claras. A nota negativa foi a expulsión de
Alb. Coruña, o cal terá que descansar unha semana por sanción, e coa falta de
efectivos con que se atopan os malpicáns.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!